domingo, 29 de enero de 2012

Seguimos igual.......

Logo dunha semana sen crónica, volvemos para contar un encontro fronte o Bueu Fs, no que se repetiron as premisas de toda a tempada.
O Melide xogou a encerrarse atrás e dar o dominio o rival, para sair a contra, así, durante o primeiro tempo e pese o dominio visitante saimos en contras perigosas e conseguimos estar no encontrro, de feito fomos o descanso con 2-2 no marcador e coas sensacións de que na segunda parte tiñamos claras opcións de conseguir puntuar.
Na segunda metade, e aindaa que o xogo foi similar non demos esa sensación de perigo e a falta de seis minutos para o final o rival marcounos dous goles consecutivos dos que xa non fomos quen de rcuperannos, quedando o marcador final en 2-4.
Destacar, ademais do público a labor de Rubén, Tapy e Javi.
Antes de rematar dicir, que ainda que non e doado temos que tentar nn baixar a cabeza, xa que onte por primeira vez vin xogadores claves moi desanimados e fora do encontro, asique un esforzo mais dende todas as partes do clube, que antes ou despois a xeira ten que cambiar, e estou convencido que unha vez que consigmos o primeio punto todo vai ser moito mais doado.
A vindeira semana recibimos en Melide o Ourense FS as 19.00 hrs, agardemos volver a contar coa afección como todas as semanas.
Un saúdo.

domingo, 15 de enero de 2012

Cinco minutos fatidicos

Este sábado retornaba a competición a Melide, e o conxunto local o Eypar Melide Fs recibia o Bembrive, actual lider e que na ida nos dera un autentico baño de xogo. Nesta ocasión o baño non foi tal e solo cinco minutos nos que o equipo non estivo atinado nos sacou do encontro.
Comezamos o partido como sempre bastante centrados e pese a que os visitantes se adiataron conseguimos empatar e mesmo ter ocasións para poñernos por diante. Ai viñeron eses minutos nefastos que nos fixeron ir co 1-4 o descanso.
Na segunda metade o equiipo plantou cara e por medio de Sergi fixo o 2-4. A falta de 6 minutos para o final Javi tivo o gol pero o defensa sacou na liña, e tivemos un par delas mais para recurtar diferencias. Nos últimos dous minutos pillaronnos en duas contras que nos levaron o resultado final.
A vindeira semana visitamos o Pizarras los tres cuñados, seguro que ai comeza o cambio de xeira.
Un saúdo.

Fotos Semana Eypar 2010