domingo, 27 de noviembre de 2011

Mercade Lotería

Penso que este Nadal os do Melide F.S temos que mercar lotería porque algo seguro que cae, porque con tanta mala sorte na pista algo bon terá que caer por fora. Onte nova derrota por 3-1 fronte o Leis Pontevedra.
Comezou o partido moi equilibrado, e así estivo toda a primeira parte, con posesión do Leis pero sen excesiva profundidade, solo buscando xogadas o segundo pao. Pola súa parte o Melide creaba perigo en contras e algunha que outra xogada de estratexia. E deste xeito foi como se desiquilibrou o marcador, unha gran xogada de estratexia do Leis que culminou o seu porteiro facendo o 0-1 co que fomos o descanso.
Na segunda metado, ou mellor dito nos últimos segundos da primeira empezou o noso idilio cos postes, 4 o longo de todo o encontro, e por contra os visitantes en cada chegada facian gol. Consegiron poñerse 3-0, pero a falta de 8 minutos para o final Perez acurtava diferencias. Non foi suficiente todo o esforzo e a pelota non volveu a entrar.
Quedome esta semana coa motivación do equipo, e con pensar que antes ou despois a xeira terá que cambiar e seremos nós os que marcaremos en lugar do rival.
A vindeira semana temos xornada de descanso, e dentro de 15 días volvemos en xogar en Melide fronte o Concello de Vilamartín.
Moitas gracias a toda a afición que unha semana mais nos veu a ver e animar. Insisto, Gracias
Un sáudo.

lunes, 21 de noviembre de 2011

Mala Tarde

Nova derrota, nesta ocasión moi clara a sufrida polo Melide Fs na pista do Ourense o caer por 10-1.
Esta semana por motivos persoais non puiden asistir o encontro pero polo que me foron contando en ningún momento estivemos o seu nivel, nin tivemos poder de reacción.
Agardemaos que este sábado en Melide as sete fronte o Leis Pontevedra poidamos loitar polo noso primeiro punto.
Un saúdo.

domingo, 13 de noviembre de 2011

Resignación

É o único que nos queda, resignarse, asumilo e seguir currando, porque non e xusto que logo dos dous últimos encontros non conseguiramos ningún punto. Esta semana caemos derrotados por 6-5 na cancha do Bueu.
Encontro raro dende o inicio, sen que o árbitros deixasen sentar o noso adestrador no banquillo e con sensacións raras. Mais ainda cando os dez segundos perdíamos por 1-0. Ainda asi, o equipo empezou a asentarse e conseguiu dar a volta o marcador, e levar a iniciativa no marcador dun encontro tolo ata cinco minutos antes do descanso cando os locais se volveron a adiantar. Fomonos os vestiarios a media parte con 4-4 gracias a un gol de Manu.
Na segunda parte o encontro non foi tan correcalles, e os locais levarono un pouco o seu terreo, mais brusco e bronco. O Melide soupo estar ven neses intres e incluso nos adiantamos no seguntdo tempo.
Chegamos os cinco últimos minutos con empate a cinco e co Bueu xogando con porteiro xogador, aí perdoamos moitas ocasions e o rival nunha contra a un minuto do final fixo o definitvo 6-5.
Logo de cinco xornadas, o equipo ainda non logrou puntuar, pero para os xogadores, de verdade que esta a ser de mala sorte, e que se queremos darlle un cambio pasa polo traballo. Estanos a costar moito marcar, mais do habitual e a defensa arriscada que facemos fainos cometer erros que nos costan moitos goles.
Agardamos a partir da vindeira xornada en Ourense a xeira varie un pouco.
Un saúdo.

domingo, 6 de noviembre de 2011

Insuficiente

Melloría notable do equipo tanto en prestacións como en resultado pero insuficiente para lograr o primeiro punto da tempada, xa que o resultado final foi de 4-5 para o pizarras los tres cuñados.
Comezamos o encontro facendo o que temos que facer, correr, presionar, e dalo todo, con eso fomos moi superiores o rival, e ainda que non conseguimos abrir o marcador, as sensacións eran boas. Pouco a pouco, e sen ter moi clara a razón o equipo perdeu gas, ainda así a falta de tres minutos para o descanso, Manuel puxonos en vantaxe por 1-0, marcador co que fumos os vestiarios.
Na reanudación e para non variar saimos dormidos, daba igual os cambios, o equipo non se metia no encontro, senón todo o contrario, deixamos de presionar e o rival era superior. Foi por elo que se puxo con 1-3 no marcador a falta de 6 minutos.
E de repente, cando todo parecia morto, o equipo volveuse a enchufar e presionar, e xogar o que sabe. E si e verdade que acabamos perdendo o encontro, pero perdoando tres mans a mans co porteiro, errando un penalti, e con un árbitro que non tivo a súa mellor tarde, mais ben todo o contrario.
Os goles do equipo de Melide foron de Sergi, e Manu en tres ocasións.
Destacar no Melide, a parte de Manu, a volta de Casal, o bo encontro de Rubén, e o extraordinario de Fer.
Doe moito esta derrota, porque de ser algo constantes, os dous encontros da casa terían rematado de xeito moi diferente, pero só queda seguir traballando, e pensar no vindeiro rival, o Bueu o vindeiro Sábado.
Non quero rematar a crónica, sen agradecer por énesima vez a todos os que nos acompañades no pavillón, sobre todo nestas datas de inverno. Moitas gracias.ç
Un saúdo.

Fotos Semana Eypar 2010