domingo, 19 de diciembre de 2010

Venres de festa...Sabados de Troula!!!

Terceira victoria do Melide FS de xeito consecutivo a colleitada na tarde do sábado por 8-3 en Melide. O guion do encontro foi o de moitos outros. Primeira parte para esquecer e segunda coa remontada por garra e por grupo. Dos primeiros vinte minutos non hai moito que comentar, simplemente espesos, faltos de ganas de gañar e erraticos no pase, asi chegamos o descanso con 0-2. Totalmente diferente foi a segunda. Presión dende o incio e no minutos dous o encontro xa estaba empatado a dous. A partir de hai momentos de impas e erros clamorosos cara a porta rival ata os cinco últimos minutos candoo a pelota volveu a entrar. Con 4-2 o Troula sacou porteiro xogador e foi a súa morte final xa que o Melide aproveitou para matar o encontro. Os goleadores foron, Borja Casal tres, Bareto e Manu 2, e Tapi. Si Tapi, que se estrea como goleador, que temble Casal jeje. A destacar o tirón do grupo de Bareto na segunda metade, nesta ocasión non falou no vestiario (xa che dixen que o votara de menos) pero si no campo que é o que importa. Chegamos así o parón de Nadal cuartos a dous puntos do terceiro e cun partido menos. A volta do parón sera clave xa que xogamos co Negreira e dous encontros co Xove que van marcar onde temos que estar. Un sáudo e bo nadal a todos.

domingo, 12 de diciembre de 2010

Triunfo en Boqueixon

Segunda victoria consecutiva do Melide Fs, neste caso a domicilio fronte o Boqueixon por 1-4.
Pese o resultado o encontro estivo moi equilibrado ata os tres últimos minutos. O Melide comezouse adiantando e pese o empate soubo reaccionar para irse co 1-2 o descanso. Resultado que como digo se mantivo ata os últimos intres nos que o Boqueixon tentou ir a polo encontro sacando porteiro xogador e o Melide soubo sacar beneficio disto poñendo o 1-4 final.
Os goles da xornada foron obra de Sergi, Manuel e Borja Casal por partida doble.
A vindeira semana o equipo volve a xogar na Martagona, as 7 da tarde fronte o troula que ven de golear o casas, nun encontro clave, xa que é o último antes do parón e necesitamos os tres puntos para seguir neses postos de arriba. Agardamos ver a mellor versión do equipo e contar con toda a afición de sempre e a menos habitual para que a victoria quede en Melide.
Agardamosvos a todos.
Un saúdo.

domingo, 5 de diciembre de 2010

Gol, set e partido pa Casal

Aburrido e sen intensidade sería o calificativo do encontro deste sabado en Melide que se saldou co triunfo local por 6-3
Pese a que o Melide Fs non fixo nin moito menos o seu mellor encontro, viuse dende o minuto un a clara superioridade sobre o Castro. De feito nos tres primeiros minutos os locais tiraron tres balóns o poste e marrarón dous goles a porta valeira, ainda asi, e logo do primeiro tanto foron caendo un detras de outro, ata o 5-2 o descanso. Os cinco goles obra de Borja Casal.
Na segunda metade o encontro seguiu na mesma tónica, aburrido, sen ritmo e con multiutude de imprecisións. O resultado final como diciamos antes foi de 6-3, por certo, este sexto gol tamén obra de Borja Casal.
A destacar do encontro, a parte porsuposto do hexagoleador, a Humberto, e os minutos de Peke antes da lesión.
Como negativa, a falta de concentración (dificil mantela) e erros puntuales que nos costaron goles e que nos poideron custar mais. E sobre todo, unha semana mais, a puntería, porque non lle marcamos nin o arco iris. Agardemos que antes ou despois comezen a entrar.
Esta por confirmar o horario, pero en principio este mércores disputaremos o encontro aplazado da primeira xornada fronte o Xove F.s. En canto sepamos a hora colgaremola nos comentarios. Agardamosvos un día mais alí a todos, para tentar quedarnos cos tres puntos.
Un sáudo

Fotos Semana Eypar 2010