domingo, 16 de marzo de 2008

Mision Imposible

Este titulo de pelicula describe a situación na que nos encontramos. A dia de hoxe a permanencia esta case imposible, e non solo porque os nosos rivais gañen, senon porque o Melide Fs entrou nunha racha na que e imposible obter nada positivo.
Esta semana xogando na casa fronte o Narón no partido mais importante da tempada volvemos a perder. Empezamos perdendo 0-2, pero conseguimos a remontada ata o 4-3. Pero unha semana mais non fumos capaces de manter o marcador e rematamos perdendo 4-5. Os goles do Melide Fs foron obra de Nando, Roca, Iván e Cristian.
Baby iniciou con Chopo(16), na porteria, Humberto (13) atras, Rober (6) e Chopi (5) os lados e Iván (10) arriba. Tamen xogaron Angel (12), Cristian (7), Nando (8), Sergi (9) e Roca (14).
O mellor do partido foi unha vez mais a xente que foi o pavillon animar a que non puidemos dedicar o triunfo.
Este sabado descansase, e para o seguinte imos A Fonsagrada. Ainda que esta case imposible, hai que seguir pelexando ata o final.
Un saudo.

domingo, 9 de marzo de 2008

Mellor imaxe pero derrota

Na visita a negreira o campo do lider, o Melide Fs recuperou parte da garra e da imaxe que non deu na segunda parte do encontro anterior, pero ainda asi perdeu por 8-6.
No primeiro tempo o equipo estivo ben plantado defensivamente e saindo con algunha contra perigosa, pero nun rexeite e nun erro os do Bar arranca foronse con 2-0 o descanso.
Na reanudación o Melide fixo penso que dos mellores dez minutos que que lle vin esta tempada, xogando facil, o primeiro toque e chegando con claridade, de feito os tres minutros da reanudación xa lograra empatar con goles de Nando e Sergi, e dispuxo de outras claras ocasions. Pese a aguantar ese resultado ata que faltaban oito minutos, hai rompeuse o encontro xa que o Negreira facia tres goles case consecutivos, o primeiro que supoñia o 3-2 logo dunha clarisima falta non sinalada a prol do Melide Fs. Ainda asi Cristian marcou o 5-3 que volvia a dar vida, pero o Negreira a base de contras e dobres penaltis abriu unha brecha que pese o esforzo final con outros dous goles de Cristian e un de Nando non fomos capazes de remontar.
O equipo inicial que puxo neste caso Sergio en ausencia de Baby foi Chopo (12) de porteiro, Nando (8) atras, Iván (10) e Rafa (11) os lados e Sergi (9) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Chopi (5), Rober (6), Cristian (7), Humberto (13) e Portos (15). Por certo Portos foi expulsado polo GRAN ARBITRO por un comentario que fixo no banco cando o encontro xa estaba resolto.
O mais destacado como xa puxen antes foron para min os dez primeiros mintos da segunda parte, nos que participou todo o equipo e nos que cada cambio lle daba mais frescura o conxunto, algo que o final perdeu.
Para rematar, e ainda que nas ultimas semanas xa o dixen, este sabado si que xogamos un encontro decisivo en Melide, no que a victoria e imprescindible se queremos manternos, asique ANIMO, porque coas ganas desta xornada, o sabado Ganamos fixo.

domingo, 2 de marzo de 2008

Vergonzoso

Este e o calificativo mais sutil que se me ocorre para describir a segunda parte realizada polo Melide Fs o sabado fronte o Muebles Jogafan de Ordes.
Nun encontro no que nos xogabamos moitisimo e logo dunha das mellores primeiras partes da tempada na que o equipo se foi cun 4-0 a favor con goles de Nando en duas ocasions, Roca e Chopi e ca posibilidade de haber feito tres ou catro goles mais, o equipo desinflouse e descompuxose de forma incrible no segundo tempo para acabar perdendo por 4-9.
Pese a que o resultado e fatal de cara as nosas aspiracions de salvarnos eso non foi o peor, senon que o peor foi a desgana, a falta de animo, a falta de intensidade e de todo que tivemos todos e cada un dos xogadores durante os segundos vinte minutos. Solo queda, aprender deles e pedir PERDON a xente que onte veu a ver o partido, porque insisto foi VERGONZOSO.
O equipo incial de Baby foi Tapi (1) de porteiro, Nando (8) de peche, Chopi (5) e Portos (15) nas alas e Sergi (9) arriba. Tamen xogaron Chopo (16), Rober (6), Cristian (7), Ivan (10), Humberto (13) e Roca (14).
O obxetivo complicase, pero agardemos seguir loitando como na primeira parte para conseguilo

Fotos Semana Eypar 2010