domingo, 23 de octubre de 2011

Incontestable

Incontestable dominio o exercido polo Bembrive nesta xornada fronte o Melide en todos os aspectos do xogo, sendo superiores de principio a fin e endosandonos un 12-3 final.
Comezamos o encontro moi frios, recordando a primeira parte do debut e os locais en cada chegada facian gol, asi o descanso o encontro xa estaba sentenciado con seis cero. Mais ainda cando a saida dos vestiarios encaixamos dous goles en menos de un minuto. Foron a partir dese intre os mellores minutos do Melide con presión a toda pista, marcando dous goles e tendo outr par de ocasións moi claras. Ainda así o Bembrive, pediu un tempo, rearmouse e volveuse a mostrar moi superior. Destacar a algún xogador logo dunha derrota asi e complicado, pero de facelo sería a Javi e sobre todo a Peke que xogou os seus mellores minutos no Melide FS.
A vindeira semana descansase, pero ainda así o mercores agardemos estar todos no entreno, que como podemos ver semana a semana temos moito que traballar.
O vindeiro rival será en Melide en 15 dias o pizarras los tres cuñados.
Un saúdo.

domingo, 16 de octubre de 2011

Oportunidade perdida

Penso que ese e o mellor resumo do ocurrido este fin de semana no encontro do Melide Fs, que se saldou coa derrota final por 5 -9 fronte o pazos de borbén.
Comezamos cunha intensidade que facia presaxiar so cousas boas, e asi no minuto 3 estabamos a gañar por 3-1, con doblete de Perez e un gol de Manuel, e tiveramos tres mans a mans co porteiro. O gol visitante chegou nun erro defensivo. A partir de mediado o primeiro tempo, o equipo comezou a desdibuxarse e a perder intensidade na presión, co que non nos permitia crear contras, e polo tanto non creabamos perigo, mais ben todo o contrario, era o rival o que se asentaba no campo e pouco a pouco faciase superior. Asi, a falta de 1 minuto para o descanso conseguian igualar a 3 o marcador, ainda asi, o Melide, con gol de Xurxo foise con vantaxe o descanso e coa sensación de que os tres puntos eran posibles.
Pero o segundo tempo foi outro mundo, en ningún momento tivemos intensidade, nin claridade de ideas, recordamos o equipo da primeira parte en Vilamartin, e o rival xogou facil o seu futbol sala, ata que se puxo por diante. A partir de ahi, do 4-5 o equipo volveu a notar nervios e ansiedade, e non soubo como afrontar eses minutos. Agardemos na vindeira oportunidade resolvelo mellor.
A proxima semana visitaremos Bembrive.
Un saúdo.

domingo, 9 de octubre de 2011

Toma de contacto

Por fin, logo de varios meses de espera, arrancou a nova andaina do Melide Futbol Sala na terceira división de futbol sala (cuarta division nacional ou antiga primeira B) no que significa o punto de partida dun proxecto a medio plazo moi ilusionate. Como era de agardar o debut non foi doado, senón todo o contrario. Rendimos visita o Concello de Vilamartín, conxunto claramente asentado na categoría e que nos gañou por 6-2 sendo superior en gran parte do encontro. Comezou o partido equilibrado, e con ocasións para o Melide, duas delas moi claras, a primeira nunha contra, e a segunda nunha xogada de estratexia que non soubemos aproveitar. Pola contra os locais nos dous primeiros tiros a porta demostraron o seu oficio e colleron distancia no marcador. Foi o peor momento, xa que se notou que eramos novatos na categoría, puideronnos os nervios e o equipo descompuxe en defensa chegando a encaixar ata o 5-0. Xunto antes do descanso Sergi acurtaba distancias e parecia con ese gol tranquilizarnos un pouco. Na segunda metade o encontro foi distinto, pese o dominio local non foron capaces de ampliar a ventaxe. Ahi, mediado o segundo periodo tivemos un intre de esperanza, xa que Peke coa axuda dun rival puxo o 5-2, e nas seguintes duas xogadas puidemos acortar distancias. Foi a falta de dous minutos cando o Vilamartir transformou o doble penalti que puxo o 6-2 definitivo. Destacar como mellor xogador do encontro a Tapy, que fixo unha segunda parte para enmarcar, e en xeral as gañas que puxeron todos os xogadores logo dun desplazamente de case 2 horas. Tamén salientar moi positivamente o debut das duas incorporacións, Rubén e Oscar e do novo delegado do clube Micho. A vindeira semana producirase o debut como locais, será en Melide as 19:00hrs fronte o Pazos de Borbén F.S, que según comentarios e un dos claros favoritos na liga, asique agardamos a axuda de todos unha semana mais nesta nova andaina. Un saúdo.

Fotos Semana Eypar 2010