lunes, 19 de enero de 2009

Balance

Esta semana a verdade e que non ando mui sobrado de tempo nin e que ande moi inspirado pero por seguir a tradición dos luns (si este un pouco mais tarde e con corriente en San Cosme jeje) vou escribir algo por aqui.
Gustariame facer un balance desta primeira volta que realizaron os dous equipos, pero gustariame mais que a fixerades a xente que de vez en cando segue este blog e que ultimamente e quitando a Tonecho estades pouco activos.
De todos xeitos eu vou facer unha pequena. Os xuvenis penso que estan a facer unha boa tempada e que poderia estar mais arriba do que esta con un pouquiño mais de sorte e de concentración pero tamen penso que nesta segunda volta vai ser clave que recibe en Melide a equipos como lobelle, azkar ou redondela cos que perdeu fora e dos que ten que vingarse para subir un pouco mais na clasificación.
Os seniors diria que hai duas partes diferenciadisimas. A primeira ata o encontro co colista Castro na que pese a non xogar espectacularmente ben os resultados estaban con nos e o que chegamos de lider e non poidemos gañar. A partires de ai mal xogo quitando momentos esporadicos, dando moita importancia as individualidades cando neste deporte o fundamental e o equipo e non sei cunha sensaciónd de impontencia que non e facil de levar. Ainda asi gustariame destacara a union do equipo, e ainda que con algunha excepción importante o compromiso que se esta a ter que a min me esta a sorprender positivamente.
Bueno como dixen hoxe non estou moi inspirado asique agardo as vosas reflexions.
Por certo e antes de rematar que e da promesa duns pinchos que ian pagar os xuvenis. Moito ladrar e pouco morder me parece a min.
Un saudo

12 comentarios:

Tonecho dijo...

Xa que son dos que falo, e como non teño por costumbre esconderme, e digo o que penso, aqui vos deixo a miña opinion.
Sobre os Seniors, penso coma Ivan, que tedes un grupo moi bo, mentalizado no club. Unhos poucos non tanto. Tedes que recuperar esa sensacion de equipo, e o que non a teña, teredes entre todos que aclararlle que esas non son as formas. Non todo depende do mister, tamen os compañeiros.
No resto, creo que temos entre todos que recuperar animicamente a xugadores que estan nun bache (mental) como creo que pasa con Manito, o mesmo San Cosme, e recuperar xogadores sancionados como Diego.
Con esto, un pouco de sorte, moito traballo e actitude de equipo, na segunda parte saimonos da taboa.
Tedes que ter confianza.
Nos xuvenis, penso que todo o contrario, creo que temos que ter menos confianza e estar mais mentalizados como equipo. Non se nos pode marchar a pinza como o dia do Lodairo.
E sobre todo ter clara a meta, que este ano e gañar a liga (a pesar de donde estamos) e de non poder gañala, temos que ser segundos (non terceiros) para xogar a copa.
Ideas claras, traballo, e grupo. As unicas claves para sacar calquera equipo da mediocridade e convertilo nun bo equipo.
Un saudo a todos e aledome que xa vos puxeran a luz en San Cosme.

aficcionado. dijo...

hai k empezar a segunda volta kn bo pe e xavales,tanto xuvenis como senior;decir qeu a directiva esta a facer un mu bon traballo e esto tense que notar.Os xuvenis seica van pagar uns "pinxos".e iso verdade?? sorte os dous conxuntos.

Tonecho dijo...

Os xuvenis non van pagar os pinchos. Estan obrigados a pagar os pinchos (cuestion de reximen interno).
Eu opino como a maioria da xente, creo que a directiva esta a facer moito mais do que teria que facer, e entre todos temos que recoñecerlles o traballo que estan a facer.
Un saudo.

Anónimo dijo...

EU DESDE FORA E NON E POR MAL PENSO QUE ANDADES ALGO NA NUBE. OS JUVENILES TEDES UN EQUIPO BON PERO NON PARA TANTO E OS MAYORES XA VOS BAIXARON DA NUBE DE SUBIR A NACIONAL. E A MIÑA OPINION E QUE CONSTE QUE CANDO PODO VOU VERVOS. SORTE

Tonecho dijo...

Eu discrepo, ca tua opinion Anonimo.
Os xuvenis creo que son o equipo de futbol sala mas cualificado e preparado que nunca pasou por Melide, con bastante diferencia e os anos diran a onde chegan estes rapaces (algun polo menos).
No dos maiores e normal a euforia do principio e tamen e normal algun tropezo, pero o que esta a pasar non e un tropezo e unha caida, e unicamente teñen que retomar o traballo e ter un pouquiño de sorte.
Un saudo.

PATRICIA SUEVIA dijo...

Bos días!!
Eu á diferencia de Iván S.C. estos días non ando nada inspirada, pero deixo a miña opinión. Penso coma Tonecho con respecto os xuveniles.
Os seniors teñen cuestións de equipo, viñeron malos tempos para tod@s, que por empatía inflúen nos compañeiros, a sorte non acompaña, e se intenta saír a diante poñendo cada un o que pode dar por si mesmo, sen ter en conta o que se pode dar en conxunto. Sairemos a diante, hai que poñer empeño.
E ademais pregunto por aqui (asi de paso activamos un pouco o blogue) a qué hora xogamos os "pequenos" na Coruña este sábado 24 e onde.
Incopórome de novo ás bancadas para dar o meu apoio 100% ó equipo, agora que parece que o 2009 me empeza a dar a tranquilidade que precisaba, aínda que non nos termos que contratara, xDDDD

En fin, un saúdo moi agarimoso a tod@s. Estou desexando volver veros XOGAR.

PATRICIA SUEVIA dijo...

Non me decatara de que se tiña conta gmail aparecía o meu nome!!!

Tonecho dijo...

Os xuvenis, xogan en Coruña, no Barrio das Flores contra o Autocares Pombo.
Un saudo a todos.

Tonecho dijo...

Perdon, a hora e as 17:00.
Outro saudo.

PATRICIA SUEVIA dijo...

GRACIAS!!

Anónimo dijo...

tonecho cuantos juegan la copa de juveniles un saludo

Tonecho dijo...

Se non fan cambios na Federacion, esta pensado que unicamente a xoguen o 2º contra o 3º xa que o primeiro vai o campionato de España, e a Federacion di que a moitos equipos a hora de participar volvense atras e por eso unicamente contan con 2.
Pero comenteino con eles algunha vez e non teñen problemas en poder ampliar a mais equipos.
Un saudo.

Fotos Semana Eypar 2010