miércoles, 5 de diciembre de 2012

Xornada 12: Melide fs - Xove fs

Partido disputado no Pabellon de Melide ante un equipo da parte alta da tabla, bastante coñecido pa nos xa que nos enfretamos o ano pasado con el en Copa e duas veces en Autonomica, sempre con victorias nosas.

En canto o Melide fs cabe destacar a volta o equipo de Borja Casal e Tapicero ambos despois de cumplir sancions. No apartado das baixas non puidemos contar con Guti por lesión e Manu por sanción, ambos estaran preparados para axudar o equipo despois do paron.
No que se refire o partido, o Xove e un equipo moi veterano, con xogadores con moita experiencia nesta categoria e alguns incluso mais arriba. O plantexamento inicial do Melide foi igual que os ultimos partidos, defensa moi cerrada, colocada 4-5 metros por detras da liña do medio do campo, procurando deixar os menos ocos posibles e buscando o contrataque. O Xove encontrouse moi a gusto con esta defensa, por ser un equipo o que lle gusta ter a posesion do balon, que non arriesga balons, que sempre busca opcions claras de tiro e levar o ritmo do partido, a pesar disto o Melide xa esperaba isto asi que nun principio encontrouse comodo no partido. Pero pouco a pouco o Xoves comezou a encontrar tiros claros anque lonxanos, concedendo o mesmo tempo poucos contrataques que o Melide poidera aproveitar, e asi no minuto 6 aproximadamente lograron o 0-1 despois dun tiro cruzado, e poucos minutos despois outro tiro cruzado do mesmo xogador esta vez despois dun rebote puxo o 0-2, ambos os dous goles en xogadas moi parecidas en pequenos desaxustes na defensa. O partido pintaba moi mal, pero nunha xogada aislada o Melide fs puxo o 1-2 nunha xogada de corner obra de Dani, polo que nos volviamos a meter no partido, pero este gol foi un espexismo xa que o Xove marcou o 1-3 despois dun erro de marcaxe noso no segundo pao. A falta de 2 min chegou o 1-4 nunha falta de entendemento entre a defensa do Melide e posterior desentendemento entre o ultimo defensa e o noso porteiro, polo que o descanso a cousa pintaba moi mal.
Comezou a segunda parte sen grandes cambios, o Xove seguia o seu e o Melide non parecia ter reaccion, e asi durante os primeiros 10 min da segunda parte, anque o Melide neste tempo tamen mantivo a porteira a cero a pesar do bon xogo do Xove, que pouco a pouco empezou a relaxarse posto que o partido parecia cerrado, asi que o Melide empezou a entrar algo mais en xogo e a chegar algo mais a porteira do Xove mais por forza que por xogo,e asi nun tiro exterior Sergi colleu o rechace e colocou o 2-4, polo que se abria unha esperanza a falta de 3-4 min, e foi neste momento no que o Melide fs meteu porteiro-xogador en busca de acercarse o marcador, pero non resultou, crearonse moi poucas ocasions acompañado de imprecisions nos pases, en parte a boa defensa do Xove. Xa sen porteiro-xogador nun roubo en media pista despois dunha boa presion Borja Casal puxo o 3-4, que xa seria o resultado final posto que so quedaban 12 segundos.
Conclusions positivas deste partido, que o Melide non sufriu un baixon na segunda como na maioria dos partidos, que fomos capaces de manter a porteria a cero na segunda parte, e que a pesar da superioridade do Xove  non nos dimos por vencidos ata o ultimo segundo.
Cinco inicial: Tapicero, Fer, Perez, Sergi e Peke
Tamen xogaron: Borja C., Dani, Manito, Carlos, Javi, Oscar e Xurxo.
Esta semana non ai liga, asi que non volveremos xogar ata o 15 de Decembro donde visitaremos o Carballiño fs, un rival da zona baixa da tabla
Un saudo. AUPA MELIDE FS!!

Fotos Semana Eypar 2010