domingo, 12 de febrero de 2012

Sen tempo

Unha semana despois de estrenarnos no casilleiro de puntos viaxabamos a Pontevedra para seguir na xeira, pero non foi posible, acabamos perdendo por 5.4.
Boa primeira parte do equipo que ata en tres ocasións se puxo por diante, e só en erros puntuas de concentración o Leis nos foi empatando, ata o 3-3 co que chegamos o descanso. Especialmente doloroso foi o último xa que foi a falta de uns segundos para o descanso, e ademais antes dese gol, e co Melide en vantaxe tiramos dous balóns o poste e perdoamos outros dous mans a mans.
Na segunda metade o equipo foi outro, saimos moi mal, en defensa e en ataque e sen poder de reacción, así o Leis chegou a poñerse 3-5. Pouco a pouco volvemos a meternos no encontro e a falta de tres minutos Perez volveu acortar distancias, pero faltounos tempo para lograr o empate.
En canto sepamos o horario e data do encontro de copa iremos informando.
Remato dando as gracias unha vez mais a esa xente que se desplazou a Pontevedra a animarnos.
Un sáudo

domingo, 5 de febrero de 2012

Por fin...

Por fin chegou, non foi sen tempo, pero por fin chegou o tan ansiado triunfo. Foi este sábado fronte o cidade de ourense por 3-2.
Comezamos o encontro cun cambio de mentalidade, sendo mais fortes de cabeza e tentando presionar mais o rival, que ainda así adiantouse no marcador poñendo un 0-2 o seu favor e rematando unha vez o poste, mentres que pola contra o Melide non era capaz de marcar en ningunha das xogadas que chegaba. Foi a dous minutos para o descanso cando Javi acurtaba distancias e metianos no encontro antes da media parte.
Na segunda o encontro seguiu equilibrado, mantivemonos no partido gracias o traballo de todo o equipo e en especial a Rubén. Con ese resultado de un gol por debaixo chegamos os últimos tres minutos, e ai entrou o traballo da afición, que nos empuxou coma sempre ata lograr a remontada con goles de Casal e Manu, este último a falta de 5 segundos para o pitido final.
Esta semana, mais ala de destacar os xogadores que si, todos estiveron de luxo,temos que destacar o público que nos veu animar nunha semana de conxura que rematou do mellor xeito posible. De verdade GRACIAS. Agardamos seguirvos vendo na copa.
A vindeira semana remataremos a primeira parte da tempada en Pontevedra fronte o Leis FS.
Un saúdo.

Fotos Semana Eypar 2010