viernes, 31 de octubre de 2008

1º Aniversario

Maña cumplese o primeiro ano compartindo este blog con información do Melide Futbol Sala.
Fago esta entrada por varios motivos, en primeiro lugar para agradecer as 13000 veces que alguen se acercou por aqui, e mais especialmente se cabe a todos aqueles que deixan algun comentario xa que fan que isto sexa mais ameno e nalguns casos fan mellorar certos aspectos da paxina.
Sen mais, deixovos un video da festa que se viviu o ano pasado na cena de final de tempada, teño mais pero a verdade e que non os subo porque non sei como quedarian as nosas reputacions jeje. Esto e unha proba do ambiente que se vive no equipo iso que o ano pasado as cousas non estaban a sair, asique imaxinadebos como pode ser o de este ano. Agardemos que maña siga a festa e o poidamos seguir celebrando.
Un saudo

domingo, 26 de octubre de 2008

Mal partido pero.... LIDERES

Pouco podemos destacar do partido deste fin de semana quitando o mais importante, que e que se conseguiu o triunfo e que con eses tres puntos o Melide F.S colocase lider en solitario da Autonomica Norte.
O partido non foi o mellor do Melide Fs como conxunto nin de moita xente en particular pero ainda asi soubose sufrir e conseguir a victoria. Por primeira vez esta tempada empezamos perdendo cun gol do Laracha na sua primeira chegada clara, pero foi por pouco tempo xa que a saida dun corner a estratexia surxiu efecto e Diego conseguia empatar o partido. Pese a que estabamos a dominar con certa solvencia tardou en chegar o segundo obra de Cordido no que foi o mellor gol da tarde logo dunha gran combinación con Manito. Cando xa parecia que ese ia ser o marcador o descanso un erro de concentracion faltando menos de un minuto fixo que o Laracha puxese o 2-2, pero como a semana pasada o equipo respondeu da mellor forma posible, cun gol de Portos que facia o 3-2 co que si se chegaba o descanso.
Na reanudación os visitantes comezaron a presionar dende o minuto un complicandonos moito a vida e froito desa presion conseguir chegou de novo o empate. Nese intre a cousa o certo e que non pintaba moi ben pero volveu a aparecer Diego para dun gran zurdazo logo dun gran control volver a poñernos en vantaxe. Con este resultado chegouse os ultimos dous minutos pero ahi empezaron a pasar cousas cada intre, primeiro Cristian facia o 5-3, os visitantes o 5-4 e polo medio apareceu o arbitro para inventarse algun dobre penalti ainda que hai volveu a aparecer Tapi evitando que lle marcaran ningun dos tres que lanzaron, e xa para rematar Cristian marcaba o 6-4 final aproveitando o unico lanzamento de 10 metros que tivemos.
Baby puxo de inicio a Angel (12) de porteiro, Humberto (14) de peche, Cristian (7) e Iván (10) nas alas e Piston (2) arriba. Tamén xogaron Tapi (1), Garimbas (3), Diego (4), Bareto (5), Manito (9), Cordido (13) e Portos (15).
No apartado de mellor xogador non vou a destacar como fago sempre o bo xogo do equipo senon que penso que o fundamental foron as individualidades, en especial baixo o meu punto de vista Tapi, Diego e Cordido.
A vindeira semana o equipo visita o Castro, actual colista da categoria pero fronte o que non debemos confiarnos se non queremos levar algunha sorpresa desagradable.
No que se refire os xuvenis esta semana descansaron co que baixaron o sexto posto da clasificación ainda que teñen que pensar que estan empatados co terceiro e a so tres puntos do segundo. Este proximo sabado visitan o Guitiriz, rival que segun a clasificación tamen deberia ser absequible pero agardemos que non se confien.
Un saudo e sorte os dous equipos.

domingo, 19 de octubre de 2008

In extremis

Triunfo importantisimo o logrado este sabado polo Jim Sports Melide F.S na pista do Cidade de Narón e non so polos tres puntos senon tamén no aspecto psicoloxico.
O encontro estivo dominado na maioria do mesmo polo equipo local que tivo bastantes ocasións pero que Tapi soubo desbaratar de xeito atinado. Ainda asi, pese o dominio non tardou en aparecer Cristian para nunha rapida contra marcar o 0-1, que teria continuación minutos mais tarde co segundo obra de Chino que no segundo tempo acabaria mancado. Con cero dous no marcador, chegou un erro restando tres minutos para o descanso que o Narón soubo aprobeitar para recortar distancias pero que na seguinte xogada e nada mais sacar de centro Diego contrarestou marcando o 1-3 co que se chegaria o descanso.
Na reanudación o Melide apenas tivo ocasións en ataque e encaixou o 2-3 que apostre seria definitvo bastante pronto, pero ainda asi fixo unha gran defensa en EQUIPO e contou denovo cun gran Tapi que permitiu traer os tres puntos para Melide ainda que non sen polemica xa que o Narón sacou un corner restando cinco decimas de segundo que logo dun rexeite acabou en gol pero que loxicamente o colexiado non deu validez por estar fora de tempo.
Baby comenzo o encontro con Tapi (1) de porteiro, Rober (6) de peche, Cristian (7) e Manito (9) nas alas e Ivan (10) arriba. Tamen xogaron Angel (12), Piston (2), Garimbas (3), Diego (4), Bareeto (5), Chino (8) e Humberto (14).
O xogador mais destacado o meu entender nesta xornada doullo a Tapi e non so polas paradas que fixo senon porque e o noso primeiro atacante co gran saque que ten, e cando digo saque non e porque coma moito que tamen jeje.
Esta victoria colle ainda mais importancia se pensamos que o lider, o Boqueixon encaixou un 6-1 en Rianxo o que nos permite estar colideres e logo de xogar co actual lider e terceiro clasificado.
A vindeira semana recibiremos en Melide o Laracha Novolux as cinco e media da tarde asique unha vez mais agardamos a presencia da afición.
A nota negativa da xornada puxerona os xuvenis que perdero por 9-1 fronte o Autos Lobelle de Santiago, pero que seguro que se recuperan pronto ainda que non podera ser para a seguinte semana xa que descansaran.
Un saudo e ENGANCHATE O FUTBOL SALA.

domingo, 12 de octubre de 2008

Tarde máxica

Espectaculares os resultados acadados polo Melide Fs nesta fin de semana no pavillon da martagona.
Os primeiros en comezar foron os seniors que se enfrontaban co Outes, equipo descendido de nacional e que chegaba a Melide coa vitola de lider pero que topou de fronte cun EQUIPO que en todo momento fixo gala dunha gran concentración e cunha gran defensa que fixo que os visitantes apenas gozaran de oportunidades de gol.
O encontro puxose de cara pronto cun gol de Cristian no minuto tres o que deu mais confianza se cabe. De novo Cristian logo do rexeite dunha falta facia o segundo. Nese intre chegaron os peores momentos do equipo na primeira metade pero que se solventaron con certa tranquilidade e mais ainda logo dos goles de Cristian de novo, Cordido e Chino que deixaban un 5-0 o descanso incrible.
Na segunda metade o equipo seguiu igual de concentrado e Piston e Bareto fixeron o 7-0. Chegado ese momento o arbitro tamen quixo participar da festa e inventouse o menos dous dos tres dobres penaltis que foron os que supuxeron os tres goles visitantes. Para cando estes marcaron o ultimo Diego xa deixara as cousas claras facendo o oitavo do Melide para un marcador final de 8-3.
O Melide Fs comenzou con Tapi (1) de porteiro, Manito (9) de peche, Cristian (7) e Ivan (10) nas alas e Piston (2) arriba. Tamen xogaron Angelito (12), Diego (4), Bareto (5), Rober (6), Chino (8), Cordido (13) e Portos (15).
O xogador mais destacado penso que foi o traballo de todo o grupo pero de destacar a alguen faria con Cristian polo segundo hat-trick consecutivo e a Cordido.
A vindeira semana viaxaremos a Narón un rival dificil na que nos últimos tres anos non conseguimos puntuar. agardemos que este ano cambie a xeira.
Logo de vivir un partidazo dos seniors vivimos un repartidazo dos xuvenis, que se enfrontaban segun comentarios a dos rivais duros, de feito antes de empezar Tonecho comentoume que ian ser complicados pero ou tiñan baixas ou o outro dia non estaban no encontro ademais de encontrarse de fronte a un equipo superconxuntado. O resultado foi de 8-2 a prol dos melidenses con goles de Kike en tres ocasions, Xurxo dous, Sergi dous e Fernando. Foron 8 pero se o necesitaran poderian ser moitos mais xa que na segunda metade recrearonse con xogadas espectaculeres especialmente Sergi que deixou un amplio surtido de caños, regates, taconazos..., simplemente espectacular.
A vindeira semana viaxan a Santiago para enfrontarse o Autos Lobelle, que ian colistas pero que esta xornada golearon asique moita sorte.
Un saudo e que siga a racha.

lunes, 6 de octubre de 2008

Bo partido con pobre botín

Pobre botín o obtido este sabado en Ordes e non o digo porque sexa malo sacar un punto na pista do actual lider da categoria senon polo xeito en que se conseguiu ese punto xa que o gol do empate local chegou restando 3 segundos para o final.
No primeiro tempo do encontro as defensas impuxeronse claramente os ataques ademais das grandes actuacions dos porteiros polo que se chegou o descanso con un 0-1 o noso favor gracias a un golazo de Cristian logo dunha xogada individual.
O segundo tempo por contra parecia doutro partido xa que pese a que os porteiros volveron a estar ven oubo moitos goles e infinidade de ocasions. Os catro goles do segundo tempo do Melide foron obra de Cristian en duas ocasións, Bareto e Chino que xunto con Diego e Piston foron os que levaron a maioria do peso do noso equipo.
De encontros como este hai que sacar conclusions, para min unha importante e a de que se perdoas acabalo pagando e o Melide Fs perdonou a vida o Muebles Jogafan porque a pesares de ir todo o encontro por diante perdonou moitas ocasions nas que incluimos tres postes, tres dobres penalti errados e varias contras con 4-5 de un contra un contra o porteiro que non materializamos. Outra e algo do que nos ultimos anos sempre pecou este equipo e e o de non saber dormir o encontro nos momentos decisivos.
Ainda asi eu penso que por encima disto as conclusións deben ser positivas e pensar que todo o equipo estivo ai e foi un equipo, que sempre se creeu nas nosas posibilidades e que xogando con esas ganas e esa intensidade este ano conseguiranse moitos triunfos.
Baby comezou con Angel (12) na porteria, Rober (6) de peche, Cristian (7) e Portos (15) nas alas e Iván (10) arriba. Tamén xogaron Chopo (16), Piston (2), Garimbas (3), Diego (4), Bareto (5), Chino (8) e Manito (9).
No de mellor xogador do encontro unha vez mais vou destacar a dous xogadores que son Angelito que fixo un partidazo e a Cristian.
Para a vindeira xornada temos un partidazo xa que visita Melide o Outes un dos equipos que ven de Nacional e que e dos poucos que levan duas vitorias no que vai de liga. Asique agardemos que todo o que poida se acerque o pavillonas cinco e media a apoiar a un equipo que esta a traballar moi ben e o que agardemos que o acompañen os resultados.
No que se refire os xuvenis seguen a demostrar que teñen un EQUIPAZO e este sabado con baixas importantisimas como Sergi, Kike, Rafinha ou Borja Casal nos ultimos minutos por expulsion logrou remontar en Monfero un 3-1 para rematar gañando 5-3. Os goles foron obra de Fran en duas ocasions, Xurxo, Fernando e Borja Casal. Como non fun o encontro se algun entra por aqui que deixe algun comentario para ter mais información.
Para a semana reciben o Pub Cotton de Noia en Melide asique tamén estaremos todos ahi animandovos. Sorte
Un saudo e como reza o foto-calendario-plantel que anda por ahi. ENGANCHATE O FUTBOL SALA

Fotos Semana Eypar 2010