miércoles, 28 de julio de 2010

Inscríbete!!!

Recorda que xa está aberto o plazo de inscipción do campus para nenos, cursos de monitor e arbitraxe da federación galega de futbol sala e do clinic de adestradores.
As datas limites da inscripción son:
- Cursos: Venres día 13 de Agosto
- Campus: Domingo día 15 de Agosto
- Clinic: Martes día 17 de Agosto
E importante que o fagades a principios de mes xa que como sabedes requerimos un mínimo de inscripcións para realizar calquera das tres actividades, e canto antes o saibamos mellor poderemos planificar todo.
Recordade para a inscripción enviade un mail a melidefs@hotmail.com ou chamade o teléfono:616046217.
Un saúdo.

lunes, 19 de julio de 2010

Mais para a Semana Eypar

Seguimos confirmando asistentes a esa semana Eypar de Futbol Sala que se celebrará en Melide do 14 o 21 de Agosto.
Se ata o de agora tiñamos 4 equipos de división de honor, e como di o refrán non hai quinto malo, imos sumar ese quinto. O Fiat Carnicer de Torrejón tamén visitará Melide este verán. E outra confirmación a ese nivel e a presencia do C.D Burela masculino, clube que este ano disputou a fase de ascenso a división de honor.
Ademais de estos equipos tamén imos contar con toda a elite galega, como por exemplo, o Noia, o Mera, o Azkar B......, Podedes ver todos os equipos, partidos e actvidades no cartel que acabamos de subir.
Agardo en breve poder desenrrolar mais pormenorizadamente tanto campus, como cursos como clinic e todo o resto de actos que se celebrarán.
Un saúdo e dicirvos que xa vos podedes facer coa vosa entrada no Pavillón Polideportivo, Cerveceria O pinocho, Adega O lar e Cafetería Solaina.

Fotos Semana Eypar 2010