domingo, 28 de noviembre de 2010

Volta a puntuar

Logo de duas xornadas consecutivas colleitando derrotas, o Melide FS volveu a puntuar, esta vez foi na casa do Autocares Pombo, en Coruña, cunha pista moi complicada.
Foi un encontro moi disputado no que o empate final foi xusto. Comezou cos locales collendo dous goles de vantaxe, pero os de Melide reaccionaron e chegaron co 3-2 o descanso, e a volta dos mesmos conseguiron incluso remontar ata o 4-5. Pena que a falta duns segundos o Pombo conseguira o gol da igualada. Os golos do Melide FS, foron obra de Javi,Carlos, Manu, e Borja Casal por partida doble.
A vindeira seman o equipo volve a xogar como local. Agardamosvos a todos o sabado as 19h no pavillón de Melide.
Un saudo

domingo, 14 de noviembre de 2010

Postes...e Palmeiro...

Segunda derrota como local do Melide FS, este sabado fronte o Burela Turistica, nun encontro donde a sorte non estivo de cara.
Durante a primeira metade o partido estivo moi equibrado, sendo bastante malo por ambos conxuntos pero no que o Melide tivo as mais claras ocasións pero non foi quen de materializalas. E non o fixo nunhas ocasións por erros persoais e noutras por mala fortuna, xa que tiramos neses minutos ata 4 postes. Por contra, o Burela aproveitou os nosos erros para marcar tres goles o poñer o partido case imposible. Por se iso fose pouco a cinco segundos do descanso produxose a expulsión de Fer por agarron e a lesión de Xurxo, que ainda que seguiu quedou mermado.
Unha semana mais tocaba conxura, e asi se fixo, pero esta vez non foi suficiente. Estivemos cerca primeiro con dous goles de Peréz e Manuel, pero o Burela volveuse a ir. Non baixamos os brazos e Sergi volveu acortar distancias, pero Palmeiro fixo outra vez das suas e volveu ampliar distancias. Así ocorreu pouco despois como resposta a un gol de Casal. Faltaban trinta segundos cando Xurxo aproveitando o porteiro xogador puxo o 5-6 que apostre foi final pero ainda asi tivemos o empate a falta de dez segundos. Non puido ser pero quedome coas gañas de gañar do equipo, e co apoio da afición.
Destaco deste encontro os dous porteiros, con grandes intervencions, a Javi e sobre todo a Perez, que ante a baixa de Fernando multiplicouse.
Agora a pensar no Casas a vindeira semana e tentar ir a polos tres puntos.
Un saudo.

domingo, 7 de noviembre de 2010

Terceira consecutiva............

Terceiro triunfo consecutivo o conseguido polo Melide FS na tarde do sabado en Noia por 0-3.
Partido moi equilibrado e moi desputado, no que se chegou o descanso con empate a ceros, pero que na segunda parte os de Melide conseguiron resolver, gracias a recuperación goleadora de Borja Casal facendo un hat - trick, e a loita de todo o equipo. Destacar desta xornada o debut do "abuelo" Conde que ademais o parecer fixo un partido espectacular e que intercedeu con outro señor de pelo blanco que andaba en Santiago para recibir ata cinco postes. Agardemos que o resto de cronistas habituales (Tone, Ser...) nos contedes mais detalles do partido.
A vindeira semana o Melide recibe na casa o Burela Turistica. Partido vital, ademais de por si mesmo polos enfrentamentos que ai no resto da xornada. Agardamos contar con todos na grada como facedes cada semana.
Un saúdo.

Fotos Semana Eypar 2010