jueves, 28 de febrero de 2008

Tramo decisivo

Pese a que ainda falta por disputar case toda a segunda volta temos que dicir que estamos nun momento clave da tempada e no que mais que nunca se necesita o apoio de toda a xente.
Como leva dicindo Baby xa fai un tempo agora veñen os partidos da nosa liga e nos que realmente temos que demostrar se realmente nos queremos manter na liga autonomica o ano que ven e e que os resultados das ultimas xornadas non estan a acompañarnos, xa que as nosas derrotas inextremis unense as victorias dos equipos de abaixo. Asi pois a excepción do partido de dentro de duas semanas fronte o actual lider o bar arranca de negreira o resto temos que intentar gañar todos os posibles sobre todo os da casa. Ahi vai a estar a clave xa que en Melide temos que recibir a un Ordes que ven de gañar as duas últimas xornadas, a Narón que so nos leva un punto, a Quiroga e o resto de equipos que estan con nos na loita e ahi se decidira todo.
Asi pois, pido para este fin de semana que ainda que o noso encontro coincide co dos veteranos do CIRE se acerque todo o mundo que poida a apoiar o MELIDE FUTBOL SALA porque como xa dixen en varias ocasións e un encontro clave.
Un saudo

domingo, 17 de febrero de 2008

Decepción

Nun encontro no que o Melide Fs chegaba cas baixas de Rafa e Iván por lesión e sobre todo do noso pichichi Cristian por sanción non se puido quedar con ningun punto pese e a ter serias opcióons durante todo o partido, un encontro que se complicou en exceso na segunda metade.
No incio, o friol foi claro dominador e mais ainda cando no minuto tres conseguia marcar o 0-1 que non facia presaxiar nada bon. Pouco a pouco o equipo foise metendo no encontro e mantivose un partido de igual a igual, de feito restando seis minutos para o descanso o Friol dispuxo dun dobre penalti que Tapi conseguiu despexar o poste e nunha contra rapidisima Sergi conseguia a igualada co 1-1. Dende ahi o descanso houbo ocasións para ambos bandos pero non foi ata o último minuto, restando cuarenta segundos cando denovo Sergi desfacia a igualada e poñia o 2-1 co que se chegaba o descanso.
O inicio da segunda parte seguia os mesmos derroteiros, igualdade tanto de xogo como de oportunidades que o Friol desequilibrou mediante unha extraordinaria xogada individual de Carril que conseguia marcar o 2-2. Un gol que so un minuto despois Roca volvia a contrarrestar e poñia o 3-2. Parecia que os tres puntos podian quedar en Melide, pero no minuto dez de segundo tempo produxose o momento clave, corner a favor do Melide Fs, mal executada a estratexia e o Friol monta o contrataque tres xogadores solos contra Tapi cando de repente se tira un balón dende o banco local algo que o arbitro non tivo en conta (deberia telo por norma porque había dous balóns no campo, pero o sentido común fixo que non pitara penso que atinadamente ainda que fose unha decisión que nos perxudicara) e o Friol marcou o 3-3. Este gol, con esta xogada polo medio produxo unha pequena tangana nas gradas, o que fixo que o colexiado suspendera o partido momentaneamente, e que se negara a seguilo sen a aparición da policia local. Finalmente o encontro reanudouse, pero o Melide Fs non foi o mesmo, e o pouco do reinicio o Friol marcou o 3-4 definitivo, que ainda que o noso equipo o intentou ata o final non foi quen de darlle a volta.
Partido ganable, o igual que os dous ultimos pero no que non se sacou nada positivo mais que o bo comportamento dos xogadores no terreo de xogo pese os incidentes da grada. Este resultado volve a complicarnos a vida de cara a permanencia pero haberá que seguir loitando.
Baby sacou de inicio a Tapi (1) de porteiro, Nando (8) de peche, Rober (6) e Chopi (5) nas alas e Sergi (9) de pivote. Tamén xogaron Chopo (12), Humberto (13), Roca (14) e Portos (15).
O xogador mais destacado do encontro para min foi Sergi, que se reencontrou co gol e foi o que intentou facer mais cousas en ataque. Tamén destacaria a actuación defensiva no inicio da segunda parte de Chopi.
A vindeira semana o equipo DESCANSA e para dentro de quince dias recibe en Melide a Muebles Jogafan de Ordenes que estan un punto por debaixo na clasificación e no que nos xogamos media vida para manternos en Autonomica.
Un saudo.

domingo, 10 de febrero de 2008

Segunda derrota consecutiva

Fai uns dias falaba nun post de que se aveciñaba a costa de febreiro, e en resultados asi esta a ser, xa que onte en Arzúa ainda que o equipo volveu a dar a cara, os tres puntos volveronse a escapar nos ultimos minutos.
O equipo local comezou impoñendo un ritmo forte, que o Melide solo podia contrarrestar con disparos lonxanos de Cristian, pero sen claridade en ataque, e asi no minuto cinco e logo dunha xogada individual conseguian marcar o 1-0, que pouco mais tarde de dobre penalti se convertia no 2-0, e cun Arzua claramente dominador do encontro e ademais cun Melide con cinco faltas dende o minuto oito. Pero pouco a pouco o Melide Fs empezou a meterse no encontro e a chegar con un pouco mais de claridade e asi logo dunha boa xogada de equipo Chopi chegou o segundo pao e marcou o 2-1 que facia coller esperanzas, o problema foi que na seguinte xogada un despiste en defensa a saida dun corner facia que nos volveran a abrir as diferenzas e poñian o 3-1. Pese a este gol seguimos metidos no encontro e tivemos ocasións para irnos o descanso cun mellor resultado, ocasións para roca e sobre todo un dobre penalti de Cristian.
No segundo tempo a tonica foi mais ou menos similar un encontro igualado e no que ningun dos dous equipos marcaba. Cando se levaban aproximadamente dez minutos e de novo logo dunha moi boa xogada de equipo Roca recolle o rexeite dun lanzamento de Chopi e subia o 2-3 e poñia o medo no corpo do Arzua FS. Pero como non, faltaba a típica tangana destes encontros e que nesta ocasión acabou con Sergio do Arzua e Cristian do Melide o noso pichichi expulsado, e notouse bastante xa que de hai o final o Melide fixo un dos partidos con mais intensidade da tempada con moita garra e con moita presion e ademais con bon xogo e creando ocasións para o empate, pero nin Chopi nun man a man, nin Iván cun lanzamento o pao nin un claro remate de Roca nun corner conseguiron a igualada, e como e tipico se perdonas acabalo pagando e nunha contra Tapi tivo que sair do area e como xa tiñamos as cinco faltas, os Arzuans tiveron un lanzamento sen barreira que case era un penalti e que transformaron quedando dous minutos no 4-2 definitivo. Pese a esto e de destacar a actitude deses ultimos minutos do Melide que seguiu loitando e que inda creou moitas ocasións peron que non foi quen de transformar incluido un dobre penalti de Iván por unha saida de Gogo o campo a coller o balón cando este estaba en xogo.
En resumo, tendo en conta a baixa dun home da importancia de Nando e a ausencia en mais de media parte de Cristian penso que o equipo fixo un bo traballo ainda que nos viñesemos de baleiro quizais por un pouco de falta de oficio e sobretodo por falta de gol, pero hai que seguir loitando.
O equipo inicial de Baby foi Tapi (1) de porteiro, Humberto (13) de peche, Cristian (7) e Portos (15) de alas e Sergi (9) de pivote. Tamén xogaron Angel (12), Chopi (5), Rober (6), Iván (10) e Roca (14).
O mellor xogador do partido en primeiro lugar seria para o traballo de todo o equipo e en segundo lugar para Chopi que ademais de marcar o gol tivo que soportar os apucos do publico arzuan durante todo o encontro cada vez que recibia o balón. Tamén Portos recibiu desta menciña ainda que en menor medida.
Tamén me gustaria unha semana mais dar as gracias a xente de brigadas azuis que se desprazaron ata arzúa a ver o partido e animar o equipo do pobo.
Un saudo

sábado, 2 de febrero de 2008

Fuxen os tres puntos no ultimo minuto

Bo partido en liñas xerales o que xogou o Melide Fs na tarde do sabado no pavillón da martagona fronte o actual lider da clasificación, pero que o final non serviu de nada xa que os tres puntos marcharon para Boiro quedando menos de un minuto.
O comezo de encontro foi un tanto sorprendente, xa que o Javasan comezou facendo unha defensa moi cerrada e case no punto de dobre penalti o que permitia o Melide Fs levar o control do encontro con certa comodide, pero realmente o que estaba comodo era o noso rival que asi encerrado so via perigar a sua porteria mediante disparos lonxanos e que tiña unhas saidas a contra mortales, de feito asi chegaron os dous primeiros goles e de forma case consecutiva antes do minuto cimco de partido que poñian o 0-2. O Melide Fs seguiu xogando de igual xeito e nun deses achegamentos un centro "a lo beckam" esta vez de Sergi era rematado no segundo pao por Cristian establecendo o 1-2, resultado que no ecuador do primeiro tempo e denovo logo dunha contra rapidisima se viu modificado a 1-3. Restaban nove minutos para o descanso e Baby pediu un tempo morto, algo que fixo recolocar o equipo e volver a sair con moita rabia e asi en duas xogadas de estratexia primeiro Cristian e despois Nando subian o marcador o 3-3 co que se chegaria o descanso e non por falta de ocasións, xa que Iván tivo unha, Cristian estrelou un balón no pao, Nando tivo varios disparos claros, pero inda asi o resultado non variou.
Na saida do segundo tempo o equipo seguiu moi enchufado e creando ocasións, e nas veces que chegaban eles, Angel que sustituira a Chopo no descanso conseguia desbaratalas. Asi no minuto oito do segundo tempo denovo Cristian facia o 4-3 que na seguinte xogada eles conseguian igualar. De novo habia que seguir remando e quedando sete minutos po final e logo dunha boa parede con Iván , Cristian facia o seu cuarto da tarde que era o 5-4. Con este marcador chegouse os dous últimos minutos de partido e ahi denovo, a sorte non estivo do noso lado, primeiro nunha xogada embarullada conseguiron empatarnos a cinco e quedando un minuto para o final un disparo lonxano pegou no pe de Cristian que despistou a Angel e facia o 5-6 definitivo. Ainda asi, o Melide tivo duas ultimas ocasions, unha de Sergi e outra de Cristian nunha falta o borde da areas restando so trinta segundos.
Non puido ser, pero temos que pensar, que eles eran e seguen sendo o lider e que nos estamos pelexando por eludir o descenso e que se deu a cara e que se fixo un bo partido, que si e dificil asumir a derrota por como foi pero que hai que levantar cabeza e pensar na proxima xornada.
Baby empezou o encontro con Chopo (12) na porteria, Portos (15) de peche, Chopi (5) nun lado, Cristian (7) no outro e Sergi (9) de pivote. Tamén xogaron Angel (16), Rober (6), Nando (8), Iván (10), Humberto (13) e Roca (14).
O xogador mais destacado esta claro na cronica que foi. Cristian porque xunto con Nando son os unicos que teñen gol e porque o sabado marcou catro.
A vindeira xornada repitese o derbi fronte o Arzúa, esta vez xogando como visitantes, agardemos que non se repita o resultado.
Denovo un 10 para a afición que se acercou a animar esta vez equipados con bombos e dicirlles, que dende o campo se agradece o seu animo.
Un saudo

Fotos Semana Eypar 2010