martes, 30 de diciembre de 2008

Feliz 2009!!!!!!!!!!!!!!!!!!

En primeiro lugar quixera comezar esta entrada desexandovos a todos os lectores e seguidores deste blog un feliz fin de ano e unha boa entrada no 2009. Non me extendo mais na felicitación porque seguramente o noso presidente Patrick Vineira nos enviara un video coa tipica felicitación do dia 31 facendo balance dos seus seis meses de xestión jeje.
Tamen vos deixo aqui as fotos do dia dos pinchos, ainda que estas non son de moita calidade nin pola camara nin polos posados, xa que de 15 fotos estas son as mais decentes asique imaxinadevos. De todos xeitos xa me dixo a presidenta consorte que cando tivera as suas xa con San Xosé Vineira mas pasaria e enton xa as colgarei na portada.
Agora vai un apartado de aclaracions, primeiro para Tonecho, os seniors foron os que gañaron xa que vos quedastesvos con dous puntos e os seniors con catro, ainda que bueno e certo que puidestes gañar se Nikopolidis non rematara de cabeza a propia porta un balón que ia raso e que ainda asi meteu ou se non fora pola lesión de Blokinesku.
De todos modos a gran esperanza do equipo que son os xuvenis levan duas de duas derrotas fronte os seniors, a min dame que pensar.
Outra aclaración e que o da cerveza e o Calimotxo durou so asta que ti te fuches despois puxeronse serios e empezaron a copas.
E por último pero sen dubida o mais importante e a critica a toda a directiva que a 1 se escaqueou para non pagar unha misera copa, bueno a excepción de Baby Beckham que si que cumpliu.
Bueno penso que nada mais, un saudo a todos e repito. FELICES FESTAS E FELIZ 2009!!!!!!!

domingo, 21 de diciembre de 2008

Pouco botin

Este sabado o Melide FS enfrontabase os dous lideres das respectivas categorias e pese o bo xogo ofrecido polos dous conxuntos so os seniors obtiveron un punto en Rianxo.
Por motivos de axenda esta semana non puiden ver ningun dos partidos pero polo que me comentaron foron dous partidazos.
Os seniors chegaron a ir gañando por 0-2 pero logo da remontada do lider tivo que ser cun gol de Carril no derradeiro minuto o xeito de obter un punto. Os goleadores foron Bareto en duas ocasions, Cordido e Carril. Agardemos que este sexa un punto de inflexión e as cousas comezen a mellorar en canto a resultados e xogo.
Polo que se refire os xuvenis o guion foi similar xa que foron gañando 2-4 e remataron perdendo 5-4. Os goles foron de Sergi por partida dobre, Borja Casal e Xurxo.
Ambas ligas teñen agora o paron de Nadal polo que non se volve xogar ata o dia 10 de Xaneiro.
Recordarvos a todos os integrantes dos dous planteis e da directiva que este venres hai un triangular as 21:30 e logo uns pinchos en o noso bar mais coñecido por a de Rouco jeje. Traede a roupa do equipo.
Un saudo.

lunes, 15 de diciembre de 2008

Xeiras opostas

Unha vez mais este fin de semana houbo boas e malas novas para o Melide FS.
Comezamos polas malas, xa que o equipo senior non consigue sair da dinamica na que entrou xa fai uns partidos e volveu a caer derrotado, esta vez en Mera por 9-3. Non ai que atopar excusas pero o Melide presentouse moi mermado, xa que so 8 xogadores de campo viaxaron e entre eles estaban Chino e Ivan que volvian despois de lesions e non estaban precisamente ben e tamen Cris e Garimbas que apenas xogaron debido a molestias.
O resultado deixa ben as claras que os locais foron superiores, e sobretodo que desenrrolaron un mellor futbol sala, pero pese a iso o Melide tivo as suas ocasións. Con empate a cero tivemos tres mans a mans co porteiro e fomos incapaces de batelo e logo por erros nosos case sempre por malos pases colleron unha vantaxe de catro goles que so se recortou cun gol de Iván que facia o 4-1 co que se ia o descanso.
Na segunda metade nada mais sair Manito facia o 4-2 e a remontada parecia estar ahi pero novamente erros cometidos polo equipo de Melide facia que o encontro se volvera a ir. So fulmos capazes de subir un gol mais o marcador por medio de Humberto. Ainda co encontro case dado por perdido tivemos bastantes ocasions para recortar o marcador.
O equipo inicial de Baby foi Tapi (1) de porteiro, Humberto (14) de peche, Manito (9) e Bareto (5) nas alas e Piston (2) arriba. Tamen xogaron Angel (12), Garimbas (3), Cristian (7), Chino (8) e Ivan (10).
Outra nota negativa do encontro foron as expulsions de Cristian e Bloquin. A espera de confirmar se ai sancion para Cristian o panorama debido as numerosas baixas non se presenta moi alentador para ir a visitar o lider, o Mexillon de Ouro de Rianxo.
O contrapunto positiivo unha xornada mais chegou da man dos xuvenis de Tonecho que lograron un triunfo importantisimo no Carballiño por 4-8 e que os deixa na terceira posición da taboa.
A vindeira semana hai dous compromisos importantisimos xa que os dous equipos visitan os lideres das suas respetivas categorias. Os senior se queren pensar en seguir estando nos postos altos teran que loitar moi duro e sacar algo de Rianxo e os xuvenis xogan un partido que lle pode dar aire a sua liga ou desinflala en favor do Azkar xa que visitan os de Lugo coa intencion de poñerse a seis puntos. O horario non o sei pero pidolle a Tonecho que cando o saiba o poña por aqui para que todo o que poida vai a animar os rapazes.
Un saudo.

lunes, 8 de diciembre de 2008

Novas

Nesta semana de paron vamos facer unha entrada para non faltar a nosa cita dos luns e ademais para dar algunhas novas do equipo.
En primeiro lugar queda confirmada a victoria no encontro fronte o Sarria xa que a Federación logo de escoitar os recursos decidiu reafirmarse en todo o dito inicialmente.
En segundo lugar rectificar algo que dixen na entrada anterior xa que os seniors esta semana non viaxan a Rianxo senon que o fan ata Mera para enfrontarse o terceiro clasificado que ten dous puntos mais que nos polo que e un partido ainda mais importante si cabe. Os xuvenis polo seu bando iran o Carballiño.
En terceiro lugar dicir que a directiva vendo os últimos resultados esta a estudiar seriamente a posibilidade de facer algunha incorporación. O nome que mais soa e dun tal Tomy, de feito Neira creo que xa esta en negociacións co Celtic para mirar se pode xogar a futbol e futbol sala.
Seguro que pensades porque poño este video, pero e que cada vez que vexo estes montaxes que facian en maracana partome e non sei quizais tamen para que aprendamos a meterlle garra os partidos jeje.
Bueno por último pero sen dubida o mais importante e porque no partido do venres que tanto se falou na anterior entrada os seniors gañaron 5-2 os xuvenis pero como xa quedamos, teran a revancha.
Por certo non quero que ninguen dos xuvenis se esqueza de que habia unhas cervexas en xogo e entre que "hoxe e viernes e non salgo" ou "hoxe estou de confirmacion" inda non vin ningunha, e os intereses estan subindo, eu solo o deixo ahi.
Veña un saudo e sorte os dous esta semana.

Fotos Semana Eypar 2010