domingo, 25 de enero de 2009

Crisis

Malisimo partido do Melide Futbol Sala en Lugo na tarde deste sabado na que caeu derrotado por 7-1 fronte o C.P.Casás.
Non hai escusas para explicar o visto onte pola tarde xa que o rival nos pasou por encima con total claridade en case todo o encontro. Na primeira parte tiveron ocasións moi claras e so un bo Angel e a sorte evitou que nos foramos con unha goleada en contra, ainda asi 3-0 foi o resultado.
No segundo o inicio pareceu que cambiaba algo xa que tivemos tres ou catro ocasions clarisimas que non materializamos e na contra eles acabaron de matarnos. O gol do Melide foi obra de Humberto.
Non sei cal e o problema pero e que non nos libramos ningun dos que fomos. Non xogamos a nada que se pareza a futbol sala, faltanos intensidade, corremos pero sen rumbo e calquer perigo que creamos e a base de individualidades.
Agardemos que para a semana coa volta a casa as cousas cambien, xa non pido a nivel de resultados pero si polo menos de imaxe.
Pola sua banda os xuvenis non xogaron por mor do temporal ou iso e o que teño entendido.
A vindeira semana logo de dous meses volvemos a xogar de locais, os seniors as 17:30 e os xuvenis as 20:00. Agardamos o voso apoio para tentar variara algo isto.
Un saudo.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

RETIRADEVOS OHH¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

PAKETES¡¡¡¡¡

PATRICIA SUEVIA dijo...

Hola a tod@s!!
É verdade que non xogastes a nada, isto xa empeza a ser algo que limita cos desanimos persoais. Falabámolo no Rouco, hai que sair a xogar, xa non importa tanto gañar ou perder, pero hai que xogar ben. O peor é que sabedes, demostrastelo en moitas ocasións, así que teredes que buscar en vós qué era o que tiñades antes ou qué vos falta agora.
Vin tamén que cando saídes á loita dos tantos, se estos tardan máis do que agardavades xa desistides, máis eu oio dende ás gradas "insistiiiiiiiide", "somos un bloque", "fortes eeh!", así que facede caso.
Todo está por ver, e nos queda toda a vida para xogar, porque neste clube de retiradas nada.

Vos imaxinade unha partida de tute, na que as vosas cartas son douses e cincos e ningún é un triunfo, e o voso compañeiro pon cara de poucos ases... ¿tirades coas cartas e dades a partida por gañada? ¿Qué é iso? Perderedes, pero xogando as bazas da mellor forma que haxa para conxugalas. Perdemos xogando e non deixando gañar, que é distinto.
E informo aos interesados que non temos servizo de paquetería.
Nos vemos mañá. Saudiños a tod@s.

Tonecho dijo...

Todos teriamos que aparecer aqui para animar o equipo, aparecer menosprezando cando se perde faino calquera.
Eu estou con Patricia, temos que tirar para adiante, e o que non lle guste con ver o partido ou non leer o blog arreglado.
Animos e forza.
Este sabado a gañar todos.
Aviso para os xuvenis, entrenamos todos, lesionados, non lesionados, bos, malos, etc, haxa ou non temporal.
Saudos

ivan dijo...

Animo xente, coa volta a casa seguro que cambia a xeira de resultados e pouco a pouco volveremos a ser os do principio.

Por certo os seniors non adestramos por problemas de condensación no pavillon, agardemos que se superen para o venres e sabado.

Un saudo e agora mais que nunca

ANIMO A TODOS OS COMPOÑENTES DO MELIDE F.S

Ruben dende Vigo!! dijo...

Boas a Todas, son Rubén facia moito que non andaba por estes lares, pois levo unha epoca moy agobiante de traballo, querenme matar estes vigueses!!! a partir de agora xa teño mais tempo libre asiq seguirei o equipo mais de cerca, solo quero decir q tedes un gran equipo, que as cousas este ano se estaban, o q eu puiden seguir moi ben, e q despois da tempestade sempre ben a calma, asiq tranquilos, q disto non se faga un drama, tedes potencial e calidade asique seguro q todo volvera o seu cauce, ainda q non podo seguir todo o q quixera este equipo quero dar o meu apoyo, e o dito confianza e pronto se volvera a gañar.!! ANIMO E FORZA O FUTBOL SALA en Melide!!!

Saudos a todos!!

P.D;Ivan eres un crack!!

Ivan dijo...

Buenas fenomeno¡¡¡¡

Canto tempo, en primeiro lugar agradecerche os animos e haber se e certo que volve a calma.

Por certo este sabado xogamos na casa asique se andas por Melide acercate ainda que eu non sei se chegarei a tempo.

Senon todo sera que pages unha copa a noite que seguro que se curras tanto andas podre de pasta.jeje.

Un saudo fenomeno.

PATRICIA SUEVIA dijo...

Gustame ver moitos comentarios aquí!!
O venres eu non poderei estar pero o sábado baixe quen baixe.
Informademe dos actos sociais do clube ;).
Moitos saudos e a todos e lanzo unha preguntiña: xa que o martes non se poido entrenar por eses problemiñas de condensación, ¿entrenades por partida doble o venres? jejejeje.

Mil bicos rapaces, sodes os mellores!!

Tonecho dijo...

Ruben, ven vido, espero verte mais veces por este blog.
Ivan estas sempre racaneado, a Ruben, os xuvenis, etc.
E o peor e que coñecendote, seguro que quedas con algun para que te invite e seguro que terminas pagando ti.
Patri, tamen prestar verte outra vez activa no blog.
Voto en falta o presi e a Manito, que din as mala lenguas que terminache baixando os santos todos o ultimo partido.
Un saudo a todos.

Tonecho dijo...

Sobre algun comentario que non valoraba o suficiente os xuvenis, quero decirlle a xente (xa se pode saber) que para ir empezando (dentro de pouco teremos mais), Carlitos e Fran os dous cadetes do equipo xa estan convocados ca Seleccion Galega, con moitas opcions de ser elexidos para asistir o campionato de España.
E os mesmos xogadores, xa nos chamaron do Lobelle para a sua incorporacion o Lobelle xuvenil.
Javi (o pequeno da saga dos 500) tamen foi convocado ca seleccion galega infantil.
E falta a convocatoria da seleccion xuvenil na que espero que entren o menos entre 3 e 5 xogadores do club.
Xa sei que tivemos xente na galega noutras epocas, pero teño dudas que foran tantos en tan pouco tempo.
Son uns figuras, pero teñen que tamar en serio o que queda de liga, que e o complicado de verdad.
O azkar, vai palmar, o riazor tamen, o lobelle penso que tamen, os que penso que vamos a subir somos nos e o Redondela (estes ultimos teñen o problema de que teñen 3 sancionados e o entrenador expulsado. Pero temos que centrarnos mais, a semana pasada faltaron 5 o entrenamento e saben que eu non consinto estas lerias.
Outro saudo.

Ivan dijo...

Noraboa a Carlitos, Fran, Javi e todos os que vaian a xuvenil que esperemos que sean os maximos.

Penso que unha parte importante desto e Tonecho (non e por votarlle flores) que canto empezaron a surxir as ideas de recuperar o equipo xuvenil todos falaban de que para facelo tiña que ser con el o fronte ou que senon non haberia o equipazo que ai.

Agora agardo que non se vos suban os fumes e sigades traballando e indo a adestrar todos e recuperar o ambiente que tiñades. E se vos suben os fumes sempre vos quedara chamarme a min e a maravillas para darvos unhas leccions de futbol sala e asi daredesvos conta do que sodes en realidade jeje.

Un saudo e reitero a NORABOA A TODOS

Anónimo dijo...

va haber partidos sta semana o se suspenden por el temporal?

Tonecho dijo...

Gracias polas flores Ivan, pero penso como sempre (e como sempre lles digo a eles) se perden, perde o mister, se gañan, fano os xogadores.
O principal problema que temos agora mesmo e a falta de continuidade nos partidos e que algun empeza a froxear no de ir a entrenar.
Espero que hoxe esten todos, senon empezaremos a ter problemas.
Sobre os partidos do fin de semana, comentar que se suspenden tanto en seniors como en xuvenis, e que o partido aprazado dos xuvenis da semana pasada, xogarase o martes 10 en Coruña as 21:30.
Un saudo a todos.

Fotos Semana Eypar 2010