domingo, 30 de enero de 2011

Outro pasiño

Novo triunfo do Melide Fs na tarde do sábado fronte o Friol por 9-3.
Comezou o encontro de xeito inmellorable para os locais con gol de Xurxo os dez segundos, e con varias claras ocasions. Pero nunha contra o Friol igualaba o encontro e poñia os nervios no Melide Fs, que pese o segundo de Manuel non daba boas sensación e os visitantes conseguiron volver a igualar o encontro. De ai ata os ultimos cinco minutos o equipo estivo, espeso, inseguro e falto de gañas, pero foi nese momento cando Quini facia o terceiro e todo cambiaba, Casal faria dous mais antes do descanso.
No segundoo tempo o xogo do Melide foi moi bo, buscando continuas combinacións e sendo moi superior o Friol. Certo e que Tapi tamen estivo nunha gran liña neste segundo tempo evitando moitos goles. O resto dos goleadores, foron de novo Casal, Manu e tamén Peréz e Sergi.
A vindeira semana comeza o noso mes clave enfrontandonos a todos os equipos que nos seguen na clasificación, e faino cun derbi en Arzúa. Sera no pavillon do Viso as 6 da tarde. Agardamos contar co apoio de todos os posibles, para poder seguir loitando ai arriba.
Un saudo

domingo, 23 de enero de 2011

Triunfo en Xove

Tres puntos importantisimos os colleitados polo Melide Fs, na tarde do sábado na costa lucense o imporse o xove por 5-7.
Partido moi complicado, no que o Melide foi sempre a remolque no marcador pero nunca se foi do encontro. Ata o 4-5 nunca estivemos por diante. A falta de un minuto o Xove conseguiu a igualada aproveitandose do porteiro xogador, pero ainda así o Melide soubo reaccionar e levarse o triunfo final. Triunfo importantisimo que nos manten cuartos a tres puntos do segundo e cinco do lider.
Os goleadores foron Sergi (2), Xurxo, Quini, Javi, Casal e Nando que se estrenou no seu redebut despois de tres anos.
A vindeira semana recuperamos o horario habitual en Melide as 7 da tarde fronte o Friol. Encontro como todos os que quedan importantisimo e no que agardamos seguir contando coa numerosa afición que sempre nos ven apoiar.
Un saúdo.

domingo, 16 de enero de 2011

Seguimos ahi.......

Gran triunfo o conseguido polo Melide Fs, na tarde deste sábado no encontro aplazado da primeira xornada con un marcador de 5-2.
Dos mellores encontros en conxunto o disputado polo equipo, ademais co aliciente de que enfrontre tiñamos un equipo que e dos que mellor move a pelota da categoría. Comezamos como sempre tendo ocasións claras pero non foi ata mediado o primeiro tempo cando Quini conseguia abrir o marcador con un gran toque de exterior. Pouco despois Sergi poñia o 2-0, pero unha semana mais as faltas fixeronnos moito dano, e ainda que Tapi detivo dous dobles penaltis, o terceiro entrou facendo o 2-1 co que chegamos o descanso.
Na segunda, volvemos a entrar fora do encontro, e o Xove igualou e incluso se puido adiantar no marcador , pero surxiu un inesperado goleador, Peréz, que de cano o porteiro nos poñia en vantaxe de novo. Pese o gol o Melide seguia desaproveitando moitas ocasións e Tapi seguianos salvando a base de grandes paradas. Foi Bareto o que fixo o cuarto de falta directa. O último gol foi obra de Sergi, logo dunha gran xogada.
Destacar a alguén despois deste encontro e dificil, xa que todos estiveron a gran altura, pero sobre todo a Tapi, o reencontro de Sergi, e a defensa impresionante de Quini, que correu como había moito non facía.
Con este encontro remata a primeira volta co equipo cuarto a seis puntos do lider, e ademais tendo que recibir os tres que nos preceden na clasificación en Melide, asique será no noso pavillón onde nos temos que facer fortes.
A vindeira semana o Melide repite o enfrontamento desta semana , pero neste caso será en Xove, nun encontro decisivo para o futuro da liga.
Un saúdo.

domingo, 9 de enero de 2011

Volta con derrota

Rematou a boa xeira do Melide FS na tarde deste sábado o caer derrotado por 9-6 na pista do La crema de Negreira.
Partido con duas partes claramente diferenciadas, a primeira na que o Melide foi superior pero incapaz de materializar o seu dominio en goles, e errando cousas imposibles e que so permitiu irse o descanso con empate a catro goles, e unha segunda na que os locais mereceron o triunfo como asi se concretou o final.
Os goles do Melide Fs foron de Manuel (3), Borja Casal (2) e Fernando.
O próximo sábado ainda que a liga para o Melide ten enconttro, e vital, será o aplazado fronte o Xove, con un cambio de horario habitual, sera as 6 da tarde do Sábado no polideportivo municipal de Melide.
Agardamosvos a todos, neste encontro tan vital po trancurrir da liga.
Un saúdo.

Fotos Semana Eypar 2010