miércoles, 30 de diciembre de 2009

Currando en Nadal

Pese a que estamos en Nadal e pese a que por diferentes motivos o equipo non puido realizar ningun adestramento nestas datas o clube segue a traballar na promoción do noso deporte.
O Melide Futbol Sala esta a ser o encargado de levar a selección comarcal de Futbol Sala en categorias inferiores. Como dicía antes, con este traballo levado a cabo fundamentalmente polo noso adestrador Tonecho, o clube segue demostrando que ten un proxecto importante e que cada vez ten mais capacidade de convocatoria. Abaixo poñovos unhas fotos do último adestramento antes da selección final ainda que non son de moi boa calidade.
Comentarvos que hoxe esta seleccións enfrontase a de Lugo en Melide a partires das 4 da tarde, e que o domingo viaxa a Ourense. Queda outro encontro fronte a Chantada que ainda non ten data confirmada.
Os encontros de hoxe serán:
As 16:00h. Benxamins
As 17:00h. Alevins
As 18:00h. Infantis
As 19:00h. Cadetes.
Todos os que poidades vir animar os rapazes agradese para que eles tamén se animen.
Remato animando os rapazes que non poideron vir esta semana, como lles dixo o adestrador que non se desanimen porque seguramente pro encontro fronte a Ourense xa conte con eles.
Un saúdo.

miércoles, 23 de diciembre de 2009

Bo Nadal e Feliz 2010!!!!!!!!!!!

Dende o Jim Sports Melide Futbol Sala e eu persoalmente queremos felicitarvos a todos aqueles que de vez en cando pasades por este blog e en especial a todos os que colaborades na sua realizacion. Como digo, a todos que teñades unhas boas festas de Nadal e unha boa entrada no ano 2010

domingo, 20 de diciembre de 2009

Miño, golazo de Sergi e tres puntiños

O Melide encadena a cuarta victoria consecutiva como visitante no que o meu parecer foi dos peores partidos da tempada pero no que conseguimos o triunfo por 6-7. Por certo como vedes sigo fiel a "Titulares Numberto" pero meu cada vez son mais longos.
O encontro comezou cos de Melide costandolles moito acostumarse o parqué, no que se resbalaba en exceso e no que en ningun momento nos sentimos comodos. Nunca vira que o equipo lle costara tanto facer ocasións de feito foron os locales nun balón o segundo poste os que se adiantaron. Este feito non cambiou nada e de feito Piston coa colaboración dun defensor facia o empate cando inda non pasara un minuto. Seguiamos sen estar finos e unha falta de entendemento nunha falta fixo que os de Miño se volveran adiantar e que oubese que volver a remar, costou pero Xurxo denovo coa colaboración dun rival volvia a empatar, e pouco despois Cordi culminou unha boa contra para poñernos por diante por primeira vez no encontro, cun resultado de 2-3 co que chegamos o descanso.
Na segunda xa fomos mais superiores pero seguimos cometendo infinidade de erros defensivos e nunca tivemos o control que estabamos acostumados nas ultimas xornadas. Carlos volveuse aproveitar dun erro visitante e puxo dous goles de diferencia pero que pouco durou xa que denovo no segundo poste volveron acurtar distancias os do Alameda Xario. A partir de aqui tivemos os nosos mellores minutos e Manu Casal aproveitouse delo marcando dous bos goles pero faltaba o mellor xa que Sergi aproveitouse dun gran pase de Guti para de primeiras picala e batir o porteiro local. Nese tempo ademais dos goles erramos un penalti, tiramos dous postes e tivemos varias ocasións. Ainda asi e pese o que pareza non eramos claros donos do encontro e eles tiñas moitas ocasións. O final e froito quizais do relaxamento o Miño marcou tres goles e tamen errou un penalti e un dobre penalti. O resultado final de 6-7 o meu parecer foi xusto, pero non podemos permitir que nos compliquen un encontro deste xeito.
Tonecho sacou de inicio a Angel (19) de porteiro, Fer (6) de peche, Cordido (13) e Manu Casal (11) nas alas e Borja Casal (5) arriba. Tamen xogaron Guti (18), Piston (2), Sergi (8), Manito (9), Humberto (14), Xurxo (16) e Carlos (17).
O mellor xogador esta semana para min e para un dos pouco habituais neste apartado como e Humberto, que fixo un partido como facia moito que non tiña e que pouco a pouco esta a recuperar a confianza.
Con este marcador chegamos o parón de nadal, facemolo de decimos, pero a so tres puntos do cuarto clasificado, pero tamén hai que ter en conta que todos eses equipos que estan hai teñen algun encontro aplazado. Xa faremos outra entrada pero o próximo partido sera na casa fronte o segundo clasificado, o Ribeira Fs o dia nove de Xaneiro.
Un saudo e recordar os xogadores que o martes se adestra, e que o dia 26 de Decembro probablemente se faga a cea de Nadal, que todos sabedes quen ten que pagar.

domingo, 13 de diciembre de 2009

Boqueixon, un triunfo para a afición

Por fin chegou o segundo triunfo na casa logo de moito traballo, e o igual que na vez anterior sufrindo ata o último segundo. O final gañamos 4-3 o Boqueixón
Comezou o encontro como e habitual ultimamente cun gran xogo colectivo do Melide, e xusto cando se cumpria o primeiro minuto Manuel Casal adiantounos no marcador logo dunha gran xogada con seu irman. A partir deses cinco primeiros minutos o Boqueixon foise asentando e facendo o futbol sala que a eles lles interesaba e que nos fixo cometer bastantes erros, esa presión visitante viuse reflectida co empate. Pouco pasaba dos dez minutos e co encontro equilibrado surxiu un golazo de Pistón que logo dun escorzo dificilisimo meteu o balón na escadra dandonos de novo vantaxe e un pouco de tranquilidade, ainda que non a suficiente. Seguiamos cometendo bastantes erros e pillabannos fácil nas contras, so un gran Cristian impediu que nos empatasen antes, de todos xeitos a falta de pouco e logo dun saque de esquina os visitantes facian o 2-2 co que fomos o descanso.
Na segunda metade a saída do Melide non foi tan fulgurante e de feito non creabamos apenas ocasións e ainda que o rival tampouco moitas aproveitou unha xogada aillada para porse por diante no marcador. Era unha situación nova para nos remontar para gañar, pero co plus da grada pouco a pouco fomonos arriba e Manito no segundo pao logo dun bo pase de Piston facía a igualada e daba a confianza necesaria para ir a polo encontro. Nese intre eramos superiores e Sergi facia o cuarto e apostre definitivo logo dunha boa contra. Despois dese gol o Melide tivo varias ocasións moi claras e volveunas desaproveitar, feito que nos puido costar moi caro xa que no último minuto Tapi salvou os tres puntos con duas boas intervencións, nunha axudado por Fer. O final, o importante e que gañamos por fin na casa algo que era de vital importancia posto que os proximos encontros na casa nos seran ata o ano próximo e recibiremos consecutivamente o segundo e primeiro clasificado.
Tonecho formou con Cris (23) na porta, Fer (6) de peche, Manuel Casal (11) na esquerda, Cordido (13) na dereita, e B. Casal (5) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Perez (3), Sergi (8), Manito (9), Xurxo (16) e Carlos Quini (17).
O xogador mais destacado esta semana voullo dar a Sergi Monterroso, porque ademais do gol do triunfo leva duas xornadas dandonos o futbol sala que todos sabemos que ten dentro.
A proxima semana o equipo viaxa a Miño para enfrontarse o Alameda Xario, será o sabado as 17:00h.
Mención a parte unha semana mais para a afición que ven o pavillón cada sabado, cada día somos mais e cada vez con mais gaña de animar. O ambiente dos últimos dez minutos para min foi espectacular e iso e algo que temos que agradecer sempre.
Esta semana ademais vou destacar a xente que aqui case nunca fago mención e que penso que son basicos no proxecto. Neira, Conde, Baby (seguide facendo o esforzo de vir os partidos porque se agradece),Maria, Alfonso, Brais, Patri, Rober, Sergio.......,Gracias e a seguir currando. Por certo, antes de rematar, vou pedir un favor a persona coa que vin a primeira parte e que polo que me dixo suele leer este blog, asique gustariame que deixases un comentario de como ves as cousas, xa que a todos os que estamos no "tejedillo" este do Melide nos encanta a tua forma de ver este deporte, e todas as aportacións son sempre benvidas.
Un saudo
............................................................................................................. Resultados Xornada 13
S.I. Outeiro de Rei - Jogafán Ordes F.S. (2-2)
C.F.S. Castro - Troula F.S (6-2)
Concello de Arzua - Loterías Mexillón de Ouro (3-2)
Ventorrillo Caixanova - C.P. Casás (9-3)
F.S. Cedeira - Peugeot Vilalba F.S. (4-3)
Jim Sports Melide F.S. - Boqueixón F.S. (4-3)
Burela Turística - F.S. Alameda Xarío (Aplazado)
Hotel Torques Mera - Club Ribeira F.S (7-3)
............................................................................................................. Partidos Xornada 14 (19/12/09)
Jogafán Ordes F.S. - Hotel Torques Mera
Troula F.S - S.I. Outeiro de Rei
Loterías Mexillón de Ouro - C.F.s. Castro
C.P. Casás Concello de Arzúa
Peugeot Vilalba F.S. - Ventorrillo Caixanova
Boqueixón F.S. - F.S. Cedeira
Alameda Xarío - Jim Sports Melide F.S.
Club Ribeira F.S - Burela Turística

domingo, 6 de diciembre de 2009

Vilalba, 3 puntos e goles a mansalva!!!!!

Trece goles se puideron ver a tarde do sabado en vilalba, obtendo o Melide tres novos puntos e xa van nove consecutivos como visitantes nesta ocasión por 5-8.
O arranque do encontro xa facía presaxiar unha tarde de goles poste que na segunda xogada Borja Casal collia o balón no medio do campo e logo de avanzar uns metros pegou un "pepinazo" axustado o poste que nos daba vantaxe. Unha vantaxe que durou pouco posto que un minuto despois os locais lograban o empate. Partido equilibrado no marcador pero con dominio claro do Melide froito do cal Sergi primeiro e logo Borja Casal nunha gran xogada de falta poñian o un a tres no marcador. Con ese resultado os de Tonecho seguiron empuxando e en un minuto lanzaron tres tiros o poste que nos ouberan dado tranquilidade pero o Vilalba nun saque de corner volveu a acortar distancias. Nese intre o partido estaba un pouco tolo e ainda quedaban 10 minutos para o descanso pero unha gran xogada do Melide, cun pase de "Andres Piston" Cristian volvia a ampliara diferencias, e pouco despois Xurxo convertia unha gran triangulación no quinto dos visitante. Os vilalbeses recurtaron de novo e fomonos o descanso con 3-5 e sensación de dominio, pero ainda asi, Super Angelito tivo tres grandes intervencións.
Na segunda metade e salvo cinco minutos as sensacións foron moi similares e Manuel facia o sexto que eles volveron recurtar pouco despois. Con 4-6 o marcador mantivose ata falta de cinco minutos cando denovo Manuel e tamen Sergi poñian o 4-8. Faltando vinte segundo o vilalba facia o quinto e defintivo.
O Melide comezou con Angel (19) na porteria, Fer (6) de peche, Sergi (8) na dereita, Manuel Casal (11) na esquerda e Borja Casal (5) en punta. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Perez (3), Cristian (7), Manito (9), Humberto (14) e Xurxo (16).
No de mellor xogador destaco a todo o grupo, cada dia melloran no xogo e entendese mellor, e tamen a Humber e Angel que ainda que levaban bastante sin xogar e fixeron un partido o nivel de todos.
A proxima semana o Melide recibe na Martagona as 19:00h o Boqueixon, equipo que esta por encima nosa na clasificación pero fronte o que ai que dalo todo para tentar dar por fin unha alegria a toda a xente que nos ven apoiar e que non nos ven gañar dende o derbi fronte a Arzua.
Un saudo.
.............................................................................................................
Resultados Xornada 12
S.I. Outeiro de Rei - Hotel Torques Mera (2-3)
Jogafán Ordes F.S. - C.F.S. Castro (7-6)
Troula F.S - Concello de Arzua (Aplazado)
Loterías Mexillón de Ouro - Ventorrillo Caixanova (4-7)
C.P. Casás - F.S. Cedeira (4-3)
Peugeot Vilalba F.S. - Jim Sports Melide F.S. (5-8)
Boqueixón F.S. - Burela Turística (Aplazado)
F.S. Alameda Xarío - Club Ribeira F.S (1-9)
.............................................................................................................
Partidos Xornada 13 (12/12/09)
S.I. Outeiro de Rei - Jogafán Ordes F.S.
C.F.S. Castro - Troula F.S
Concello de Arzua - Loterías Mexillón de Ouro
Ventorrillo Caixanova - C.P. Casás
F.S. Cedeira - Peugeot Vilalba F.S.
Jim Sports Melide F.S. - Boqueixón F.S.
Burela Turística - F.S. Alameda Xarío
Hotel Torques Mera - Club Ribeira F.S

Fotos Semana Eypar 2010