domingo, 23 de mayo de 2010

Semana do futbol sala en Melide

Dende o Jim Sports Melide Futbol Sala estamos a traballar na organización dunha semana integramente adicado o noso deporte, que estará chea de multitude de actividades dende partidos, a campus para nenos pasando por a realización dun clinic de adestradores.
Dende o Sabado 14 de Agosto ata o Domingo 22 do mesmo mes e aproveitando que nesas datas o pobo de Melide celebra as suas festas de San Roque tan coñecidas na zona o Melide futbol sala traballa na realización dun evento dun nivel moi elevado. Gustariame confirmarvos xa todo pero pouco a pouco, todo se andará, de momento dou solo unhas pequenas pinceladas que agardo para a vindeira entrada poder confirmar con nomes xa concretos.
Podemos avanzar eso si que Melide vai contar coa presencia de catro equipos de división de honor masculino que poden ser cinco, un de prata, tres de nacional A, tres de nacional B, e dous de Autonomica, garantiando cada día a disputa a lo menos de un encotro entre equipos de división de honra.
O Domingo, será o dia do futbol sala feminino, no que tamén contaremos coa presencia de dous equipos de división de honor e algun outro de autonomica.
Como é lóxico os partidos serán a gran atracción para os afeccionados, pero para todos os que vos gusta o fútbol sala e vos gusta aprender cousas deste deporte, teremos múltiples actividades de aprendizaxe deste deporte e para todos os niveis. Teremos dende campus para os nenos, a clinics con adestradores de división de honor pasando por cursos de monitores e de arbitros.
Como vos digo só é un anticipo, para a semana será algo mais concreto.
P.D. Gustariame que xente deste mundillo e que habitualmente entra como Marco, Marineda, Ribeira, Dani ou calquer outro, se ten algunha suxerencia que poida entrar dentro deste proxecto para melloralo a comentase por aquí.
Un saudo

domingo, 16 de mayo de 2010

Punto e...............SEGUIDO!!!!

Comezo a entrada pedindo de novo desculpas xa que unha vez mais non puiden asistir o encontro por motivos persoais asique non sei ben como se desenrrolou. Si me comentaron que o triunfo foi para os locais por 8-4 e que os goles Melidenses foron obra de Pistón, Manito en duas ocasions, por certo vaia final de tempada se está marcando o de Palas e de Manuel Casal que con ese gol consigue adiantar o seu irmán e conseguir o pichichi da tempada.
Pouco mais podo comentar do encontro, agardo que algún dos que foi poña algún comentario sobre o mesmo.
Remata a tempada con este encontro, haber se encontro un oco para facer un resumo do mais salientable da mesma, e para comentar algún detalle de como se presenta a vindeira.
A maiores do encontro quero desexarlle moita sorte tanto o Ribeira como o Ventorrillo nas súas respectivas loitas, o primeiro polo ascenso e o segundo por representar a Galicia no campionato de España.
E xa para rematar, quero emplazarvos a todos os lectores deste blog para a entrada da vindeira semana, xa que ainda que a liga rematou dende o Jim Sports Melide FS seguese a traballar de xeito moi duro na promoción do futbol sala e para elo estase a organizar un acto para o verán dun nivel impresionante, pero insisto emplazovos a todos aqueles que queirades desfrutar deste deporte a entrada da vindeira semana.
Un saúdo.

domingo, 9 de mayo de 2010

Moi superiores

Por primeira vez no que vai de tempada podemos dicir que tivemos un partido placido. Xa o descanso iamos gañando por 6-0 e rematamos con 10-1 no marcador. O discurso do encontro comezou xa os 14 segundos cando Xurxo nos adiantaba. Nese momento foi o único en que o Xario nos fixo fronte e Cristian estivo atinado para desbaratar as ocasións visitantes, e pouco a pouco volvemos a ser superiores, materializando o resto dos goles do primeiro tempo, Manito, Manuel, Carlos, Sergi e Fer. Na segunda metade os visitantes estaban xa peor fisicamente xa que apenas dispoñian de cambios e o Melide foi moi superior. Fixo catro goles por medio de Iván, Pistón, Pérez e denovo Xurxo e ademais perdoou multitude de ocasións. Agora resta unha soa xornada, será fronte o segundo clasificado o Ribeira en Meira e agardemos rematar co mesmo sabor de boca que onte. Un saudo e remato dando as gracias a afición que onte e durante toda a tempada estivo con nós no pavillón.

domingo, 2 de mayo de 2010

Remando contra as adversidades

Esta semana non puiden acudir o encontro do Melide Futbol Sala pero polo pouco que me contaron foi dos mais completos da tempada, conseguindo o triunfo na cancha do quinto clasificado por 3-5. Os goles do Melide foron obra de Sergi, Xurxo, Manuel Casal e Manito en duas ocasións, por certo teño que restañar un erro na crónica da semana pasada na que anotei un dos goles a Fer, cando fora o propio Manito o autor do mesmo.
Como reza o titulo era unha xornada chea de adversidades, na que o clube acudia sen adestrador, por motivos persoais e na que por primeira vez na tempada so dez xogadores estaban en condicións para o encontro. Motivo polo que se cabe ten ainda mais merito o triunfo. NORABOA A TODOS OS ARTIFICES DO TRIUNFO.
Se podedes algún dos que fostes e andades por aqui habitualmente deixade nos comentarios unha pequena crónica para saber como foi a cousa. Manito, non e por meterche presión pero levas moito tempo sen escribir e polo que me dixeches siguelo lendo asique esta vaiche tocar a ti.
O vindeiro sábado o Melide recibe o Alameda Xario as 19:00h no pavillón da Martagona. Agardamos contar coa presencia de toda esa afección que nos apoiou toda a tempada para despedir a tempada na casa con un bo sabor de boca.
Antes de rematar e ainda que el igual non o lee enviar tamén dende aqui un saúdo a Noel e decirlle que se recupere o antes posible que o viernes os benxamins votarono moito de menos.
Un saúdo.

Fotos Semana Eypar 2010