domingo, 17 de abril de 2011

Triunfo cómodo

Tres puntos conseguidos de xeito relativamente cómodo fronte o Boqueixon logo de colleitar un marcador de 6-2.
O partido comezou ben para o Melide, e os dous minutos Sergi de forte disparo conseguiu adiantarnos no marcador. Pese a eso o Melide non estivo fino en ataque, costaba moito facer ocasións claras, e as poucas que tiñamos eran ben desvaratadas polo meta rival. Así, non foi ata a falta de tres minutos cando primeiro Manuel e despois Borja ampliaban a vantaxe ata o tres a cero antes do descanso.
Na segunda metade, e pese o tempraneiro gol visitante, o encontro non correu perigo e ningún momento. Foron Manuel e duas veces Carlitos os encargados de cerralo. Destacar nesta segunda métade a volta despois de moito tempo do abuelo a porteria que cumpliu sobradamnte.
Ademais, e pese a que como digo foi un mal partido do Melide Fs, gustariame destacar a actuación de Carlitos, Conde, Tapi e Manuel. E unha vez mais e sobretoo a afición, entre a que esta semana tiñamos a Bareto a quen dende a S.D Melide F.S lle queremos adicar o triunfo.
A vindeira semana non se xoga debido o parón de semana santa. Cando se reanude a competición faremolo en Betanzos fronte o Troula.
Un saúdo.

domingo, 10 de abril de 2011

Tres puntos e punto

Mal partido do Melide Fs, en Castro pero que por sorte rematou con triunfo visitante por 4-5.
Comezou o encontro co equipo totalmente desconcentrado, e estivo asi ata restar catro minutos para o descanso e cun marcador de 3-0. Foi ai cando comezou a reacción e fomonos a vestiarios con 3-2.
A volta dos mesmos foron os mellores mometos e en apenas cinco minutos puxemos o 3-5. A partir de ai o equipo volveu a desconcetrarse e a errar as claras ocasións que tivo, cousa que aproveitou o Castro para marcar un gol e ter varias ocasións mais, anda asi, o triunfo e os tres puntos viñeron a Melide

Os goleadores foron Sergi, e Manuel e Borja por partida doble.

A vindeira semana visitanos o Boqueixon, encontro no qe se gañamos aseguramonos loitar no último encontro pola terceira plaza, asique necesitamos todo o apoio da grada unha vez mais.
Un saúdo.

domingo, 3 de abril de 2011

Non puido ser

Derrota do Melide Fs, na casa fronte o Autocares Pombo por 4-6 nun encontro moi igualado que rematou caendo do lado dos da Coruña.
Comezou mal o partido xa que os poucos segundos os visitntes adiantabanse no marcador logo de aproveitar un rexeite na nosa área. Ainda asi, o Melide seguiu o seu e primeiro Manu e despois Carlos conseguian dar a volta o marcador. Co dous a un no marcadoor o Pombo comezou a apretarnos e pouco a pouco colleu o mando do encontro e nos pouco a pouco fomonos do mesmo. Asi e pese o gol a pouco do descanso de Manu marchamos os vestiarios con 3-4 no marcador pero coa sensación de poder quedarnos cos tres puntos.
Na segunda métade esa sensación xa non foi tan clara, non estvemos tan metidos e solo Tapi nos salvou de encaixar mais goles. Certo é que o acerto cara a portería non foi onte tampouco a nosa virtude. Solo Manu a falta de dous minutos para o final foi quen de perforar a meta visitante poñendo o 4-6 final.
Destacar sobre todo e unha semana mais a AFICIÓN, simplemente impresionante, esta semana sobretodo con rapaces, insisto MOITAS GRACIAS.
A vindeira semana o equipo visita o Castro para tentar volver a senda da victoria.
Antes de rematar a crónica desta semana, gustaríame mandar dende todo o Jim Sport Melide FS un forte abrazo a Bareto para que se recupeere o antes posible. ANIMO CRACK.
Un saúdo.

Fotos Semana Eypar 2010