miércoles, 28 de noviembre de 2012

Xornada 11: Vilalba fs - Melide fs

Gran partido do Melide fs en Vilalba fronte a un rival que se encontraba mui comodo no medio da tabla e facendo unha boa tempada despois de ascender a esta categoría, cun resultado final de 4-3 para o Vilalba fs. Destacar tamen a numerosa aficion do Vilalba fs, e que se fixo escoitar durante todo o partido.
O Melide viaxou con inumeralbles baixas: Borja C., Manuel, Tapicero, Guti e Oscar, cabe destacar que viaxamos 9 xogadores de campo e sen porteiro.
Como nestes ulitmos partidos o plantexamento inicial do Melide foi unha defensa en tres cuartos do seu campo moi cerrada e so deixando algun tiro exterior pero lonxano. O Vilalba ainda que posuia a posesion do balon non parecia capaz de encontrar ocos na defensa, nin de encontrar tiros faciles, polo que o Melide encontrabase comodo no campo esperando as suas opcions. Pero nunha xogada de corner cun tiro exterior o equipo local conseguiu poñerse por diante no marcador 1-0. O partido complicabase, pero o Vilalba seguia sin ter claridade no seu xogo e seguia sin crear problemas na defensa do Melide, e co paso dos minutos o Melide empezou a creer que este partido era asequible e que podiamoslle dar a volta, e con esto comezaron as oportunidades do Melide, tiro exterior de Javi, man a man de Fer no que o porteiro do Vilalba respondeu cunha gran parada, xogada por banda que Perez remata no segundo pao o longueiro, e asi durante varios minutos no que a sorte no acompañaba e non eramos capaces de materializar as ocasions. Pero a falta de 1 min nunha xogada ensaiada de corner Dani (primeiro gol co Melide fs) puxo o 1-1 co que se chegaria o descanso.
Nesta segunda parte o partido cambiou completamente posto que o Melide se viu con moitas posibilidades de gañar este partido despos de como terminou a primeira parte. O Vilalba non conseguia crear peligra  e so nalgun tiro exterior fixo  intervir a Carlos, e o Melide seguia tal como acabara a primeira parte creando unha tras outra ocasions claras, man a man de Xurxo, ocasion clara de Peke, tiro de Manito con gran intervencion do porteiro, segundo man a man de Xurxo, pero eramos incapaces de conseguir o segundo, e parecia dificil gañar este partido despos de todo o que estabamos fallando, pero nun gran un contra un contra de Javi (gran partido) en banda logrou irse do seu defensor e poñer o balon atras para que Xurxo puxera o 1-2 no marcador que non reflexaba toda a superioridade do Melide. Con este gol comezou a reaccion do Vilalba, e con mais esforzo que xogo logrou empatar 2-2 despos dunha perdida nosa, pero pouco lle duroua a alegria xa que Fer puxo o 2-3 a falta de 3-4 min. Neste momento o Vilalba puxo porteriro-xogador, e pouco a pouco o empate parecia acercarse, pero antes disto Peke roubou un balon e tirando dende o mediocampo foi incapaz de marcar sen porteiro, e posteriormente o VIlalba puxo o 3-3, e a falta de 1 min despois de varios rechaces logrou o 4-3. O Melide tentou o empate pero xa non oubo tempo.
Na miña opinion o Melide foi superior, sobre todo polas infinitas ocasions claras que tivo o longo do partido, pero o final a sorte non acompañou e o Vilalba levouse os 3 ptos.
Darlle a noraboa a Carlos por poñerse na porteira e tamen pola boa actuacion que tivo con boas paradas a pesar de non ser porteiro. Destacar en xeral a todo o equipo pola gran defensa que se fixo durante os 40 min, e non sei se foi por non ter porteiro ou porque pero non se concederon moitas ocasions claras, e a intensidade foi moi alta durante todo o encontro.
Cinco inicial: Carlos, Fer, Perez, Sergi e Peke
Tamen xogaron: Javi, Manito, Xurxo e Dani.

Esta semana xogamos no Municipal de Melide frente o Xove fs as 18:00 da tarde, contamos con vos.
Un saudo.AUPA MELIDE FS!!!

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Xornada 10: Melide fs - IES Coruxo fs

O Melide fs non foi capaz de conseguir a victoria na visita dun bon Coruxo o Pabellon de Melide, cun resultado final de 3-8. Cabe destacar a volta o equipo de Manito que regresou logo dunha sanción.
A primeira parte comezou cun Melide fs moi cerradiño atras, cas liñas moi xuntas e sen deixar o Coruxo crear oportunidades claras, so tiros a dende longa distancia. Pero esta tensión en defensa tamen nos levou a facer faltas, anque algunha evitables, e sen darnos conta chegou o primeiro gran problema, a falta de 14 min da primeira parte xa tiñamos feitas as 5 faltas. Con esto en vez de virnos abaixo, o Melide fs refixose cunha gran defensa tendo coidado de non conceder ningun dobre penalti, e o mesmo tempo as oportunidades empezaban a chegar, e nunha xogada Sergi rouba un balon en media pista e despos dunha boa combinacion entre Xurxo e Javi o balon chegou a Sergi que empuxou o balon e puxo o 1-0. E de seguido, 1 min despois noutra xogada parecida Sergio rouba o balon e sen pensalo tira a porteria e pon o 2-0. Gracias a unha gran defensa e o gran traballo do equipo o partido poñiase mui de cara, pero seguiamos con 5 faltas e era mu dificil aguantar at o final, asique pouco despois o Coruxo tivo a oportunidade de acercarse o marcador mediante un dobre penalti pero erraron. Ainda que parecia que o equipo local controlaba o partido non era asi e o Coruxo dispuxo de moi boas oportunidades, que entre Guti e algun pau desbarataron, o partido cambiaba de rumbo e despos de varias oportunidades moi claras, nun xogada que o Melide perdeu o balon Guti tivo que sair da porteria e parou o balon ca man o que o levou a expulsión, a cousa complicouse cun xogador menos e despos de varios tiros o final fomos nos os que introducimos o balon en propia porta e chegou o 2-1, e o equipo recuperou os 5 xogadores. A cousa pintaba mal, pero ocorreu todo o contrario, o equipo repuxose e despos dun contrataque Perez lanzouse por un balon que parecia perdido e puxo o 3-1.
Con esto chegamos o ultimo minuto e medio no que pa min foi a clave do partido, no que un contrataque de 3 xogadores contra 1 o xogador do Coruxo interceptou o pase ca man, o arbitro non pitou nada e no contrataque do Coruxo a sorte non nos acompañou e volvemos marcar en propia o 3-2. Pa min esta foi a clave do partido na que pasamos dun 4-1 a un 3-2 o descanso, por un error arbitral e tamen en parte culpa nosa por falta de veterania, co que nos fomos o descanso cun mal sabor de boca.
Na segunda parte todo cambiou, non saimos metidos no partido e o Coruxo comezaba a controlar o partido mui comodamente, a crear oportunidades unha tras outra, e o mesmo tempo os erros do Melide tanto en pases como na defensa era consecutivos, polo que o Coruxo remontou facilmente o partido e alcanzou o 3-5, o partido complicabase moito e o equipo non parecia ter reaccion, asi que a falta de 5 min o equipo arriesgou con porteiro xogador, e en pouco tempo fomos capaces de crear duas ocasions mui claras, pero non fomos capaces de marcalas, o que provocou a nosa perdición, e despos de varios balon perdidos arriesgando con porteiro xogador o marcador puxose no que seria o 3-8 definitvo. Resultado moi abultado debido o riesgo co porteiro xogador no que non se reflexa gran primeira parte.
A conclusión e que o Melide fs fixolle moito dano o gol do Coruxo antes do descanso, e en definitiva sobroulle a segunda parte.
Cabe destacar que o Melide fs en 7 das 10 xornadas que van de liga na primeira parte iba ganando ou empatando.
Cinco inicial: Guti, Fer, Javi, Perez e Peke.
Tamen xogaron: Manito, Oscar, Carlos, Xurxo, Dani, Tapi e Sergi
A proxima xornada visitaremos o Vilalba fs.
Un saudo. AUPA MELIDE FS!!!



lunes, 5 de noviembre de 2012

Xornada 8: Melide fs - Pazos de Borben

Primeir partido con moitas ausencias no equipo Manu, Casal, Manito, Tapicero, Nando polo que asistimos o partido cunha convocatoria de 10 xogadores.
Nesta primeira parte como o longo do partido o plantexamento do Melide fs foi crear unha liña defensiva moi atrasada, ca intencion de sair o contrataque. O partido comezou co Melide cas liñas moi xuntas e co Pazos de Borben movendo o balon buscando ocos na defensa e creando pouco a pouco ocasions mais claras, por parte do Melide varias ocasions claras o contrataque que non se puideron materializar, e en dous desaxustes defensivos o Pazos puxose por diante no marcador 0-2. O Melide seguiu co plantexamento inicial e o contrataque chegaron mais ocasions claras de Javi, Fernando, Peke pero ou por desacerto noso ou por unha boa actuacion do porteiro visitante eramos incapaces de acercarnos no marcador. Nun barullo no que fomos incapaces de sacar o balon chegou o 0-3, que no reflexaba o que estaba pasando no campo.
A falta de 4 decimas chega un xogada importante, saque de banda no que Perez tira a porteira e o balon despos de pegar en Peke entra na porteria, nun principio un dos arbitros da o gol que seria o 1-3 , pero o final non se concedeu o gol polo que fomos con 0-3 o descanso.
Na segunda parte despos de varios axustes na defensa e que o Melide saiu con mais intensidade o partido cambiou, comezamos a ter mais ocasions, a roubar mais balons e comezaron a producirse un contrataque tras outro, e despos dunha xogada entre Sergi e Xurxo quedou un rechace dentro da area e Carlos chegando dende atras puxo o 1-3. Tras este gol o Pazos de Borben entraronlle as dudas, e o Melide veuse arriba e comezou a ter mais posesion do balon, e pronto chegou o 2-3 obra de Xurxo. A partir deste momento o partido volveuse un pequeno correcalles no que calquera dos equipos tivo ocasions, pero foi o Pazos o que puxo o 4-2. Neste momento a falta de escasos 4 min arriesgamos con porteriro-xogador buscando acercarnos o marcador, pero non foi posible despos de varias perdidas en menos de un minuto o resultado puxose 7-2, e nun contrataque chegou o 8-2.
Cinco inicial: Guti, Fer, Javi, Perez e Peke
Tamen xogaron: Dani, Oscar, Xurxo, Carlos e Sergi.
Este fin de semana viaxamos A Pontenova para enfrentarnos o Superti.
Un saudo. AUPA MELIDE FS!!

jueves, 1 de noviembre de 2012

Xornada 7 : Ventorrillo - Melide fs

Partido moi complicado no Municipal de Ventorrillo contra un equipo moi veterano e que controlou moi ben o partido dende o principio. O Melide fs viaxou con moitas baixas: Guti, Fer, Nando, Javi e Peke. Tamen cabe a destacar a entrada na convocatoria dos xuvenis Esteban e Xabito.
O partido comezou moi igualado, nos moi ben colocados en defensa e o Ventorrilo ca posesion do balon, e nestes minutos iniciais tivemos 2 ou 3 ocasions o contrataque que non poidemos materializar. Neste minutos o Ventorrillo nunha xogada de corner lograse adiantar con algo de sorte despos dun rebote nun xogador do Melide fs, e a partir dese gol o partido cambiou totalmente, o equipo local comezou a controlar o partido e a crear oportunidades unha tras outra e nesto chegou o 2-0, e con el mais oportunidades, pero nunha xogada aislada Perez puxo o 2-1, pero foi un espexismo, eramos incapaces de meternos no partido, e o final da primeira parte o marcador era de 4-1.
Comezou a segunda parte co Melide intentar acercarse no marcador, ou polo menos cambiar a imaxe da primeria parte, pero a sorte tampoco acompañaba e o 5-1 foi en propia despos de tentar cortar un pase, e de seguido o 6-1, neste intre aparece unha pequena reaccion co 6-2 de Manito e o 6-3 de Borja. E cando intentabamos acercarnos o marcador Tapicero foi expulsado por parar un balon ca man fora da area no seu intento por evitar o gol. Con un menos aguantamos, e nese 2 min non encaixamos ningun gol, pero xa cando recuperamos o xogador chegou o 7-3.
A falta de 2 min houbo unha pequena tangana e os arbitros decidiron suspender o partido.
Cinco inicial: Tapicero, Fer, Manu, Sergi e Borja
Tamen xogaron: Perez, Xurxo, Dani, Manito, Carlos, Xabito e Esteban.
O seguinte partido sera contra o Pazos de Borben as 18:00 da tarde no pabellon de Melide.

Fotos Semana Eypar 2010