sábado, 31 de enero de 2009

Suspendida

Como xa puxo Tonecho nos comentarios da anterior entrada este fin de semana tampouco habera futbol sala en Melide xa que a Federación decidiu suspender todas as competicións debido o posible temporal que chega este fin de semana. De todos xeitos e ainda que a Federación non tomase esta decisión os encontros case seguro se tivesen que suspender igual debido a condensación que ai no pavillon que fai que a pista este en mal estado e moi resbaladiza o que impide a practica do deporte.
Deste xeito a vindeira semana os dous equipos volveran a xogar fora, os seniors fronte o Outes e os xuvenis fronte o Cotton.
Un saudo

domingo, 25 de enero de 2009

Crisis

Malisimo partido do Melide Futbol Sala en Lugo na tarde deste sabado na que caeu derrotado por 7-1 fronte o C.P.Casás.
Non hai escusas para explicar o visto onte pola tarde xa que o rival nos pasou por encima con total claridade en case todo o encontro. Na primeira parte tiveron ocasións moi claras e so un bo Angel e a sorte evitou que nos foramos con unha goleada en contra, ainda asi 3-0 foi o resultado.
No segundo o inicio pareceu que cambiaba algo xa que tivemos tres ou catro ocasions clarisimas que non materializamos e na contra eles acabaron de matarnos. O gol do Melide foi obra de Humberto.
Non sei cal e o problema pero e que non nos libramos ningun dos que fomos. Non xogamos a nada que se pareza a futbol sala, faltanos intensidade, corremos pero sen rumbo e calquer perigo que creamos e a base de individualidades.
Agardemos que para a semana coa volta a casa as cousas cambien, xa non pido a nivel de resultados pero si polo menos de imaxe.
Pola sua banda os xuvenis non xogaron por mor do temporal ou iso e o que teño entendido.
A vindeira semana logo de dous meses volvemos a xogar de locais, os seniors as 17:30 e os xuvenis as 20:00. Agardamos o voso apoio para tentar variara algo isto.
Un saudo.

lunes, 19 de enero de 2009

Balance

Esta semana a verdade e que non ando mui sobrado de tempo nin e que ande moi inspirado pero por seguir a tradición dos luns (si este un pouco mais tarde e con corriente en San Cosme jeje) vou escribir algo por aqui.
Gustariame facer un balance desta primeira volta que realizaron os dous equipos, pero gustariame mais que a fixerades a xente que de vez en cando segue este blog e que ultimamente e quitando a Tonecho estades pouco activos.
De todos xeitos eu vou facer unha pequena. Os xuvenis penso que estan a facer unha boa tempada e que poderia estar mais arriba do que esta con un pouquiño mais de sorte e de concentración pero tamen penso que nesta segunda volta vai ser clave que recibe en Melide a equipos como lobelle, azkar ou redondela cos que perdeu fora e dos que ten que vingarse para subir un pouco mais na clasificación.
Os seniors diria que hai duas partes diferenciadisimas. A primeira ata o encontro co colista Castro na que pese a non xogar espectacularmente ben os resultados estaban con nos e o que chegamos de lider e non poidemos gañar. A partires de ai mal xogo quitando momentos esporadicos, dando moita importancia as individualidades cando neste deporte o fundamental e o equipo e non sei cunha sensaciónd de impontencia que non e facil de levar. Ainda asi gustariame destacara a union do equipo, e ainda que con algunha excepción importante o compromiso que se esta a ter que a min me esta a sorprender positivamente.
Bueno como dixen hoxe non estou moi inspirado asique agardo as vosas reflexions.
Por certo e antes de rematar que e da promesa duns pinchos que ian pagar os xuvenis. Moito ladrar e pouco morder me parece a min.
Un saudo

lunes, 12 de enero de 2009

Mais do mesmo

Unha semana mais, e xa van unhas cantas seguidas o Melide Futbol sala senior non conseguiu o triunfo e mais, nesta ocasions rematou perdendo en Meira fronte o penultimo clasificado o Ribeira por 3-2. Os goles do Melide foron obra do xuvenil Borja Casal e de Piston.
E certo que se poden poñer moitas escusas, o partido foi o domingo pola maña, habia moitisimas baixas, tivemos mala sorte etc, etc... pero a realidade e que levamos moito tempo sen xogar un futbol sala decente e pese a que os resultados dos rivais nos acompañan nos non o sabemos aproveitar.
Son o menos indicado para dar a miña opinion porque levo moito sen xogar pero todos sabemos que ou facemos un cambio radical ou as cousas cada vez van a ir a peor, e unha tempada que pintaba moi ben pode acabar bastante mal.
Hoxe estou critico e no que se refire os xuvenis tamen vou a facerlles unha critica ainda que primeiro dicirvos que gañaron en Naron fronte o Lodairo por 2-5 e con certa comodidade.
A critica que lles fago (espero que me respondan se non estan dacordo) e que un encontro no que estaban indo sobradisimos que en dez minutos gañaban 1-4 e no que estaban xogando moi ben pouco a pouco foron entrando no xogo do rival e nas suas provocacións e poideron acabar pagando moi caro. Cun pouco mais de sangre fria eu penso que serian ainda moitisimo mellor equipo do que son e que darian mellor imaxe.
Ainda asi penso que gañaron relativamente facil con goles de Xurxo en tres ocasions, Borja Casal que mollou os dous dias e Borja Perez que pese a gripe que tiña deuno todo e fixo un gran partido.
Como esta semana o encontro que vin foi o dos xuvenis vou destacar a un xogador que me parece que pode ser un crak e que segun o meu punto de vista o outro dia foi o mellor e que e Carlitos. Debido a ausencia de Nando multiplicouse en defensa e empezou a verselle cousas de veterano pese a ser o mais novo do equipo.
Bueno, non dou mais a tabarra pero era a miña opinion, agardo que algun compañeiro poña a sua.
Esta vindeira semana volve a haber descanso para os dous conxuntos.
Un saudo

Fotos Semana Eypar 2010