sábado, 24 de diciembre de 2011

Ano novo, Vida nova

Comezo esta entrada, a última do ano felicitando as festas a todos aqueles que formades parte do Melide Futbol Sala, xogadores, corpo técnico, directiva....., e sobre todo PATROCINADORES e AFICIÓN.
O segundo parrafo, e ainda que xa saiu na entrada anterior, e de felicitación, a Javi, pola súa convocatoria para a selección galega xuvenil, para disputar a primeira fase do campionato de España en Bilbao, o dito NORABOA.
E sobretodo o motivo desta entrada, e para anunciarvos o novo acordo o que chegou o clube con EYPAR, sempre apoio do deporte en Melide e do Futbol Sala neste caso, que será durante os vindeiros 3 anos o noso patrocinador pricipal, e que dará nome o noso clube. Quero agradecer expresamente o seu xerente Jose Luis as facilidades que nos deu e toda a súa colaboración. Ogalla, sexa o arranque dunha boa época. Como digo, cambiamos de ano, cambiamos de patrocinador, será hora de cambiar tamén a xeira de resultados pouco a pouco. Como vedes subimos unha foto a principal, pero a Quinifoto non saiu ala gran cousa, asique agardaremos polas de maría para subir outra de mello calidade.
Un saúdo e o dito. Dende o Eypar Melide F.S, BO NADAL E PROSPERO 2012

domingo, 18 de diciembre de 2011

Descanso de nadal

Este fin de semana non puiden acudir o encontro que nos enfrontou o Pazos de Borben e no que caemos derrotado por 5-2, con goles de Manu e Carlitos.
A espera de que Tonecho, Sergi, ou algún outro nos fale algo mais do encontro decirvos que polo que me contaron estivemos na tónica habitual. Xogando cerrados atras e saindo a contra, pero unha vez mais negados cara o arco local.
Agardemos que a volta de vacacións a punteria varie e comezen a chegar os puntos, algo que estou seguro que ocorrerá.
Recordarvos a xogadores, corpo técnico e directiva que este venres e a cena de nadal, asique todos as 21:00 horas puntual no pavillón para a disputa do encontro entre xogadores e directiva.
Os demais lectores emplazarvos a unha entrada que farei durante a semana para contarvos novidades do clube, moi importantes.
Un saúdo.

domingo, 11 de diciembre de 2011

Mais do mesmo

Unha semana mais dispoñome a facer a crónica, e vexome na mesma situación de outras moitas semanas, nova derrota por 7-2, pero sensacións pouco a pouco mellores.
O encontro deste sábado o Melide plantexouno a cerrarse atras, facer boas defensas e sair a contra. E o certo e que o fixo bastante ben, ademais sairon bastantes cousas das ensayadas o venres, de feito nos dous primeiros minutos tivemos duas clarisimas ocasións a balon parado, que non soubemos materializar. Ainda asi mediado o primeiro tempo logramos adiantarnos no marcador con gol de Carlitos, pero ai perdonamos a vida o Vilamartin errando duas ocasións a porta vacia, e os visitantes cun xogo bastante elaborado foron collendo peso no encontro ata darlle volta o marcador e poñerse co 1-3 co que nos fomos o descanso.
Na reanudación mais do mesmo, o Vilamartín tivo o control, o Melide agardou atrás e saia en contras rapidas que nunca conseguimos materializar. Por contra os visitantes si aproveitaron as súas oportunidades e sentenciaron o encontro.
A vindeira semana visitamos o Pazos de Borber, cancha complicada para estrenar o casilleiro de puntos pero iremos coas maximas ilusións.
Antes de rematar a crónica, enviarlle un moi forte abazo a Rubén de toda a familia do Melide F.S
Un saúdo.

Fotos Semana Eypar 2010