lunes, 18 de agosto de 2008

Derrotas con boa imaxe

Este sabado 16 disputaronse en Melide dous encontros que enfrontaron o Jim Sports Melide Fs co Azkar Lugo que serviron de presentacion para os equipos locales. A tarde - noite estivo moi entretida con dous partidazos que so tiveron como pega o problema surxido cos arbitros que retrasou todo un pouco.
A festa comezou ca presentación do equipo xuvenil dirixido por Tonecho que logo dun inicio un tanto dubitativo no que o Azkar se puxo 0-4, asentouse no campo e rematou o encontro cun axustado 3-4, e cunha boa imaxe dun equipo que onte xogaba o seu primeiro encontro.
Tamén axustado foi o encontro dos seniors locais co Azkar Lugo B xa que rematou con 0-1 no marcador pero no que o Melide Fs tivo varias ocasións claras sobre todo nos pes de Cristian e Diego.
Os xogadores que estiveron na presentación foron: Tapi (1), Piston (2), Garimbas (3), Diego (4), Bareto (5), Rober (6), Cristian (7), Chino (8), Iván (10), Angel (12), Cordido (13), Humberto (14), Portos (15) e Chopo (16), con Baby e Sergio no banco e algunha baixa.
Todos os xogadores fixeron un gran traballo sobre todo en defensa, pero de destacar a alguen eu fariao con Cristian e Chopo. Pero por encima dos xogadores eu destacaria a aficion que acudiu nun numero importante a ambos encontros e non parou de animar.
Intentarei facer unha entrada nos proximos dias coas fotos dos encontros pero mentres tanto anunciarvos que o Sabado 23 poderemos vivir un derbi no pavillón de Melide entre o Arzua Fs e o Melide Fs, en principio as 20:00h pero e un horario que ainda esta por confirmar.
Un saudo

Fotos Semana Eypar 2010