domingo, 25 de marzo de 2012

Mala Tarde

Mal partido, e sobre todo moi aburrido o que se xogou este sabado entre o Eypar Melide e o Leis Pontevedra, que rematou co triunfo visitante por 3-4. Foi un encontro estrano, no que o Leis xogou os 40 minutos con porteiro xogador, e no que o Melide tivo momentos no que o controlou e outros nos que por falta de intensidade fomos incapaces de facelo. Ainda así rematamos a primeira metade con 2-1 a favor gracias a dous goles de Manu, renda que se viu ampliada o saír dos vestiarios con un gol de Borja, a partires de ahi, perdemos un pouco de chispa en defensa e o Leis variou o seu ataque de 5, xogando moito cun home metido entre liñas e co que conseguiu superioridades moi fáciles que o levaron a remontada. Ainda así nos últimos dous minutos o Eypar Melide tentou a igualada e mesmo tivo un tiro o poste pero fomos incapaces de lograr a igualada. Temos que repoñernos deste encontro e ir a vindeira semana a Ourense con todas as gañas de recuperar o noso xogo, e tentar traer un resultado positivo. Un saúdo.

domingo, 18 de marzo de 2012

Seguimos medrando

Segundo triunfo consecutivo en copa, e terceiro dos últimos catro partidos. Esta semana foi en Xove por 3-4. Non podo comentar excesivas cousas do encontro, pero polo que me comentaron gran primeira metade na que desaproveitamos moitas ocasións e nos fomos con un 1-3 os vestiarios, a volta non estivemos tan finos e os locais chegaron a empatarnos a tres. Por sorte un último gol do Eypar Melide FS por medio de Borja permitiunos por primeira vez en toda a tempada conseguir puntuar fora da casa. Agardemos que Tonecho ou Sergi, ou algún dos que foron o encontro e entran de vez en cando por aquí nos contén algo mais. A vindeira semana recibimos o Sábado en Melide o Leis Pontevedra a partir das 19;00 hrs, agardamos contar unha semana mais con todos os ánimos que sempre temos dende a bancada. Un saúdo

domingo, 4 de marzo de 2012

Gran arranque de copa

Este sábado arrancaba a competición de copa para o Melide FS e faciao con triunfo por 5.3 fronte o Mera FS.
Partido moi completo do Eypar Melide Fs, quizais o mellor do que levamos de tempada, con boas defensas, e con criterio cando tiñamos o balón. Comezamos ben e reflectiuse con dous goles de Casal. Pouco antes do descanso o propio Casal fixo o terceiro. Antes deso os visitantes marcaran en dous tiros lonxanos nos que un rebote e a acumulación de xogadores impediron a Rubén facer mais.
Na segunda metade volveunos a costar entrar no encontro e o Mera tivo un par de ocasións, pero pouco a pouco volvimos a mellorar e asi Casal completaba o seu poker particular. O Mera seguia a facer o seu xogo vistoso, e nunha boa combinación acurtaban diferencias cun remate no segundo pao. Foi a falta de 6 minutos para o final cand Sergi logo dunha gran xogada individual facía o apostre definitivo 5-3. De ahi o final o Mera usou o porteiro xogador, pero a gran defensa dos locais impediulles acurtar distancias.
Esta semana se toca destacar, ai que facelo con unha persoa, que é Casal que ademais dos catro goles, fixo un gran traballo en defensa, e en algo que me parece ainda mais importante que é de motivador dentro do grupo. Tamén destacar a Manito que nas últimas semanas xogando de peche volve a ser o Manito que todos coñeciamos, e sen que sirva de precedente e xa que normalmente soe levar moita leña, tamén o Mister, que decidiu agardar o Mera a media pista cambiando un pouco o dos últimos días e saiulle perfecto.
Antes de rematar o capítulo de destacados, super mención a GRADA, e algo espectacular o desa xente, en serio non e fácil de agradecer, solo o intentamos co noso esforzo, de verdade, MOITAS GRACIAS
A vindeira semana toca descansar, e a próxima visitaremos o Xove, un dos grandes favoritos na copa, pero temos que ir coa idea de dalo todo e coa mesma intensidade dos últimos partidos.
Un saúdo

Fotos Semana Eypar 2010