domingo, 29 de marzo de 2009

Mala xornada

Duas derrotas dos dous equipos este fin de semana en enfrontamentos que ademais ian dirimir porque loitaba cada un.
Os seniors caeron en Cedeira por 6-3 nun encontro en que se puido sacar mais pero no que sendo xusto, os locais foron mellores. Unha vez mais comezamos xogando relativamente ben, tocando o balon e con ocasións pero nun lanzamento de falta e nunha contra o Cedeira colleu unha vantaxa de dous goles. O Melide seguiuno intentando e Cristian nunha falta acortaba diferencias, pero ai surxiu un invitado especial, un dos colexiados que xa antes se inventara varias faltas e que volveu a pitar unha que supuxo un dobre penalti e posteriormente o 3-1 co que fomos o descanso.
Na reaunudación seguimos a apretar forte pero novamente o Cedeira incrementou a vantaxe en dous goles, que Bareto reduciu a saida dun corner. Pese a que o equipo deu a cara non puidemos evitar o 6-3 final. O ultimo gol do Melide foi de Piston.
Como dixen antes non vou a desmerecer o triunfo do Cedeira pero tamen penso que oubo outros factores como os colexiados ou a mala sorte que influiron no resultado, xa que tiramos tres veces os postes, erramos un penalti, un dobre penalti e moitas ocasións. Ainda asi hai que sobrepoñerse e tentar enmendar o erro pra semana fronte o lider o Mera en Melide, partido que se xogara as 17:30h.
Baby comezou con Angel (12) na porteria, Rober (6) de peche, Diego (4) e Ivan (10) nas alas e Piston (2) arriba. Tamen xogaron Bareto (5), Cristian (7), Manito (9), Cordido (13) e Portos (15).
Os xogadores mais destacados do Melide o meu parecer foron Piston e Bareto xa que foron os que mais empuxe puxeron para ir a polo encontro.
No que se refire os xuvenis non fun ver o encontro porque nos coincidia co noso, pero polo que me dixeron o colexiado tampouco os beneficiou moito ainda que tiveron un resultado moi abultado, xa que perderon por 14-4. Agardemos que a proxima semana se recuperen co apoio da aficion no seu encontro fronte o Paderne.
Un saudo e Animo a todos.

domingo, 22 de marzo de 2009

Alucar, tres puntos e a soñar.

Grandes resultados este fin de semana os colleitados polos dous conxuntos do Melide Fs, xa que os dous se impuxeron os equipos que os precedian na clasificación abanzando asi postos. Ademais a semana completouse coas boas novas da convocatoria xa definitiva de Javi e de Fran coa selección galega infantil e cadete respectivamente para disputar o campionato de España en Cidade Real.
O partido dos senior foi un encontro complicado. Recibiamos o Alucar de Sarria e o comezo costounos bastante entrar no encontro, de feito os visitantes adiantaronse por 0-2 nos primeiros cinco minutos, ademais nas nosas chegadas non tiñamos sorte xa que estrelamos dous postes e un longueiro ademais de outras ocasións. Un momento clave do encontro foi cando a nove segundos do descanso Diego dun zurdazo espectacular recurtaba distancias e fixo que todos creesemos na remontada.
Na segunda metade o Melide saiu moito mais enchufado e presionando con moita intensidade cousa que Carril fixo efectiva co gol do empate. Antes do gol o colexiado xa expulsara a Bareto por doble amarela. A partir de ahi nos seguimos presionando para levarnos os tres puntos pero as contras visitantes eran moi perigosas sobretodo tendo en conta que a dez minutos do final xa tiñamos as cinco faltas acumuladas. Non foi ata o ultimo minuto cando o Melide se quedou co encontro primeiro cun gol de Cristian nunha xogada de estratexia e logo cun de Carril para culminar unha contra.
Pese a que o resultado foi de 4-2 poidemos habernos quedado sen ningun punto xa que o Alucar errou catro dobres penaltis que se chega a acertar algun nos oubese complicado moito.
Baby comezou con Angel (12) na porteria, Portos (15) de peche, Diego (4) nunha banda, Iván (10) na outra e Pistón (2) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Bareto (5), Rober (6), Cristian (7), Manito (9), Carril (11) e Cordido (13).
O xogador mais destacado o meu parecer onte foi Carril non so polos dous goles senon porque foi o que deu a pausa necesaria en moitos momentos que nos faltou e o que mais solucions ofreceu.
Os xuvenis esta semana xogaron dous encontros, un o xovés aprazado fronte o Monfero e que gañaron por 7-1 e outro o sabado fronte o Redondela que gañaron por 7-2. Non hai moito que dicir dos rapazes, a verdade e que teñen momentos que fan un futbol sala de autentico luxo, que cada un que sale dao todo e que son un grupo en todo momento. So lles vou facer unha critica, ainda que creo que Tonecho xa lles dixo algo no vestiario o sabado e imaxino que lle lo dira sempre, penso que hai que saber gañar e nestes dous partidos sendo tan superiores os rivais en todo momento, acabamos entrando no seu xogo e que algunha vez nos vai complicar, por exemplo onte porque Cristian estivo inmenso pero tiraronnos sete dobres penaltis e nos creo que ningun, e por unha cousa ou por outra sempre temos expulsados pero ainda asi.......SODES UNS CRACKS. Si sei que vos estou votando unha parrafada pero e que andaba buscando que criticarbos e non atopo nada mais.
A vindeira semana os seniors fan o seu ultimo desplazamento na liga e será a Cedeira un conxunto co que estamos igualados a puntos mentres que os xuvenis se non me engano visitan o Riazor.
Sorte a todos e un saúdo.

lunes, 16 de marzo de 2009

Tres puntos... e partidazos

Acabo de entrar na páxina da federación e vin que puxeron que o resultado do encontro fronte A Fonsagrada foi de 0-3 o cal nos reporta tres puntos na clasificación. Por certo dicirlle o comentario da entrada anterior que non chegamos a facer a viaxe xa que a federación avisou o viernes de que non haberia arbitros.
Deixando ese tema volvo a insistir no desta fin de semana. Partidos vitais o dos dous equipos xa que ambos se enfrontran os equipos que os preceden na clasificación. Os seniors as 17:30h fronte o Aluminios Alucar e os xuvenis as 20:00h fronte o Redondela.
Agardamos contar con todos vos.
Un saúdo.

sábado, 14 de marzo de 2009

A Fonsagrada non paga!!

O encontro correspondente a este fin de semana que o Melide debia xogar fronte o Congelados Egea quedou suspendido por problemas cos da Fonsagrada coa Federación. Ainda non se sabe como se vai a resolver a situación pero todo fai indicar que os tres puntos serán para nos.
Os xuvenis descansaron tamen esta semana pero o viernes xogaron fronte a Selección Galega Cadete coa que xogou Fran. O resultado foi de 7-8 pero e moi enganoso xa que ata faltar dez minutos o resultado era de 7-2 o que pasa e que Tonecho sacou porteiro xogador para que os da selección o practicasen e ai produciuse a remontada.
Agardemos que para a proxima semana se restablezca a normalidade de encontros, asi os seniors reciben as 17:30h o Aluminios Alucar de Sarria e os xuvenis as 20h o Redondela FS. Se non e así agardo que Tonecho me corrixa.
Por certo antes de rematar agradecer a Presidenta consorte que me pasará as fotos que colgei na cabeceira do blog.
Un saúdo e agardo vervos a todos o sabado no pavillón da Martagona.
.
Actualización: Debido a presión exercida o sabado por "Titulos Humberto S.L" vinme na obligación de modificar o titular.

domingo, 8 de marzo de 2009

Boqueixon...Empate, Churrasco e Garrafón

Empate a dous goles na visita do terceiro clasificado a Melide nun partido moi igualado na primeira metade e con dominio local na segunda ainda que sen reflexo no marcador.
O partido comezou mal xa que os 16 segundos o Boqueixon nunha xogada de estratexia adiantabase e complicaba o partido un pouco. Pouco se tardou en dar contestación e Humberto cun remate no segundo pao facia a igualada. Como dicia antes o encontro estivo moi igualado o principio e mediada a primeira metade os visitantes volvian a coller vantaxe logo dun gol de chilena, esto tendo en fronte a un recen descendido e un dos equipos de arriba poñia o encontro costa arriba. De todos xeitos o equipo seguiu na mesma dinamica e a piques de chegar o descanso Carril poñia unha bola denovo o segundo pao e un defensa facia o empate en propia meta.
No segundo tempo o dominio foi total co Boqueixon moi cerrado e agardando pillar unha contra, a pena e que tanto dominio non foi suficiente para a victoria, e non seria por ocasións porque tanto Humberto, Carril e Bareto tiveronas moi claras pero toparon co porteiro e cos postes e non foron capaces de enchufala. Quizais por por algunha pega e que eles con poucos cambios e nos con moitos non fomos capaces de aproveitar o seu baixon fisico o final. Ainda asi un punto e xa son cinco partidos seguidos sen coñezer a derrota.
Baby empezou con Tapi (1) na porteria, Humberto (14) de peche, Manito (9) e Diego (4) nas alas e Bareto (5) arriba. Tamen xogaron Angel (12), Piston (2), Rober (6), Cristian (7), Iván (10), Carril (11), e Portos (15).
Destacar tamén o numero importante de xente que veu a apoiarnos o pavillón. Agardemos que pouco a pouco a xente se Enganche o Melide Futbol Sala.
A proxima xornada o Melide xoga fora nunha das duas saidas que quedan ata o final da liga. Será as 19h en A Fonsagrada.
Os xuvenis non teñen partido de liga pero o venres xogaran as 18h en Melide fronte a selección Galega Cadete coa que xogara Fran.
Un saúdo

domingo, 1 de marzo de 2009

Castro.... y "lostrejen"

Tres puntos mais que consegue o Melide FS a base de loita e entrega e de un bo traballo de todos os xogadores. O do titulo esta semana e un remake entre Mani, Humber e Angelito que ganaron a opción Piston que deixamos para proximas entregas.
Xa falando do partido decir que foi moi intenso, e con moita loita, apenas houbo ocasións ata que faltando pouco para o descanso un pepinazo de Bareto rebotou nun rival e entrou na porta lucense facendo o 1-0. Con ese resultado chegamos o descanso, e con poucas ocasións para os rivales que ademais volveron a topar cun gran Angel.
Na saida do segundo tempo o partido seguia moi parexo e con mais ocasións pola nosa parte e denovo Bareto os sete minutos culminou unha boa xogada no segundo pao e daba un pequeno respiro, ainda que este durou pouco xa que o Castro acortou distancias antes de chegar o ecuador do segundo tempo. Eles estaban a empregarse con dureza e a protestar todo polo que logo acumularon a quinta falta. Ahi na primeira ocasión de doble penalti Piston volvia a abrir un pequeno oco pero que denovo nunha contra volveron a recurtarnos. O ultimo gol do Melide foi denovo de doble penalti e denovo de Bareto, que e o pichichi destacado da tempada. Pese a que o encontro foi moi igualado e que Angel e Tapi tiveron intervencions de merito penso que fomos superiores e que perdoamos moito de cara a porta, algo que hai que tentar mellorar.
Baby comezou con Angel (12) de porteiro, Rober (6) de peche, Manito (9) e Diego (4) nas alas e Piston (2) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Bareto (5), Ivan (10), Carril (11), Humberto (14) e Portos (15).
O xogador mais destacado denovo voullo dar a Angel e Bareto, porque nos momentos claves souperos solventar as distintas situacións que se presentaron.
A proxima semana visita Melide o 3º clasificado, o Boqueixon F.S, será o Sabado as 17:30h. Agardamos contar denovo co apoio da aficción que hoxe tamen estivo ai apoiando ata o final, algo que tamen e de agradecer.
Un saudo.

Fotos Semana Eypar 2010