domingo, 25 de abril de 2010

Para Brunete

Tres puntos vitales os conseguidos na tarde do sábado fronte o Castro, xa que nos deixan a un triunfo da permanencia matemática e con un mellor sabor de boca que o dos últimos encontros.
Comezou o partido de xeito identico a fai unha semana, xogo bastante bo, facilidades a hora de crear ocasións e ainda que pareza extrano goles. Unha vez mais no minuto dez o Melide dominaba por 3-0 con goles de Sergi, Pérez e Bareto. Pero como iso de gañar sen sufrir non e o noso, volvemos o típico estado de relaxación de antes do descanso e metemos o Castro no encontro con un gol, que non foi mais pola nova gran actuación de Guti. Asi chegamos con 3-1 o descanso.
Na segunda metade volvemos a sair enganchados e aproveitouno novamente Bareto para facer o cuarto logo dun penalti cometido sobre Piston. Pese o gol o Castro estaba mellor que na primeira parte e conseguiu recortar diferencias ata o 4-3. Pero o sábado a diferencia de outras veces nos últimos tempos soubemos aguantar a presion e Fer volvia a ampliar a distancia. O Castro tentouno con porteiro xogador pero esta semana a defensa saiunos mellor e pese a que nos fixeron un gol, Sergi aproveitaba unha contra para facer o definitivo 6-4.
Partido que ainda que non matematicamente nos fai dar un enorme paso cara a permanencia, obxetivo fundamental desta tempada de transición. Ainda así a semana que ven visitamos Boqueixon e ai que ir a polo encontro para rematar coas boas sensacións que tamen rematamos a primeira volta.
Antes de rematar quero a nivel persoal, no nome de todos os xogadores, e tamén no nome do Melide Fubol Sala agradecer a Sergio Capitán Brunete estos tres anos de traballo polo clube, deixandose a garganta e a vista nas super estatisticas e ambas cousas nas ceas jeje. Soamente desexarche o mellor nesta nova andaina profesional en Sevilla e pedirche que de vez en cando nos deixes algún ladrillo polo blog, ou ainda mellor veñas facer unha visita e pagar unha cenuca. Por certo vai pedindo vacacións para a semana de San Roque pero para currar. ¡¡¡ MUCHA SUERTE MERCENARIO!!!
Un sáudo e en honor a Cap Brunete ¡¡¡ VAMOS MELIDEEEE, COOOÑÑÑOOO!!!!

viernes, 23 de abril de 2010

Peligro....

Partido o de onte no Palomar que puido decantarse para calquera dos dous equipos, e como ven sendo habitual este ano en partidos equilibrados decantouse para o contrario, neste caso o C.P Casas por 3-2
O inicio estaba sendo bastante parexo, pero os locais conseguiron dar primeiro nunha xogada de estratexia. Non foi un handicap ese gol para o Melide xa que facendo un xogo bastante bo durante a primeira metade primeiro Manito e despois Sergi a gran pase de Piston conseguiron voltear o marcador. Nesta primeira metade desaproveitamos clarisimas ocasións de gol, sobre todo de contrataques, sen esaxerar cinco clarisimas, ainda que sendo xustos tamén Guti salvou moitas dos locais. A falta de quince segundos para o descanso chegou unha das xogadas claves, un dobre penalti moi discutible que o Casas transformou poñendo a igualada a dous.
Na segunda parte o Melide non saiu igual, e pouco a pouco buscou o xogo individual mais do que debera, tentando cada un resolver pola sua conta. Ainda asi o Casas tampouco nos dominaba. Asi a falta de catro minutos nun erro en defensa os locais aproveitaron un rexeite de Cristian para facer o que apostre seria definitivo 3-2. De ahi o final incluso puido haber mais goles locais.
Maña temos a ocasión de resarcirnos, nun encontro que vale media tempada. Será as 19:00h fronte o Castro, un encontro que temos que gañar se non queremos complicarnos mais do que xa estamos. Agardemos recuperar a entrada no pavillón de principio de tempada.
Un saúdo.

domingo, 18 de abril de 2010

Dous partidos en un...

Partido rarisimo o de este sábado en Melide, comezamos arrasando, logo arrasaronnos e acabamos empatando a 6 goles.
O arranque foi un dos mellores das últimas datas, certo e que o Vilalba nos plantexou o futbol sala que a nos nos conviña, e que ademais marcamos pronto, e cando as cousas se poñen de cara todo e mais doado. Asi no minuto catro de encontro gañabamos por 3-0 con goles de Manuel Casal, Iván e Piston e tendo ocasións relativamente claras. Pouco a pouco fomonos relaxando e permitindo que os visitantes entraran no encontro e ademais mediada a primeira metade o Vilalba tomou a decisión de xogar con porteiro xogador, decisión que nos condenou. Igual que o día de Ventorrillo a defendemos ben, onte fixemolo fatal, asi a falta de un minuto para o descanso o marcador variara e iamos perdendo 3-4. Sergi nese último minuto fixo o gol que nos deu o empate o descanso.
A segunda metade foi para o meu gusto aburrida pero foi unha loita tactica na que non conseguimos sair triunfadores. Por duas veces o Vilalba se puxo por diante e por duas veces Manuel conseguiu empatar. Como digo puidemos gañar, e puidemos perder, o final o empate penso que é o mais xusto.
Esta semana xogase o encontro aprazado fronte o C.P Casas, será as 22:15 h do xoves no pavillón do Palomar de Lugo asique o martes todos no adestramento.
Antes de rematar a crónica, gustariame no nome do Melide Futbol Sala enviar un afectuoso abrazo a Manolo, Loli, Carmen, Fran e toda a familia nun momento complicado.
Un saúdo

viernes, 2 de abril de 2010

Derrota esperada

Pasou este sábado sen dubida por Melide o mellor equipo da categoria, feito que queda demostrado xa que ainda non encaixou ningunha derrota. O Ventorrillo que conseguiu derrotarnos por 2-6.
Foi un encontro dominado en todo momento polos visitantes, pero no que o Melide soubo xogar as suas armas para estar metido no encontro ata o final. Comezamos con pouca intensidade ou un pouco nerviosos, e asi os catro minutos xa perdiamos por 0-2 con un gol de penalti e outro nun erro de concentracción. A partir de aqui pouco a pouco fomonos soltando e co apoio da afición puxemos en problemas o líder. Manito recurtou distancias, e Cristian e Manuel tiveron claras ocasións para facer o empate antes do descanso. A defensa, moi cerrada tamén subiu a intensidade e fixo que o Ventorrillo tivese que sacar porteiro xogador para crearnos perigo, ainda asi non puideron ampliar vantaxe.
Na segunda metade, denovo saimos un pouco frios e os visitantes volveron a ampliar a difererncia, pero pouco despois Manuel facía o 2-3. Como dixen estivemos metidos no encontro, coas nosas armas ata o final, pero a calidade tanto individual como colectiva dos rivais acabou impoñendose e asi se chegou o resultado de 2-6. Pese a elo o Melide tivo moitisimas ocasións que non conseguiu materializar.
Para o meu entender foi un partido meritorio, no que poidemos sacar mais, pero no que cando un rival e mellor o único que podes e felicitalo e desexarlle sorte na mais que segura andaina na proxima tempada en división nacional.
Este sabado non se xoga por ser semana santa, e o proximo encontro aplazase a petición do Casas, asique xa informaremos de cando se xoga.
Un saudo e moitisimas gracias o gran numero de aficionados que tivemos no pavillón, tanto de Coruña como sobretodo de Melide.

Fotos Semana Eypar 2010