jueves, 31 de julio de 2008

MELIDE F.S -- AZKAR LUGO B

O dia 16 de Agosto, e dicir o sabado de San Roque dous equipos do Azkar achegaranse a Melide a disputar dous encontros de pretempada.
As 19:00h Melide F.S juvenil -- Azkar Lugo juvenil e posteriormente
As 21:00h Jim Sport Melide F.S -- Azkar Lugo B.
Estes encontros serviran como presentación oficial dos dous equipos do Melide Futbol Sala. O Azkar B esta tempada xogo en 1 Nacional A rematando na terceira posicion e quedando a portas de ascender a division de prata
Tamen dicirvos que se estan negociando outros dous encontros para os dous sabados seguintes con outros rivais de similar categoria.
Un saudo e agardamosvos a todos para animar a xente do Melide que esta a traballar duro para lograr un bo equipo.

Reiniciando sistema

Despois de bastante tempo sen aparecer por aqui e a peticion do noso novo lider espiritual volvo para escribir unhas liñas e informarvos de algunha das novidades que se van a dar de cara a tempada 2008/09 no Melide Futbol Sala.
En primeiro lugar comenzo falando pola parte señorial do clube, e dicir pola directiva. O anterior presidente Pedro decidiu deixar o clube logo de moito tempo dando a cara e pelexando para que tivesemos sempre as mellores condicions, deixando a presidencia en outro gran coñecido Neira. Por todo o traballo destes anose polos grandes momentos nas ceas GRACIAS PEDRO
Ainda a nivel directiva cabe destacar algunha incorporación, como a de Rober, Brais ou Patricia filla do ex-presi.
A nivel corpo tecnico non hai excesivas novidades, xa que Baby segue como adestrador e Sergio como segundo e delegado. Bueno dentro do corpo tecnico tamen podemos incluir unha novidade, que e a de Mauro que se esta encargando da nosa preparación fisica.
Se falamos do Plantel que a moitos lles interesa non vou entrar a sinalar moitos nomes porque como todos sabedes ata que se faga a ficha non se pode asegurar nada. As baixas confirmadas son as de Chopi que fichou polo Concello de Arzua, a de Roca que se retirou polo menos momentaneamente, a de Sergi que fara ficha cos juveniles e a mais que probable de Nando. No capitulo de altas estarian en principio xente como Nacho (ex-cire), Diego e Bareto (Toques) entre outras que confirmaremos en proximas entregas.
Dicirvos a marxe do tema de altas e baixas que o equipo xa leva un mes traballando sobre todo no apartado fisico algo que nos ven moi ben e agardemos que se note na tempada.
Por último pero para min unha das mais importantes e que logo de un ano en blanco volve o Melide F.S. juvenil. Un equipo que estara patrocinado por Palladium e que dirixira seguro con acerto Tonecho e que ten toda a pinta de ser un EQUIPAZO, no que se van xuntar duas xeracións de xogadores que en dous tres anos estan chamados a formar o noventa por cento do plantel Senior. Asique agardemos que conten con todo o apoio da xente porque seguro que eles responderan.
Un saudo a todos

Fotos Semana Eypar 2010