lunes, 21 de junio de 2010

Confirmacións

En primeiro lugar pedir desculpas, pola falta de dedicación ultimamente a este espazo e agradecervos a todos os que seguides entrando para mantelo vivo.
Hoxe toca día de primeiras confirmacións.
A primeira e moi importante para nos, a confirmación dun dos patrocinadores principais que ademais dará nome a competición. "Semana EYPAR de Futbol Sala"
A segunda, pero non por elo menos importante e a confirmación dos equipos de división de honor participantes:
- Autos Lobelle de Santiago
- Azkar Lugo
- Marfil Santa Coloma
- Reale Cartagena Futsal.
A maiores destes catro está case cerrado un quinto equipo pero polo de agora non vou a dar o nome ata non o ter o cen por cen.
Tamén a nivel feminino confirmamos a dous equipos de división de honor:
- Burela FS
- Cidade de As Burgas
Como dicía na anterior entrada hai moitas mais cousas case confirmadas, pero sede pacientes, agardade ata o luns vindeiro.
Antes de finalizar vou a confirmar para a xente de Melide que este ano a presentación do clube local será o Sábado 14 de Agosto fronte o Autos Lobelle de Santiago.
Un saúdo e agardo que sigades informandovos por aqui.

Fotos Semana Eypar 2010