domingo, 31 de octubre de 2010

Remontada para enmarcar!!!

Segundo triunfo consecutivo o obtido na tarde do Sabado polo Melide Fs, fronte o Cedeira por 8-5.
Comezou o encontro gardando un sentido e respetado minuto de silencio, pola desgracia ocorrida no noso pavillón esta semana, co falecemento dun xogador durante un encontro de futbol sala. Dende aqui o pesame a familia.
Ainda que sexa complicado, comezamos xa a falar do partdo, foi un encontro con duas partes totalmente opostas, e na que o estado animico dos dous conxuntos non foi lineal. Comezou o encontro co Cedeira aproveitando cada erro do Melide para pillarnos a contra e marcar, asi chegouse o descanso co marcador de 0-4 para os visitantes. Durante estes primeiros vinte minutos o Melide tivo varias ocasións, pero en ningun momento tivo a actitude correcta para gañar o partido, nin para doblegar o Cedeira.
Sorte para nós o descanso, e o cambio de chip dos xogadores, que na segunda parte parecian distintos, correndo, animandose, con actitude, e por se fora pouco, coa sorte necesaria de marcar nos momentos xustos. Tardou pouco Manuel en acortar distancias e na seguinte Borja acercabanos ainda mais, ata o 2-4, momento no que empezou o Bareto-show, loita, garra, entrega (xa sabe que a veces de mais) e por se fora pouco un hat -trick. Destacable na remontada tamén a actuación de Tapi, con paradas enormes. Completaron o triunfo local os goles de Fer, Sergi e de novo Manu Casal, que ademais da dupla tirou dous balóns o poste dende a nosa porteria cando os rivais usaban porteiro-xogador.
A nota negativa, loxicamente o primeiro tempo o completo. E a positiva, todo o conxunto, pero sobre todo, Tapi cunha gran segunda metade (desfruta destes 15 dias), os amagos de recuperación da conexion casal-brothers, a conexion grada equipo (demostrada no dobre penalti de sergi) e unha vez mais Bareto, que esta tempada se esta a implicar como nunca, e a nada que controle o tema das faltas, pode ser o punto que faltaba o equipo para estar arriba.
A vindeira semana o equipo visita o Noia, agardemos o terceiro triunfo consecutivo, para poder meterse ai na pomada.
Un saúdo a todos

domingo, 24 de octubre de 2010

Retorno o senda

Triunfo por 2-6 do Melide FS na pista do Vilalba, colider ata esta xornada
Esta semana por motivos persoais non puiden acudir o encontro, pero polo que comentei con algún dos asistentes o Melide recuperou a sua mellor versión e sobre todo o gol. Os da tarde do sabado foron obra de Javi, Borja Casal por partida doble e Sergi que fixo tres. Agardo que algún dos que fora nos conte algo mais de como foi o encontro.
A vindeira semana recibimos en Melide o Cedeira, esperemos que se repita xogo e resultado.
Antes de rematar comentarvos a todos os que leades este blog que comentedes cos coñecidos, que hai un grupo de persoas que está tentando estafar a xente de Melide aproveitando o gran apoio dos comercios durante a Semana Eypar, vendendo rifas e dicindo que se está a facer unha revista no nome do Melide FS, algo que non e certo e do que o clube se desvincula por completo.
Un saúdo a todos.

domingo, 17 de octubre de 2010

Derrota no segundo tempo

Derrota clara e sen paliativos do Melide FS, na tarde do sabado fronte o Mera FS por 6-1.
Duas partes moi diferenciadas durante o encontro. Unha primeira na que o partido estivo equilibrado e incluso na que o Melide se adiantou por medio de Fernando e unha segunda na que os visitantes nos pasaron por encima.
Nos primeiros 20 minutos o partido como digo estivo equilibrado, con intres de dominio para ambos equipos e con ocasións tamén claras para os dous contendentes. Asi, chegouse o descanso con empate a uns, e coa sensación de que o partido podia caer para calquer dos dous lados. Nada mais lonxe da realidade, xa que na segunda metade o Melide saiu a presionar, pero con moitos despistes, cousa que o Mera aproveitou en cada contra para marcarnos ou crearnos moito perigo.
Asi pois, como dicia antes derrota sen paliativos, e que agardemos enmendar esta semana coa visita a un dos colideres, o Peugeot Vilalba

domingo, 10 de octubre de 2010

Primeiro revés

Mala tarde do Melide Fs, este sábado en Friol. Nun mal encontro dos visitantes que non conseguiron entrar nunca no mesmo, e no que remataron coa derrota por 4-1.
Comezou o partido cos mellores momentos do Melide, dominio, posesión e ocasións, ocasións que unha semana mais non eramos capaces de traducir en goles, senón en lanzamentos o poste. Foron so cinco minutos porque pouco a pouco o equipo diluise, e empezou a conceder ocasións faciles, e en contra nos nos as xerabamos. Asi pois, e con este panorama chegamos o descanso con 0-3.
Na segunda parte a saída foi, igual e o equipo non encontraba o sitio. Ainda así, a partires do minuto dez, e por casta conseguimos meternos de novo no encontro e tivemolo nas nosas mans, primeiro co gol de Perez, e despois con catro mans a mans consecutivos co porteiro de Outeiro que non fumos capaces de materializar, todo o contrario que os locales que si marcaron poñendo o 4-1 final.
As notas negativas do encontro, a pista, que resbalaba moitisimo (non vai como escusa), unha semana mais a falta de gol, e sobre todo algunhas actitudes.
Como positivo, o debut esta tempada de Bareto, que completou unha gran segunda metade (solo negativo de faltas) a nivel de traballo e actitude, e a mala cara que lle quedou a algún xogador despois do encontro, sinal das ganas coas que estan a currar neste inicio de tempada.
Agardemos volver a retomar a senda do triunfo o vindeiro sábado as 19h fronte o Mera F.S en Melide. AGARDAMOSVOS A TODOS
Un saúdo.

domingo, 3 de octubre de 2010

Sufrindo pero disfrutando

Triunfo dificilisimo do Melide FS fronte o Concello de Arzúa por 4-3, nun gran encontro por parte dos dous equipos que non se decidiu ata os últimos segundos.
Arrancabamos o partido con baixas tan importantes como Casal, Javi ou Bareto, pero cun grupo con moitas ganas e moi enchufado. Unha vez mais empezamos dominando o partido, e saindo moi ben as contras, foi nunha destas cando Xurxo nos adiantaba no marcador. Tivemos mais xogadas similares que non soubemos aproveitar, é mais, que nos costaron ocasións, dunha desas contras mal rematadas chegou a falta que daría lugar o empate arzúan, obra de Cristian (Que como Manito a semana pasada en Friol non o celebrou, xesto recoñecido pola afección do Melide). Ainda así o equipo seguiu xogando moi serio, e froito desto primeiro Carlos e despois Manuel de dobre penalti, dabannos a vantaxe de 3-1 o descanso.
Na segunda metade, o equipos seguiu metendo intensidade, pero nesta ocasión co erro das faltas innecesarias, feito que nos levou a colocarnos con cinco en catro minutos, e por se fora pouco co segundo do arzúa. Era un momento crítico pero o equipo soubo saír a flote, primeiro provocando a quinta tamén do Arzúa e posteriormente cun gol de Manuel. Con dous de diferencia, surxiu a figura de Tapi, o que só foron capaces de marcarlle un dobre penalti, de cinco lanzados, o que nos permitiu rematar gañando o partido. Antes do final nos últimos cinco minutos, o partido puido cambiar de guión, xa que por un lado o Melide errou cousas imposibles, Sergi, Manu, Manito, Xurxo..... tiveron mans a man co porteiro, e incluso algunha a porta vacía, e non foron quen de marcar, pero sendo xustos tamén o Arzúa tivo o empate nas súas mans, pero Tapi, os postes e a falta de acerto permitiu que os tres puntos se quedaran en Melide.
As notas positivas, foron moitas. O ambiente de grupo, o retorno de Humberto, a solidaridade de Conde, a segunda parte de Tapi, o partido de Xurxo e Carlos, e de todos en xeral, o inmenso Manuel.........e sobre todo e unha tempada mais A GRADA, Gracias a todos e agardamos seguir contando con vós.
Como negativos. A definición, nalgúns intres as saídas de presión, as faltas....., e algunha outra cousa, que cos tres puntos quedan ensombrecidas.
Asique a seguir currando e a gañar o Sábado en Outeiro de Rei.
Un Saúdo

Fotos Semana Eypar 2010