miércoles, 25 de febrero de 2009

Facil

Tres puntos relativamente faciles os conseguidos hoxe polo Melide FS juvenil frontre o EDM Guitiriz. Sinxelos pero que se puideron complicar nun momento dado pola excesiva relaxación e pola falta de intensidade mostrada en case todo o encontro. Chegaron a ir perdendo 1-4 e ainda que no descanso o marcador xa reflexaba un 4-4 a imaxe non era boa. Eu non estiven no descanso pero xa me dixeron que Tonecho lles puxera as pilas e abofe que surxiu efecto xa que o resultado final foi de 11-5 a prol dos Melidenses.

A pesar das baixas de Nando, Kike e Rafinha e pese a que volvo co tema da intensidade viuse que eran claramente superiores e cando apretaron un pouco gañaron con certa claridade. Tamen destaca a segunda metade de Cristian que parou todo agas un trallazo imparable e a conexion Casal-Sergi dos ultimos minutos.
Penso que os xuvenis non xogan os proximos dous fins de semana ainda que se hai algunha novidade seguro que Tonecho nos informa con algun comentario.
Por ultimo e como tamen fixo Tonecho agradecer a xente que veu o pavillon que para ser un dia laborable foi boa. Acordadevos que o Domingo as 12 xogan os seniors. Contamos con vos. E este vos inclue tamen os xuvenis que as 12 poden estar xa en pe.
Un saudo.
Subo aqui tres fotos dos gañadores xuvenis e cadetes da fase local da Compostela Cup que me pasou Patri (con i latina) pero que non son moi boas xa que as mellores ainda non as ten. Se as consegue xa as subirei.

martes, 24 de febrero de 2009

Partido dos xuvenis adiantado!

Este mercores as 17:30 horas o Melide FS xuvenil xoga un partido adiantado fronte o E.D.M Guitiriz debido a que na data que correspondia creo que hai unha concentración da selección galega ou algo similar. Asique todos os que libredes por vacacións de carnavais acercadevos ata o pavillón a pasar un bo rato e a animar os rapazes que o merecen.
Por certo felicitar os cadetes e os xuvenis que gañaron a fase local da Compostela Cup. En canto me pase as fotos Patry colgareinas aqui e farei algun comentario.
Un saudo e non esquezades que os seniors esta semana xogan o Domingo as 12 da maña en Melide.

domingo, 22 de febrero de 2009

Que siga La-racha

Partido moi serio o que xogou o Melide este fin de semana en Laracha, temos que recoñecer que o rival non tivo un bo dia e que o seu porteiro tampouco estivo inspirado, ainda asi, o resultado final demostra que fixemos un gran partido, 1-11 foi o resultado final.
Comezamos moi enchufados e no minuto dous xa tiñamos dous goles a favor, ambos obra de Diego, durante o resto da primeira metade o dominio seguiu a ser aplastante e Bareto tamen fixo un doblete. Os locais apenas se acercaron, so con disparos lonxanos ben desbaratados por Tapi.
Na segunda metade o guion foi identico, ainda que nos viñeron presionar non crearon excesivo perigo, so un penalti tonto, pero que Tapi denovo volveu deter. Diego, Bareto por tres veces mais, Piston en duas e Cordido cerraron a goleada. O gol da honra foi de penalti.
Baby puxo de inicio a Tapi (1) na porteria, Rober (6) de peche, Manito (9) e Diego (4) nas alas e Piston (2) arriba. Tamen xogaron Angel (12), Garimbas (3), Bareto (5), Ivan (10) e Humberto (14).
O xogador mais destacado foi Bareto polos 5 goles e Diego polo hat-trick pero tamen destacaria a primeira metade de Manito e a volta de Cordido xunto co bo estado de Piston no un contra un dos ultimos encontros.
Pouco mais que dicir do encontro, salientar a fame do equipo que agardemos que siga nos proximos encontros, o igual que a union e animo que hai dentro do vestiario.
A vindeira xornada que xogamos en Melide volverase a disputar o Domingo as 12 de maña, asique agardemos contar co apoio do maior numero de xente posible.
No que se refire os xuvenis posto que coincidiron os dous encontros non os puiden ver. Polo que me contaron remataron con 3-3 fronte o Lobelle e o empate dos de Santiago foi quedando segundos. O parecer foi un gran encontro por ambas partes que puido rematar co triunfo de calquera dos dous. Agardo que Tonecho nos deixe algun comentario do encontro e haber se algun xuvenil se anima e gasta un minuto do seu tempo e escribe algo.
A proxima semana se non me engano volven a descansar, asique o domingo pola maña agardo velos no pavillon.
Por certo antes de rematar noraboa a Fran que segun me dixo esta moi contento coa pretempada da selección e tamen a Nando, Sergi e os Casal brothers que estan cos xuvenis.
Un saudo e a ANIMAR O MELIDE FUTBOL SALA.

domingo, 15 de febrero de 2009

Un domingo calquera

En primeiro lugar quero mandarlle dende aqui un abrazo moi forte a Sergi pola perda dun ser querido e darlle todos os animos para superar o momento.
Xa cambiando de tema o do titulo da entrada e cousa de Humberto que mo propuxo e como a semana pasada se animou a pasar por aqui pois eu cumplo. Haber quen colle o testigo a vindeira semana. O encontro deste domingo fronte o Narón foi como dixo Piston "un partido de moito bregue" pero que o final conseguimos os tres puntos case unha volta despois.
O encontro comezou bastante igualado, co dominio eu penso que bastante clara do Melide ainda que na contra puideron marcarnos en varias ocasions pero The Hulk Angelito estivo enorme parandoo todo. En ataque estabamos a ter ocasions pero non eramos capaces de marcar, nin Portos, nin Diego nin Bareto puideron aproveitar sendas ocasións ata que apareceu Manito ou G.Manigol nas últimas xornadas para a falta de pouco para o descanso facia o primeiro gol. Antes de rematar os primeiros vinte minutos puidemos ampliara a vantaxe cun tiro o poste de Ivan.
A saida da segunda parte foi semellante e con momentos de bo xogo ainda que non eramos capaces de marcar, pero surxiu un gran xogadon de Piston que cedia para a dupla de Manito. Con 2-0 tivemos outro poste e outras ocasión pero o Naron nun balon longo acortaba distancias e faltando cinco minutos a cousa volvia a complicarse. Certo e que nos puideron empatar pero a loita forte en defensa e denovo un bo Angel salvaron os tres puntos.
Baby xogou de inicio con Angel (12) na porteria, Portos (15) de peche, Diego (4) e Manito (9) nas alas e Ivan (10) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Bareto (5), Rober (6) e Humberto (14).
O mellor xogador do encontro como xa puxen arriba para min foi Angelito sen discusion ainda que gustariame destacara as gañas e entrega de todos os compoñentes do plantel.
A proxima xornada o Melide visitara o Laracha, que esta abaixo na taboa pero que a min persoalmente ese campo non me trae moi bos recordos, pero agardemos que este fin de semana cambie.
No que respecta os xuvenis esta semana descansaron e a vindeira reciben en Melide o Autos Lobelle de Santiago se non me equivoco. Espero a que Tonecho poña por ai o horario xa que non o sei.
Un saudo e ANIMO MELIDE FUTBOL SALA.

domingo, 8 de febrero de 2009

Punto de inflexión

Eso agardamos que supoña o partido deste sabado en Outes no que o Melide colleitou un punto logo de empatar 3-3.
Partido moi equilibrado no que calquera dos dous equipos se puido haber levado os tres puntos. O Melide comezou un pouco nervioso e nunha falta encaixou o primeiro gol pero soubo sobrepoñerse ben e logo dun corner Bareto conseguia empatar o encontro. Nese momento o Melide empezou a mellorar o xogo e tivo varias ocasións claras para adiantarse pero unha contra visitante volvia a poñernos en desvantaxe. Ainda asi o equipo seguiu igual e de novo Bareto nunha xogada de estratexia volvia a igualar. Xa cerca do descanso os locais volvian a marcar cun trallazo lonxano que entraba polo escadra.
Na segunda parte melloramos en defensa e fomos claros dominadores do encontro, tivemos moitas ocasións pero ata faltando sete minutos non conseguimos facer o 3-3 definitivo obra de Manito logo dunha boa combinación con Diego. O Melide seguiu sendo superior pero restando tres minutos puxemonos con cinco faltas e ahi puidemos perder o encontro pero surxiu Tapi para deter dous dobres penaltis e dous un contra un.
O final un punto que non sirve para moito, pero que eu vexo de forma moi positiva sobre todo pola actitude de todo o equipo, animandose constantemente, sen protestas e dando todo no campo. Ademais conseguiu remontar ata en tres veces o encontro algo que nos resultaba moi dificil.
Baby comezou con Tapi (1) de porteiro, Humberto (14) de peche, Bareto (5) e Manito (9) nas alas e Ivan (10) de pivote. Tamen xogaron Angel (12), Garimbas (3), Diego (4), Rober (6), Carril (11) e Portos (15).
Esta semana vou recuperar o de xogador mais destacado e voullo dar a varios. En primeiro lugar a Tapi que ainda que no primeiro tempo non estivo todo o atinado que en el e habitual acabou como dixen antes salvando un punto, tamen a Bareto polos dous goles e a dous xogadores que para min onte fixeron un bon partido quizais o mellor que lles vin eu no Melide que son Manito e Portos.
En definitiva penso que se se traballa durante a semana as cousas teñen que acabar saindo asique esperemos que o martes esteamos todos para seguir mellorando e recuperar o triunfo que ademais para a semana sera en Domingo.
Os xuvenis non puiden ir a ver o partido pero sei que lograron unha importante victoria en Noia por 7-5 que os deixa a tres puntos do Lobelle e cun partido menos. Por certo este Martes xogan en Coruña ese encontro aplazado fronte o Autocares J. Pombo e o Domingo reciben en Melide o Lobelle nun encontro importantisimo.
A vindeira xornada como digo creo que se vai disputar o Domingo xa que o sabado o pavillon esta ocupado posto que hai king-boxing nunha decisión que non sei a quen compete pero que si sei a quen perxudica e é o Melide Futbol Sala. Os seniors xogaran o Domingo as 12 da maña fronte o Naron agardemos que todo o que poida veña a animar xa que para ver un encontro e boa hora. Os xuvenis non o sei asique agardo que Tonecho o poña por algun comentario.
Si, sei que me estou tirando unha parrafada do 15 pero non quero rematar sen darlle a noraboa a todos os convocados pola selección galega e en especial a Fran que pasou o primeiro corte e este fin de semana decidese se se quedaba na definitiva para ir o campionato de España. Norabo e sorte Fran.
Un saudo e o DOMINGO POLA MAÑA TODOS A APOIAR O MELIDE FUTBOL SALA.

Fotos Semana Eypar 2010