miércoles, 28 de octubre de 2009

Nota de prensa no xornal "Tierras de Santiago"

El Melide FS transmite la pasión del fútbol sala en los colegios
.
26.10.2009 En unión del Concello melidense, desde su concejalía de Deportes, promueven la afición a esta modalidad deportiva entre los pequeños

Fran Monterroso, Javi Mosteiro y Carlos Mato realizaron exhibiciones ante la atenta mirada de los jovencitos

. .

. El fútbol sala supera en Melide los límites de los espacios deportivos para acercarse a los más pequeños en su ámbito escolar. El Concello de Melide volvió a incluir este año esta modalidad deportiva en la oferta de las escuelas deportivas de invierno que dieron comienzo hace unos días. Pero este año, además, la concejalía de Deportes quiso promover la afición a este deporte desde las categorías base. Por eso buscó la colaboración del Melide Fútbol Sala, de larga tradición, para que fuesen ellos mismos los encargados de transmitirle a los más jóvenes la pasión del fútbol sala. Así , varios jugadores del equipo local de fútbol sala y personal de Deportes visitaron tres colegios de Melide, acompañados de ejemplos de jóvenes deportistas que están creando su carrera profesional a través del fútbol sala. Fran Monterroso y Javi Mosteiro, campeones de España, y Carlos Mato, jugador del Xacobeo Lobelle, acompañaron a los promotores de esta iniciativa a los tres colegios, para realizar pequeñas exhibiciones y sobre todo intercambiar con los escolares opiniones acerca del fútbol sala. El concejal de Deport es melidense, Antonio Varela, destacó que "la mejor promoción del deporte de base es el ejemplo de otros deportistas jóvenes que encuentran en el deporte una opción y un modelo de vida, que además, en el caso del fútbol sala, promueve la convivencia y los valores del juego en equipo". Antonio Varela destacó además que "con las escuelas deportivas queremos fomentar la base del fútbol sala, impulsando el entrenamiento y el aprendizaje, evitando la competición y la competitividad".

.
.
Noutro orde de cousas recordarvos a todos o encontro deste sabado no pavillon da Martagona as 19:00h fronte o Santa Isabel Outeiro de Rei e os membros do plantel que despois do partido hai cea de todos os compoñentes do clube.
Un saudo

domingo, 25 de octubre de 2009

Esta vez tócame a min

Esta semana a entrada non e de Iván nin de Rober. Esta vez tócame a min.
Fágoa por unha unica razón.
A pesar do que poda parecer, esta vez xogamos moito mellor, fomos moito mais incisivos para chegar a porta contraria, defendemos un pouco mellor, incluso en certos momentos divertimonos xogando.
Pero o final perdemos.
É por isto polo que entro eu esta semana.
Son o único culpable e responsable da derrota desta semana.
Non fun capaz de manter o nivel competitivo cos cambios.
Na miña o ponion fomos superiores o Castro durante todo o partido, incluso na primeira parte disfrutando de xogar o futbol sala.
O problema foi na segunda parte que en ningun momento acertei cos cambios nin co sistema e sobre todo non fun o suficientemente listo de pedir un tempo morto para calmar os nervios e aclarar as ideas no momento que comezamos a estar apurados.
Como xa sabedes os que adestrades conmigo, non teño problemas en cara nomes cando algún ten mal día e non son demasiado compracente con ningén.
Se non son cos xogadores e xusto que tampouco o sexa conmigo mesmo.
E moi duro como adestrador ver como unha plantilla de 21 xogadores (dixen ben 21 xogadores) menos un (lesionado) viaxen unha hora e media para acompañar os seus compañeiros e despois de dominar, o partido se escape por non saber pedir un tempo un tempo morto, algo básico no futbol sala.
Non intento pedir perdon nin escusarme, so poñerme a min mesmo no meu sitio e pedirvos que todas as entradas de esta semana as fagades como se gañaramos o partido e non se vos ocorra darme animos, non e o que busco ca entrada, o que busco e decirvos que esta derrota non conta para vos e e si para min e que vola teño que pagar dalgunha maneira.
Tedes que darlle animos os que non xogaron e foron a apoiar, Guti, Humberto, Manito, Tapi, Kris, Iván e tamén Patri, Bloquin (teño un video del impresionante que colgarei pronto) Rober e Sergio sen esquecerme de todos os que acompañades o equipo en todolos partidos, pais, nais, mozas, mozos, primos, primas etz...
Temos que sair de onde estamos por narices, so bos pido paciencia e traballo comoa ata o momento.
Presi, tomate algo para a semana, non che dea algo na grada.
Vemonos martes para adestrar e para que me deades vos a min a charla.
Todos con gañas e a empezar a gañar seguido dunha vez.
Un saudo a todos.

jueves, 22 de octubre de 2009

Centenario e segundo aniversario

100 entradas e dous anos despois de comezar con esta historia de facer un blog adicado o Melide FS seguimos aqui actualizando todas as semanas e cada vez con mais gañas visto que últimamente esta moito mais animado e temos mais visitas e moitos mais comentarios.
Fago este post ou entrada mais que nada a xeito de agradecemento a todos os que colaborades.
En primeiro lugar este agradezemento ten que ser para Rober que me esta a botar unha man moi importante ultimamente, para Tonecho que ademais de responder a case todos os comentarios estase a encargar do tema de subir todos os videos dos partidos a paxina que temos en youtube, e tamen para as presidentas Patry e Maria (futurible econsorte jeje) xa que colaboran moitisimo no tema das fotos e aguantame que as maree pedindolles mais.
Tamén agradecer a todos os xogadores que comentades neste espazo case todas as semanas, Manito, Humberto, Capitan Brunete, Ruben.... e a aqueles que o fan de xeito mais esporadico Piston, Fer, Quini, Tapi, Neira..., seguro que me esquezo de algun pero para todos en xeral.
Mencion especial para a xente de outros clubes que esta tempada se esta a unir de xeito continuo o blog como Portos, Marineda, Dantelu, Javi, Sergio, Vilalba, Ribeira, Mera, Miño, Burela, Casás, etz...
A todos aqueles que escriben como Anonimo que de vez en cando nos fan reflexionar sobre algunha cousa que nos pode facer mellorar.
E por último pero non menos importante a todos aqueles que ainda que non escribides nos comentarios si ledes o blog semanalmente e que como puxen antes entre todos facedes que un siga con gañas de facer esta bitacora para a promoción do deporte do futbol sala en todos lados e en especial no concello de Melide.
Seguro que me olvido de xente pero:
A todos, simplemente GRACIAS.
P.D. Recordo que esta semana xogamos en Castro un partido importantisimo.
Un saúdo e agardemos que esto siga na mesma liña

domingo, 18 de octubre de 2009

¡Toma, Toma y Toma!

Por fin chegaron os tres primeiros puntos da tempada e por encima no derbi fronte a Arzua e dun xeito moi sufrido. 6-5 foi o resultado final do encontro. Por certo esta semana regresou o blog "Titulares Humberto S.L."
Foi un encontro con un futbol sala non moi espectacular por parte dos dous conxuntos, e moi condicionado polas faltas, xa que na primeira metade os seis minutos ambos equipos estabamos no bonus, feito que se repeitiu na segunda parte no noso equipo. O primeiro en dar foi o Melide logo dunha xogada un tanto embarullada que resolveu Xurxo adiantandonos no marcador, un marcador que pouco despois ampliaria Carlos 500 logo de aproveitarse dun erro do porteiro. Nese intre apareceron as temidas faltas e ainda que erraron tres dobres penaltis, os visitantes marcaron dous conseguindo igualar o encontro. A pouco do remate do primeiro tempo Borja Casal volvia a darnos vantaxe no marcador.
A segunda metade comezou cun guion similar, partido equilibrado no que o minimo contacto o colexiado sinalaba falta, pese a isto Bareto volvia a ampliar distancias para os de Melide. O encontro seguia moi igualado e o Melide erraba moitas saidas as contras o que aproveitou o Arzua para acortar distancias, ainda que pouco despois Borja Casal volvia a diferencia de dous goles. Un penalti en contra volveu a poñer a minima diferencia ainda que novamente o guion repetiase e nesta ocasión Sergi volveu a ampliar. Tocou sufrir ata o final xa que a falta de un minuto un gol do Arzua poñia o 6-5, apostre definitivo.
Tonecho comezou o encontro con Cristian (23) de porteiro, Fer (6) de peche, Manuel (11) na esquerda, Bareto (12) na dereita e Borja Casal (5) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Borja Perez (3), Sergi (8), Manito (9), Xurxo (16) e Carlos (17). O mais destacado debe de ser para a loita e entrega de todo o conxunto, pero se falamos de loita e sobre todo defensiva destacoua a de Piston.
Como digo non foi un partido brillante, pero no que tiñamos que gañar como fose, xa que ainda non sabiamos o que era iso. A proxima xornada visitamos o Castro, rival que na clasificación ten un punto mais que nos, e a pesares de que imos ir con baixas moi significativas temos que sair coa mesma intensidade e gañas e tentar volver cos tres puntos.
Por último e non menos importante senón todo o contrario, mención super especial o PUBLICO, que acudiu de xeito masivo animar o equipo e que en ningun momento deixou de confiar en eles.
Un saúdo
.................................................................................... Resultados Xornada 5
FS Cedeira - Ventorrillo Caixanova (0-6)
Jim Sports Melide fs - Concello Arzua (6-5)
Burela Turística - CFS Castro (5-4)
Club Ribeira fs - S.I. Outeiro de Rei (6-4)
FS Alameda Xarío - Jogafan Ordes FS (3-4)
Boqueixón FS - Troula FS (6-2)
Peugeot Vilalba fs - Loterias Mexillon de Ouro (6-1)
Hotel Torques Mera - C.P. Casás (4-2)
.........................................................................................................
Partidos Xornada 6 (24/10/09)
Ventorrillo Caixanova - Hotel Torques Mera (19:00 h)
Concello de Arzúa - F.S. Cedeira (18:00 h)
C.F.S Castro - Jim Sports Melide F.S. (19:30 h)
S.I Outeiro de Rei - Burela Turística (19:30 h)
Jogafan Ordes FS - Club Ribeira F.S. (18:00 h)
Troula FS - F.S. Alameda Xarío (17:00 h)
Loterias Mexillon de Ouro - Boqueixón F.S. (17:30 h)
CP Casas - Peugeot Vilalba F.S. (17:00 h)

domingo, 11 de octubre de 2009

Moita diferencia

Nova derrota do Jim Sports Melide Fs esta vez na casa do lider da clasificación o Ventorrillo Caixanova por 11-3, nun encontro no que quedaron claramente plasmadas as diferencias que nos sacan na clasificación.
Moi dificil facer unha cronica do encontro xa que o dominio foi total e absoluto dos locais agas os tres primeiros minutos nos que o Melide tivo duas ocasións bastante claras con empate a cero ainda no marcador. Nese intre a lesión de Diego (Agardemos que sexa pouco e te recuperes pronto fenomeno) e un gol en contra fixeron que nos derumbasemos como nos esta pasando ultimamente pero nesta ocasión sen opción de reaccionar. Xa o descanso o marcador era de 6-1.
Os goles melidenses foron de Xurxo, Piston e Borja Casal. Gustariame destacar a actuación de Piston e sobre todo de Cordi que o meu parecer e sempre visto dende a grada que e moi diferente o campo foi o mellor, en xogo, en intensidade e en case todos os aspectos do xogo. E iso precisamente, a intensidade foi o que mais me preocupou do encontro, xa que non a tivemos en ningun momento, nin a actitude suficiente para rematar cun marcador mais apretado, pero de todo se ten que aprender e agardemos que non volva a ocorrer e pouco a pouco tentar mellorar
Como digo debemos olvidarnos da imaxe dada neste encontro o antes posible xa que eu penso que o Ventorrillo e o equipo que mellor xoga da liga, que ten dous dos mellores homes a nivel individual e que por loxica van a ir sobrados para estar entre os dous ou tres primeiros. Agora toca pensar na semana proxima no que teremos un partido durisimo fronte o Concello de Arzua que esta nunha boa xeira e que gañou os dous ultimos partidos o último fronte o Burela de goleada
Non quero rematar esta entrada sen agradecer a xente de Melide que se desplazou ata a Coruña ver o encontro que foi un numero bastante elevado. Tamen destacar a gran afluencia de xente do Ventorrillo, poucos pavillons con tanta xente ai na liga.
Recordovos o Sabado, as 19:00h en Melide, Jim Sports Melide Fs - Concello de Arzua.
Un saúdo e esperemos que se rompa a xeira.
--------------------------------------------------------------
Resultados Xornada 4
FS Cedeira - Hotel Torques Mera (5-4)
Ventorrillo Caixanova - Jim Sports Melide fs (11-3)
Concello Arzua - Burela Turística (8-3)
CFS Castro - Club Ribeira fs (3-11)
S.I Outeiro de Rei - FS Alameda Xarío (7-4)
Jogafan Ordes FS - Boqueixón fs (1-3)
Troula FS - Peugeot Vilalba fs (4-2)
Loterias Mexillon de Ouro - C.P. Casás (aplazado)
-------------------------------------------------------------- Encontros Xornada 5 (17/10/09)
FS Cedeira - Ventorrillo Caixanova (12:00 h _ 18/10/09)
Jim Sports Melide FS - Concello de Arzúa (19:00 h)
Burela Turistica - C.F.S Castro
Club Ribeira FS - S.I Outeiro de Rei (19:45 h)
FS Alameda Xario - Jogafan Ordes FS
Boqueixon FS - Troula FS
Peugeot Vilalba FS - Loterias Mexillon de Ouro (18:30 h)
Hotel Torques Mera - CP Casas

domingo, 4 de octubre de 2009

Seguimos no pozo

Terceiro encontro consecutivo que remata con derrota do Jim Sports Melide Fs na presente tempada. Nesta ocasion por 4 goles a 5 fronte o Cedeira Fs.
O encontro deste sabado tivo un guión moi distinto o das duas semanas anteriores ainda que rematou do mesmo xeito. Comezamos podendo mover un pouco mais o balón e facendo un xogo mais fluido, froito deste dominio e logo dunha boa convinación chegou o tanto de Fer que nos adiantaba no marcador. Este gol fixo que os visitantes se espabilaran e nós nos relaxaramos en exceso froito disto chegou o gol do empate a pouco de chegar o descanso, gol que xa evitara Cristian en varias ocasións con grandes intervencións.
Na segunda metade o dominio e presión do Melide Fs fixose mais evidente con mais chegadas e nunha delas Xurxo volvianos a poñer en vantaxe, e pouco despois Borja Casal facía o 3-1 que nos daba mais confianza. Pese a isto pouco a pouco perdimos o dominio e iso aproveitouno o Cedeira para nunha xogada de estratexia acurtar distancias. Con este resultado os colexiados tomaron a sua dose de protagonismo o cal nos custou o empate e o sairnos do encontro. Co empate e na procura dos tres puntos fomonos arriba e en duas contras o Cedeira colleu dous goles de diferencia. Ainda así o final un novo gol de Borja Casal de penalti fixonos acurtar distancia e a mala sorte impediunos arañar un punto polo menos xa que tiramos dous postes e o porteiro visitante salvou dous balóns nos que a grada xa cantaba o gol.
Tonecho puxo de inicio a Cristian (23) na porteria, Fer (6) de peche, Manuel (11) na esquerda, Xurxo (16) na dereita e Borja Casal (5) arriba. Tamen xogaron Tapy (1), Borja Perez (3), Diego (4), Cris (7), Manito (9), Kike (15) e Carlos (17).
Pese a derrota toca seguir loitando e toca pensar en que agora ai que ir a gañar o campo do lider o Ventorrillo, e pouco a pouco irnos metendo no ritmo que necesitamos.
Non me gusta falar dos arbitros, fun o primeiro en dicir que non perdemos por a sua culpa, pero si quero facer mencion a que non me parece loxico que un arbitro veña facer o seu traballo sen saber as reglas, e que o seu propio compañeiro lle teña que dicir que se equivocou e ainda asi sabendo os dous que esta mal pitado lle regalen unha falta que era case un penalti o rival que ademais foi o gol do empate. Ainda asi, e pese a facer esta mención non temos que entrar a valoralo mais, foi un erro, grave iso si pero que agora xa esta e no que non debemos seguir pensando.
O martes adestrase, esperemos estar todos os dispoñibles para tentar mellorar de cara o encontro do sabado.
Un saudo.
----------------------------------------------------------------------------------------
Resultados Xornada 3
Jim Sports Melide FS - FS Cedeira (4-5)
Burela Turistica - Ventorrillo Caixanova (6-9)
Club Ribeira FS - Concello Arzua (5-3)
FS Alameda Xario - CFS Castro (2-3)
Boqueixon FS - S.I Outeiro de Rei (4-3)
Peugeot Vilalba FS - Jogafan Ordes FS (2-1)
CP Casas - Troula FS (3-2)
Hotel Torques Mera - Loterias Mexillon de Ouro (5-4)
---------------------------------------------------------------------------------------
Encontros xornada 4 (10/10/09)
FS Cedeira - Hotel Torques Mera
Ventorrillo Caixanova - Jim Sports Melide FS
Concello de Arzua - Burela Turistica
CFS Castri - Ribeira FS
S.I Outeiro de Rei - FS Alameda Xario
Jogafan Ordes FS - Boqueixon FS
Troula FS - Peugeot Vilalba FS (17:00 h)
Loterias Mexillon de Ouro - CP Casas

Fotos Semana Eypar 2010