domingo, 22 de febrero de 2009

Que siga La-racha

Partido moi serio o que xogou o Melide este fin de semana en Laracha, temos que recoñecer que o rival non tivo un bo dia e que o seu porteiro tampouco estivo inspirado, ainda asi, o resultado final demostra que fixemos un gran partido, 1-11 foi o resultado final.
Comezamos moi enchufados e no minuto dous xa tiñamos dous goles a favor, ambos obra de Diego, durante o resto da primeira metade o dominio seguiu a ser aplastante e Bareto tamen fixo un doblete. Os locais apenas se acercaron, so con disparos lonxanos ben desbaratados por Tapi.
Na segunda metade o guion foi identico, ainda que nos viñeron presionar non crearon excesivo perigo, so un penalti tonto, pero que Tapi denovo volveu deter. Diego, Bareto por tres veces mais, Piston en duas e Cordido cerraron a goleada. O gol da honra foi de penalti.
Baby puxo de inicio a Tapi (1) na porteria, Rober (6) de peche, Manito (9) e Diego (4) nas alas e Piston (2) arriba. Tamen xogaron Angel (12), Garimbas (3), Bareto (5), Ivan (10) e Humberto (14).
O xogador mais destacado foi Bareto polos 5 goles e Diego polo hat-trick pero tamen destacaria a primeira metade de Manito e a volta de Cordido xunto co bo estado de Piston no un contra un dos ultimos encontros.
Pouco mais que dicir do encontro, salientar a fame do equipo que agardemos que siga nos proximos encontros, o igual que a union e animo que hai dentro do vestiario.
A vindeira xornada que xogamos en Melide volverase a disputar o Domingo as 12 de maña, asique agardemos contar co apoio do maior numero de xente posible.
No que se refire os xuvenis posto que coincidiron os dous encontros non os puiden ver. Polo que me contaron remataron con 3-3 fronte o Lobelle e o empate dos de Santiago foi quedando segundos. O parecer foi un gran encontro por ambas partes que puido rematar co triunfo de calquera dos dous. Agardo que Tonecho nos deixe algun comentario do encontro e haber se algun xuvenil se anima e gasta un minuto do seu tempo e escribe algo.
A proxima semana se non me engano volven a descansar, asique o domingo pola maña agardo velos no pavillon.
Por certo antes de rematar noraboa a Fran que segun me dixo esta moi contento coa pretempada da selección e tamen a Nando, Sergi e os Casal brothers que estan cos xuvenis.
Un saudo e a ANIMAR O MELIDE FUTBOL SALA.

14 comentarios:

Melide Fs dijo...

Por certo o encargado do titulo unha semana mais foi Humberto.

Un saudo.

ó 15 dijo...

Carallo como vos esmerastes.HuberPITO andas dun literario que mete medo.Noraboa xavales vémonos o venres.A seguir igual.UUUUUUUUUNNNNNNNNNNN BBBBBBIIIIIIIKKKKKKIIIIIIÑÑÑÑÑÑÑÑÑÑÑÑOOOOOOO

Tonecho dijo...

Felicitacions os seniors, estaba claro que era un tema de confianza e traballo, e pouco a pouco imos saindo do baixon.
Sobre os xuvenis, partido moi intenso. Tacticamente malo ou frouxo polos dous conxuntos, pero moi intenso en defensa e contras.
Creo te tiñamos que gañar pero faltounos un pouquiño de sorte. Moitos paus, uns contr un fallados, etc. Pero creo que o Lobelle foi un gran conxunto e o resultado (visto o de ida) non e malo.
Teño que resaltar o bo partido de Guti na primeira parte (ese e o Guti que me gusta), pero dous puntos por riba estibo Fran que xogou a nivel de xuvenil de ultimo ano a pesar de ser cadete (un partidazo) pero un xogador que foi enorme todo o partido foi Nando. Para min hoxe e un dos mellores xogadores que deu Melide e comarca no futbol sala. Pero non quero subilo moito (el xa sabe que ten ainda moito que aprender e mellorar) pero teño que recoñecer que onte foi impresionante.
Un saudo a todos.

Anónimo dijo...

Da gusto ver que as cousas volven a normalidade. Co traballo que estades facendo e cun pouco de sorte estaredes arriba seguro, non digo loitando polo ascenso xa que está moi dificil,pero si entre os 4 ou 5 primeiros que por plantilla é donde tedes que estar. Ánimo e a seguir cas mesmas sensacións!

PEICHO dijo...

tonecho non deberias de falar asi dos teus xogadores non flipes tanto e deberias ser mais humilde co resto do teu equipo non creo q despreciar o resto de xogadores sexan palabras dun bo entrenador dun equipo ,sobre todo xuvenil.eu vin a ese tal nando e sinceramente e un mais e mais e normaliño de todo e se te das unha volta por arzua curtis boimorto ou touro verias que hai xogadores que cagan cagan polos teus.

Anónimo dijo...

Aqui o unico que despreciaches os xogadores fuches ti,asi que non des normas de moral e dedicate a facer criticas constructivas.

Un saudo de un xuvenil

Tonecho dijo...

En ningun momento desprecio o resto. Todo o que digo aqui, dixeno antes diante deles.
Por suposto que nos sitios que dis teñen moi bos xugadores, Diego de Arzua (Romario), por exemplo, pero eu non falo deles, falo dos meus.
Sobre a tua apreciacion de Nando, podoche asegurar, e os compañeiros del tamen, que viches mal.
E sobre se un entrenador ten ou non que falar asi dos teus, se xogas (non te coñezo) xupoño que che gustará que o teu entrenador fale ben de ti, pois eso foi o que fixen falar ben dos meus. Nunca me oiras falar mal de ningun dos meus en ningun sitio.
Un saudo e gracias por leer o blog do Melide Futbol Sala.

14-Guti Selección dijo...

Boas, non son moi habitual por estes lares pero puidome poderosamente as ganas de contestarlle o tal PEICHO ese de Boimorto-Arzúa-Touro-New York-Londres!!! Rapaz, estouche de acordo en que o partidazo de un xogador en concreto non vale para nada se o resto de companheiros non xogasen,polo que estou completamente en desacordo en felicitar máis a un porque meta 5 goles(esto tampouco vai por Bareto ou Pistón)ou corte 4 balóns claros de gol!!!! E niso si que penso que pecamos moito todos, en destacar a un por encima do resto!!! Pero o de cagar por riba da xente pois que queres que che diga, non é que senha do meu agrado, ainda que cada un...mais que nada polo mismo que che acabo de dicir, que seguramente que ese "xogador-perfecto" que ti denominas "Arzúa-Tokio-Los Angeles-Boimorto" sen outros 7 ou 8 companheiros non sería máis que iso, un flipao que caga por irba da xente!!!

Lo dicho, para min, o máis importante é o equipo e parece que polo menos aquí en Melide Capital, onde por certo temos xente de Boimorto, San Corme, Palas, Toques e arredores, ese concepto se vai metendo na cabeza de todos!!!

Unha aperta e gracias Portos, eu tamén te quero jeje!!!!

O domingo un de marzo, as 12 da manhá, próxima final no Staple Centre de Melide!!!! E despois a votar!!! Con sentidinho eh??¿ Que pa ladróns xa chega cos bancos!!!

Unha aperta!!!!
Dios como me vinhen arriba!!!

Anónimo dijo...

fran está que se sae, pero fernando coma sempre espéctacular.

Anónimo dijo...

La verdad es que ayer quedo demostrado que los de Arzua, Boimorto... cagan por los de Melide. juas juas. PEICHO si estuviste ayer en el pabellon de Melide creo que tienes motivos para rectificar tu comentario. MELIDE EQUIPAZOS.

ó 15 dijo...

haber quen é ese peicho dos collóns.Porque fala de BOIMORTO asi porque si.
Mira nen@ se non estas agusto ponte e deixanos en paz os de BOIMORTO e o Melide FS que non nos fan falla os teus comentarios para motivar os xavales.
Pasade das suas palabras rapaces e ti tamén Tonecho q estas a facer un bo traballo.
Por certo para ó 14 teño desas papeletas VERMELLAS na casa, o domingo xa levarei unha para cada un do equipo, non vai a ser que alguén de equivoque e meta na urna unha papeleta cheirenta.
Veña ata o venres.UUUUUUUUNNNNNNNN BBBBBBBIIIIIIKKKKKKIIIIIIIIÑÑÑÑÑÑÑÑÑÑOOOO

PATRICIA SUEVIA dijo...

Todo dito! Un saúdo

Anónimo dijo...

hola, queria saber a que e debido que os senios xogen agora os domingos a mañan...

Ivan dijo...

O dos seniors en principio so sera esta xornada, por problemas de incompatibilidade de horarios de varios xogadores, e se non se puidera solucionar non habia que facer pero podendo evitalo mellor.

Un saudo e ata domingo

Fotos Semana Eypar 2010