sábado, 25 de julio de 2009

¿Pero que talla es?...

Si, seino que casi ninguen vai saber de que vai o do titulo, pero eu cando digo algo fago jeje. Ultimamente non teño moi actualizado o blog pero e que tampouco hai excesivas novidades.
Comentarvos que o Melide Fs xa leva duas semanas de adestramentos e a verdade e que con bastante traballo. So hai un problema e é que os venres estamos moi pouca xente para o plantel que en realidade somos, pero o certo e que case todas as baixas estan xustificadas.
Tamen vos podo dicir que ainda que non o sei fixo esta case confirmada que a presentación do equipo será o dia 15 de Agosto, antes de que empezen as festas por previr mais que nada, e que ademais deste encontro o longo da pretempada habra tres ou catro mais.
En canto os comentarios da entrada anterior, penso que o tema de 1ªB non debe ir connosco, xa que penso que sería un erro, ainda que so e unha opinion persoal, ademais se eso ocorrera (non creo que sexa asi) a xente que comparte co futbol teria que deixar unha das duas cousas e non sei como se amañaria.
Por último felicitar a Kike que creo que aprobou para guardia civil e vaise para a academia polo que case seguro deixe o Melide FS.
Creo que non me esquezo de nada. Tentarei actualizar un pouco mais.
Un saudo.

sábado, 11 de julio de 2009

Arranque 09/10

Logo de varios intentos fallidos este martes dia 14 de xullo as 21h arranca a pretempada do Jim Sports Melide Futbol Sala, e con ela hoxe tamén tocarame ir renovando esto ainda que o certo e que non hai moitas novidades dende a última vez que escribin.
En temas de directiva segue o mesmo grupo ainda que esta tempada quizais con mais presencia do ex-mister Baby e agardemos que con mais visitas os partidos (cuñita para todos menos para Rober e Patri, ahi queda iso). O certo e que estan a facer un gran traballo durante estes meses negociando cos patrocinadores e algunha outra operación que estan a intentar, ainda que pola pouca información que teño esta bastante complicada, por non dicir que imposible.
A nivel técnico o primeiro adestrador sera como xa sabedes Tonecho, de segundo seguira Capitan brunete Sergio e este ano votaranlles unha man para aguantarnos Brais e Rober.
E por último, o plantel. Ainda non esta totalmente cerrado xa que hai varios xogadores que non teñen claro se van a seguir no equipo, pero isto e algo que pouco a pouco se ira cerrando e que xa vos irei comentando.
Xa para rematar dicir tamén que xa hai varios encontros cerrados para esta pretempada, algun deles moi atractivo para o público, pero que ainda non hai fechas e horas seguras. Como se soe dicir, seguiremos informando jeje.
Un saúdo.

Fotos Semana Eypar 2010