jueves, 25 de octubre de 2012

TEMPORADA 2012/13


Moi boas, o blog do melide fs empeza a funcionar de novo, despois dun tempo parado tentaremos actualizar de semana en semana, co fin de informar de todo o que enrola o melide fs,  e sobre todo de facer unha cronica do partido de cada fin de semana e o mesmo tempo animar a xente a comentar e a dar sua opinion.

Comezamos esta segunda temporada na 3ª división nacional de futbol sala con moitas ganas de facer un bo papel neste 2º ano na categoria, e que despois de xuntar as duas ligas que habia desta categoria queda nunha soa de 16 equipos.

Con respeto o plantilla cabe destacar a incorporacions de "Guti", de volta o melide fs e "Dani", que sube do xuvenil.
Tamen estan a traballar con nos os xuvenis: Esteban, Cristian e Xabito, con moitas ganas tamen de facerse un oco no plantel, e que seguro que con traballo e sacrificio en calquer momento entraran nunha convocatoria.
Plantilla 2012/13
-Xogadores:
Tapicero
Guti
Dani
Fer
Carlos
Manito
Oscar
Xurxo
Manuel
Perez
Sergi
Nando
Javi
Peke
Borja
-Entrenador: Tonecho
-Directiva, delegados,..: Conde, Ivan,Patri, Tiburio, Micho, Neira.

Sobre o inicio desta temporada, moi boas sensacions en todos os partidos menos contra o Esteo fs que foi moi superior, pero no resto podo dicir que en calquer deles tivemos as nosas opcións de gañar.
Os resultados ata agora foron 1 victoria, 1 empates e 4 derrotas cos seguintes
resulados:
Esteo 12-2 Melide fs
Melide fs 5-9 Burela "B"
Cidade de Viveiro 4-7 Melide fs
Melide fs 5-7 Bueu
Leis Pontevedra 6-5 Melide fs
Melide fs 5-5 Grupo 7a9 CAFYD

Animovos a comentar a vosa opinion sobre esta nova temporada.
Un saudo. AUPA MELIDE FS!!!

Fotos Semana Eypar 2010