domingo, 15 de abril de 2012

Xogo regular....gran resultado

Triunfo por 8-3 no encontro disputado este sábado fronte o Cidade de Viveiro en Melide. Marcador xusto xa que o Eypar Melide Fs non deu ningunha opción o rival. Comezou o partido co Melide agardando en media pista e co encontro equilibrado pero a partir dos dous minutos de xogo comezou a presión a toda a pista e pouco a pouco comezou a surtir efecto e chegamos a poñernos con 3-0 e outras ocasións. Solo oubo un amago de reacción con un gol do Viveiro pero o Melide volveu a reaccionar marcando outros dous goles poñendo o 5-1. A falta de dous minutos para o descanso, por relaxación o Viveiro meteuse no encontro marcando o segundo e errando un dobre penalti a falta de 2 segundos que puido complicarnos a vida. Na segunda metade, como é habitual comezamos bastante mal e os visitantes maracaron o terceiro pero pouco a pouco volvemos o ritmo anterior e ampliamos a vantaxe ata o 8-3 final. Podemos dicir como conclusión que sen ser un bo encontro fomos netamente superiores, e penso que si necesitaramos algo mais podiamos ter subido un punto de intensidade. Destacar por segunda xornada consecutiva a Nando, que está rematando moi forte a tempada. Tamén dar ánimos a Manu que leva un par de semanas lesionado, e para o que se acabou esta tempada. A vindeira semana remata a tempada para o Eypar Melide FS e faino xogando no barco fronte o Pizarras Tres Cuñados. Ainda que é case imposible, viaxamos a ese encontro coa obriga de gañar para ter algunha mínima opción de ser campións, que ainda existen xa que o Leis empatou esta xornada e dependeríamos dunha derrota ou dun empate do Pizarras en Mera na última xornada. Un saúdo.

Fotos Semana Eypar 2010