domingo, 27 de marzo de 2011

Gran tarde.........e gran noite

Triunfo cómodo e moi merecido do Melide Fs fronte o Casas por 7-1, nun encontro dominado polos locales en todas as súas fases.
Comezamos un pouco frios e costandonos facer ocasións, ainda así Borja no minuto 4 poñíanos en vantaxe, e pouco despois foi Manuel o que ampliou a renda. O dominio era moi claro e solo algunha que outra contra parecia asomar algo de perigo. Antes do descanso Carlitos estreabase como goleador do Melide Fs facendo o terceiro.
No segundo tempo volvemos a sair un pouco frios, pero ainda asi con ocasions. Foi nunha contra do Casas cando acurtou distancias e parecia que se quería meter no encontro. Pouco durou ese espellismo, xa que primeiro Fer, e despois Xurxo ampliaban vantaxe. Xa co Casas xogando con porteiro xogador, cerraron a goleada Manuel e Borja Casal.
Destacar neste encontro a dous dos que menos minutos teñen, pola súa xuventude, pero que onte amosaron estar preparados para cando se necesite, que foron Peke e Carlitos.
Ah, e non me quero esquecer da parella de feito Sergio -Bloquín, que demostraron que con eles no banco o equipo funciona.
A vindeira semana o Melide recibe o lider, o Pombo, nun encontro no que necesitamos todo o apoio dende as bancadas para tentar quedarnos cos tres puntos e seguir nos postos de arriba.
Un saudo

domingo, 13 de marzo de 2011

Volta a senda

Despois de tres derrotas consecutivas, o Melide FS conseguiu romper a súa xeira negativa na tarde deste sábado fronte o Noia gañando por 8 goles a 3.
Ainda que non suelo entrar nestas polémicas, antes de facer o pequeno comentario do partido gustaríame dicirlle a todos esos anónimos que din que non oubo entrada pola derrota da semana pasada, que estan moi equivocados. Este blog leva tres anos funcionando de xeito ininterrumpido, durante este tempo oubo mais derrotas que triunfos, e sempre oubo entrada, a excepción de dúas semanas, a primeira por un problema que tiveramos que non podiamos publicar e esta por falta de tempo meu. De todos xeitos agradezovos o voso seguimento e preocupación por este espacioo e polo clube do voso pobo.
En canto o encontro, gran resposta do Melide Fs a situació na que se encontraba, facendo para min os mellores primeiros cinco minutos de tempada, e poñendose dous a cero con goles de Sergi e Manu. Pouco a pouco o dominio local foi baixando e o Noia metendose no encontro, ainda así soubemos aguantar e irnos o descanso con 3-1, este terceiro gol obra de Manito.
Na segunda metade, faltounos saber matar o encontro o principio, e fomos incapaces de abrir distancias ata mediado ese periodo, cando Peke se estreou como goleados do Melide Fs, logo dun gran pase de Carlitos. Nese intre, e a falta de oito minutos o Noia arriscou sacando o porteiro xogador, e ainda que acurtaron distancias, o Melide fixo unha gran defensa e culminou a goleada. O Resto dos goles foron dous de Borja e outros dous mais de Manu.
Destacar o compromiso desta semana por parte de todos, e o partidazo de Fer, simplemente impresionante. Tamén a comentar a gran primeira parte de Sergi e a confianza de Tapi, que volveu a ser o de fai unhas semanas.
Agradecer unha vez mais a xente unha vez mais que nos veu a ver o pabillón.
A vindeira semana o conxunto Melidense desplazase ata Burela, coa idea de volver a acadar un bo resultado.
Un saúdo.

Fotos Semana Eypar 2010