domingo, 18 de octubre de 2009

¡Toma, Toma y Toma!

Por fin chegaron os tres primeiros puntos da tempada e por encima no derbi fronte a Arzua e dun xeito moi sufrido. 6-5 foi o resultado final do encontro. Por certo esta semana regresou o blog "Titulares Humberto S.L."
Foi un encontro con un futbol sala non moi espectacular por parte dos dous conxuntos, e moi condicionado polas faltas, xa que na primeira metade os seis minutos ambos equipos estabamos no bonus, feito que se repeitiu na segunda parte no noso equipo. O primeiro en dar foi o Melide logo dunha xogada un tanto embarullada que resolveu Xurxo adiantandonos no marcador, un marcador que pouco despois ampliaria Carlos 500 logo de aproveitarse dun erro do porteiro. Nese intre apareceron as temidas faltas e ainda que erraron tres dobres penaltis, os visitantes marcaron dous conseguindo igualar o encontro. A pouco do remate do primeiro tempo Borja Casal volvia a darnos vantaxe no marcador.
A segunda metade comezou cun guion similar, partido equilibrado no que o minimo contacto o colexiado sinalaba falta, pese a isto Bareto volvia a ampliar distancias para os de Melide. O encontro seguia moi igualado e o Melide erraba moitas saidas as contras o que aproveitou o Arzua para acortar distancias, ainda que pouco despois Borja Casal volvia a diferencia de dous goles. Un penalti en contra volveu a poñer a minima diferencia ainda que novamente o guion repetiase e nesta ocasión Sergi volveu a ampliar. Tocou sufrir ata o final xa que a falta de un minuto un gol do Arzua poñia o 6-5, apostre definitivo.
Tonecho comezou o encontro con Cristian (23) de porteiro, Fer (6) de peche, Manuel (11) na esquerda, Bareto (12) na dereita e Borja Casal (5) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Borja Perez (3), Sergi (8), Manito (9), Xurxo (16) e Carlos (17). O mais destacado debe de ser para a loita e entrega de todo o conxunto, pero se falamos de loita e sobre todo defensiva destacoua a de Piston.
Como digo non foi un partido brillante, pero no que tiñamos que gañar como fose, xa que ainda non sabiamos o que era iso. A proxima xornada visitamos o Castro, rival que na clasificación ten un punto mais que nos, e a pesares de que imos ir con baixas moi significativas temos que sair coa mesma intensidade e gañas e tentar volver cos tres puntos.
Por último e non menos importante senón todo o contrario, mención super especial o PUBLICO, que acudiu de xeito masivo animar o equipo e que en ningun momento deixou de confiar en eles.
Un saúdo
.................................................................................... Resultados Xornada 5
FS Cedeira - Ventorrillo Caixanova (0-6)
Jim Sports Melide fs - Concello Arzua (6-5)
Burela Turística - CFS Castro (5-4)
Club Ribeira fs - S.I. Outeiro de Rei (6-4)
FS Alameda Xarío - Jogafan Ordes FS (3-4)
Boqueixón FS - Troula FS (6-2)
Peugeot Vilalba fs - Loterias Mexillon de Ouro (6-1)
Hotel Torques Mera - C.P. Casás (4-2)
.........................................................................................................
Partidos Xornada 6 (24/10/09)
Ventorrillo Caixanova - Hotel Torques Mera (19:00 h)
Concello de Arzúa - F.S. Cedeira (18:00 h)
C.F.S Castro - Jim Sports Melide F.S. (19:30 h)
S.I Outeiro de Rei - Burela Turística (19:30 h)
Jogafan Ordes FS - Club Ribeira F.S. (18:00 h)
Troula FS - F.S. Alameda Xarío (17:00 h)
Loterias Mexillon de Ouro - Boqueixón F.S. (17:30 h)
CP Casas - Peugeot Vilalba F.S. (17:00 h)

36 comentarios:

Melide Fs dijo...

Por certo, xa está a publicidade dos novos patrocinadores na presentación de arriba

Tonecho dijo...

Hola a todos.
Esta vez a miña cronica da semana e mais relaxada.
Esta claro que temos que estar tranquilos para conseguir cousas.
Por fin comenzamos a entender a defensa de 4-0 e comenzou a sair. Gañamos eso pero perdemos transicion de balon que non demos feito en ningun momento.
Partido duro mentalmente, o resultado foi moi apretado para o meu gusto, penso que fomos superiores o Arzua en todo o partido menos nos ultios 5 minutos.
Teño que destacar o bo comportamento dos xogadores do Arzua (especialmente Portos), en todo momento correctos e non teño a vision deles do que comentaron contra o Burela, supoño que sería un dia concreto. O que si son e moi listos no momento de presionar os arbitros, o cal dcomento como unha cousa boa non como algo negativo, so comentar que se equivocou nas formas o adestrador no momento que foi expulsado, as portas do poli non teñen culpa do que pinten os arbitros (tamen supoño que un mal dia teno calquera).
Sobre o resto do partido so decirvos os xogadores que se remataramos a metade dos contrataques, e desa metade foran a porteria a metade e de esa metade marcaramos a metade, posiblemente gañariamos de goleada.
Outro aspecto importante foi o estado da grada, tiña tanta xente coma nas semifinais do torneo de veran, GRACIÑAS a todos, incluidos os que remataron con principio de infarto polo fin de partido, asi para a semana vides con mais gañas e con unha tila antes de empezar.
Cambiando de tema, en referencia as fotos que se poden ver o principio, felicitar o Melide Futbol Sala polo esforzo constante que teñen por promocionar o deporte en Melide. A visita os colexios saiu moi ben e penso que fara que aumenten as inscripcions de nenos, que como informacion podemos decir que xa van en 70 nenos e queremos chegar os 100.
Pouco a pouco vamos cara a ser un referente como xa sabe o meu amigo anonimo, o cal xa lle aforro traballo e comentolle que xa presentei a dimision o terminar o partido para quedar no alto na miña retirada, pero non ma quixeron, pero tranquilo que insistirei para a semana que ven.
Un saudo a todos e GRACIÑAS OS QUE NOS VEÑEN A VER, sen vos o partido non seria o mesmo.
Dende agora sorte o Arzua ata o partido de volta.

Anónimo dijo...

TONECHO FACIAS VEN DIMITIR, NON CREO QUE GANEDES MAIS PARTIDOS. TONECHO DIMISION

Tonecho dijo...

Xa o sei, pero tranquilo a miña maior meta nesta vida e darche tema que falar. Tranquilo para a semana seguimos.
Un saudo.

Tonecho dijo...

Amigo Anonimo, penseino mellor e como teño claro que este blog e para falar do Melide Futbol Sala e non de min, e a ultima vez que che vou contestar. Darlle importancia a quen non a ten e inutil, co cal paso o seguinte nivel e non vou contestarche mais veces.
Ti estas invitado a seguir opinando o que creas oportuno todalas semanas pero si que che vou quitar o gustazo de contestarche todalas semanas.
Disfruta desta ultima vez e ata nunca.
Eso si, non deixes de vir a acompañarnos no Poli, todos sumamos, incluso ti.
Un saudo Anonimo.

PATRICIA SUEVIA dijo...

BOAS TARDES!!
Tempo facía que non deixaba a firma, pero nunca faltei.
Eu tamén quero felicitar ó clube por esas visitas ós colexios. ISO MOLA!!
Logo deste último encontro qué dicir; unha inxeción de ánimo.
Agora pensar xa no seguinte partido, coas pilas cargadas e traballando igual ou mellor.
Merecíades(mos) xa ver a recompensa do traballo de fondo sumando.
E Tonecho, fas ben. Na miña opinión, a indiferenza doe máis.
Vémonos ó sábado. Un biquiño a tod@s!!

Anónimo dijo...

Un mal dia claro que o pode ter calqueira persoa, pero o adestrador do Arzua Juan Carlos , leva ben de anos sendo un perfecto maleducado cos arbitros e rivais, e o tipico que pensa que todo o mundo esta contra del e o seu equipo.
pd: non sou do Melide Fs, fun arbitro fai tempo e sigo vendo partidos.

Anónimo dijo...

Arzua en su pista va a perder muy pocos partidos. Todo debido a las encerronas que provocan contra equipos y arbitros. Los arbitros de Autonómica no son buenos, caeran en sus provocaciones y amenazas. Este es el equipo mas antideportivo que pasó por Nacional B en mucho tiempo. Por lo visto en foros, siguen la misma tónica por autonómica.

Anónimo dijo...

Q funcionou o sistema 4 - 0!!!
Pois eu non opino o mesmo, solo vin outro desaste, o q pasa e q o arzua non ten nada excepto un gran porteiro!!
O melide non fixo un bon partido para estar na casa, moitos erros de novato, sobre todo coas faltas!!

Melide Fs dijo...

Boas, facía bastante tempo que non entraba para valorar comentarios, pero acabo de ver estes dous últimos e a verdade e que non me gustan moito.

Agradezo sempre a todo o mundo que lea o blog, e se comenta mellor que mellor pero como dixen mil veces cando as criticas son cara o Melide Fs gustame que se poña o nome de quen as fai, e ainda mais se e cara un equipo rival como e neste caso xa que e moi doado facer a critica detras dun anonimo.

Non vou entrar en si o Arzua ou o seu adestrador tiveron ou non actitudes antideportivas noutros encontros ou noutras divisións, eu so sei que contra o Melide o sabado foi un partido totalmente limpo e no que cada quen xogou as suas cartas, ademais e xa a titulo persoal non me parece que a xente do Arzua sexa como dicides estes dous ultimos anonimos de feito os que coñezo asegurovos que non o son en especial Portigol.

Non dou mais a vara so o de antes, se poñedes comentarios por favor poñede o nome para saber de quen son.

Un saudo

P.D. Portos votase de menos unha crónica tua do partido. Cuidate 15, ou mellor dito 6 jeje.

Melide Fs dijo...

Uy, acabo de publicar o comentario e mentres o escribia publicou outro anonimo. Decir que no meu comentario referiame non a este último senon os dous anteriores.

Con respecto o último dicirlle que ten algo de razón, ainda que non tan desastre nin o Arzua so ten porteiro, pero si que toca seguir currando bastante para mellorar.

Un saudo

Portos dijo...

Hola foro.
Ivan entrei o blog para ver a crónica e mellor ca tua ningunha, pero gustariame aclarar un par de puntos no nome do Concello de Arzúa Fs:
-A verdade non nos molesta os comentarios dos anónimos pero o que de veras crea e pense que o noso equipo é antideportivo me parece que esta un pouco equivocado, nos perdemos e gañamos partidos pero no rompimos ningunha perna a nadie nin mandamos a nadie o hospital........
Se a xente entende por antideportivo e amenazante a nosa maneira de xogar pois que non veña xogar nós faremos falatas pero tamen as sufrimos e queixamonos claro que si pero os demais equipos tampouco son tontos e tamén se queixan.
-Falando do partido do sábado creo de veras e sinceramente q o Melide mereceu gañar e secadra por mais diferncia pero tamen q teña claro todo omundo que nos o sabado non xogamos a nada nada nada.Fixemos un partido horroroso en todos os aspectos e un dos nosos mellores xogador Marcos(porteiro)tampouco foi o seu mellor día e verda??jajjaja.
-Outra cousa que non me gustou e fun o primeiro en recreminar foi a perda de nervios de Juan Carlos o noso mister pero creo q ó Melide non se dirixeu en ningun momento nin a grada ,so os arbitros, pero ainda asi pido disculpas a todos no seu nome.
-Por último que xa me enrollo so desexarvos sorte para o queda, para todos os xogadores e para Toneche que sera como sexa pero é un gran mister e unha gran persoa polo menos para min (tes dous collos brn postos)

PD:Ah e non teñades medo de vir xogar a Arzúa que non se come a nadie.

portos dijo...

TONECHO perdoa no comentario que puxen mal o teu nome pero eque eu e o teclado non somos grandes amigos.

dantelu dijo...

Gracias Tonecho polas alabanzas ao noso equipo e sobre todo, noraboa pola victoria... moralmente vaibos dar moita vida!!! A verdade k ata k non remate a primeira volta, non se pode facer unha valoración dos puntos necesarios pra salvación, e persoalmente penso k non vai kedar ningun ekipo descolgado nos ultimos postos. Despois todos os anos sempre ahi o tipico ekipo k a mitade de temporada abandona a competición e trastoca toda a clasificación. O ventorrillo non sei k aspiracións tera de futuro, pero ao ritmo k levan tan deixando as cousas moi claras por arriba.
O dito, noraboa pola victoria, e será un placer saludarte cando nos enfrentemos, ainda penso k me debedes as copas da porra da semana pasada... jejeje

Tonecho dijo...

Aqui estou de novo. Sobre o Anonimo do sistema 4-0 que supoño que non sera o mesmo de sempre (por eso contesto) darlle a razon que non xogamos ben polo momento, temos moitisimos erros especialmente na conduccion dos contrataques e nas faltas que ti comentas sen sentido, nas duas partes tiñamos 5 no minuto 9, pero aclaroche que nos non xugamos en 4-0 nin nada parecido, nos xogamos en zona-mixta con cambio nunha ala, estas un pouco errado. Defendemos o 4-0 a quen o fai, e este sistema e xustamente o que mais nos costa defender, pero non a nos, a calquera equipo.
Sobre o tema de Arzua opion como Ivan, aqui comportaronse como señores todos os xogadores e o do adestrador dixeno sen mala intencion e pido disculpas se algun de Arzua se sente molesto.
Portos gracias polos comentarios, da gusto xente cama ti neste deporte e esperamoste aqui todalas semanas para comentar os vosos partidos.
Nos por suposto que iremos encantados a xogar a Arzua, e iremos exactamente igual que se xogaramos na casa.
Dantelu, non son alabanzas, e o que din os resultados.
Miraremos a quiniela e se tes razon, aqui te esperamos para invitarte. Por certo, que hai de certo en que nin entrenades??? Xa seria o maximo, ir onde ides sen xuntarvos en toda a semana.
Un saudo a todos e seguimos opinando durante a semana.

Manito dijo...

Boas a todos!!!

Vou comezar saudando a Portos, machiño cos teus comentarios só demostras o que xa sabiamos: que eres un gran tipo. Estamos de acordo en que foi un partido disputado e duro de xogar pero limpo e nobre. No se refire as protestas do voso míster o teu xesto honrate pero que cada pau terme da súa vela. Penso que unha actitude equivocada nun momento puntual non lixa o que foi: un partido de futbol sala, xogado a cara de cán, pero nada máis que eso. Un saúdo figura.
En canto o colega Anónimo Pidedimisións (míster fas ben en pasar del) un argumento pódese discutir pero o que ti fas non, así que só hai dúas conclusións: ou non es nin idea de fútbol sala ou só queres tocar os collóns (eu persoalmente penso que son as dúas).
Indo agora ó partido uf!, a min case me da un tabardillo nos últimos minutos. Opino que fomos superiores ó Arzúa no cómputo global xa que se mantiveron no partido en gran medida polo gran número de dobres penaltys que tiraron (meteron tres ou catro) pero aínda nos falta moito, moito. É ben certo que desperdiciamos unha chea de contras (algunhas eu persoalmente, non me gusta que os demáis fagan o traballo sucio jaja) e que nos puideron as ansias en certos momentos de partido pero creo tamén que nos quitamos un peso de enriba gañando, aínda que fora con apuros, e que parte da ansiedade que traíamos ó lombo quedou na pista este sábado. Debemos buscar a tranquilidade que nos falta á hora de xogar co balón nos pés e pisar un pouco o freo á hora de defender, unha cousa e facelo con intensidade (que está moi ben) e outra e arrollar a todo dios, así nos foi, que ós cinco minutos de cada parte xa estabamos en bonus. Certo é que os árbitros tiveron algo que ver xa que pitaban o máis mínimo contacto, pero non é excusa, se eles poñen o baremo ahí debemos ser o suficientemente listos como para non caer. Bueno, pouquiño a pouco parece que esto toma forma, espero que dure.
Antes de acabar felicitar a Nacho (man) Pistón polo partido do sábado, tí si que eres un tarzán!! e saudar os compañeiros que están con doenzas, Diego, Humber, Iván: botasevos de menos meus. Unha aperta.
Nada máis, sorte a tódolos equipos (menos ó Castro) para a vindeira xornada e un saúdo. Coidarse.

Anónimo dijo...

corroboro lo del entrenador del arzua, no es buena gente.
por lo demas sus jugadores no tienen que ver con el comportamiento de su entrenador
es una opinion mia y de mucha gente y no tengo porque poner mi nombre.
no he faltado a nadie, solo pongo mi opinion, que no es la del melide fs ni de ni ninguno de su entorno
gracias

Anónimo dijo...

Andres Montes D.E.P, Que FIGURA

Javi dijo...

Tonecho eu como xogador do ribeira fs confírmoche q o non entrenamos ningún día, o único día q nos xuntamos é para o partido do sábado. E só nos xuntamos casi todo o ekipo no partido de castro, q no resto de partidos fomos bastante xustos de xente.

Tonecho dijo...

Pois se xa me parecia importante o que estabades a facer, agora moito mais. Felicidades, non e facil conseguir os resultados que estades tendo sen entrenar a menos que teñades grandes xogadores e non sempre ter vos xogadores garantiza o resultado.
Animo e sorte.
Por certo polo menos para algunha cea si que vos xuntaredes???? O Futbol Sala sen algunha cea de equipo non e o mesmo.

Tonecho dijo...

A Federacion cambia o seu formato na pax web e na zona de resultados, amplia e pon horarios e polideportivos.
E unha boa iniciativa por parte da federacion. Felicidades.
Estou comprobando a quiniela, nun momento colgo os resultados.
Un saudo.

Tonecho dijo...

Semana previsible no tocante os resultados da quiniela segun o numero de acertos.
Rober as apostas non foron o teu esta semana, se non tes sorte no xogo supoño que o teras no persoal (a entrevista seguro que sae ben) xa que esta semana so sacache 2 acertos.
O seguinte foi Vilalba con 4 acertos.
Siguelle de cerca Dantelu con 5 acertos.
Despois o amigo Anonimo que se acercou moito pero quedouse en 6 acertos.
E por increible que pareza non temos ningun con todos acertados pero temos a Marineda, Ivan, Ruben (esta semana si que atinache) e Sergio con 7 acertos.
Se aplicamos o baremo das quinielas de futbol en vez dunha copa tocariavos chupar o baso.
Un saudo e apostade esta semana.

prosy dijo...

Arriesguei na quiniela e xa vexo que non serviu de moito, jeje, fallaronme moitos equipos! Pero bueno, so quedei a 6 acertos do pleno,jeje!
En canto o partido quédome con mani, ganouse e punto. Era unha losa moi pesada que levavamos en cada partido e apartir de agora a ver se ven un pouco de paciencia a hora de xogar. A velocidade q pide Tonecho paréceme moi boa, pero as veces, moitas veces, convírtese en toleada colectiva e en nun descontrol que convirte os partidos en corre-calles!
E é verdade que hai moito que traballar e machacar, pero controlando o das faltas (en tódalas partes de tódolos partidos chegamos o bonus, e moi rápido) e sabendo leer os momentos claves xa temos moito gañado!
E a Castro hai que ir a morte, como se fora outro derbi, e controlar a euforia pq solo se gañou un partido! Veña, a seguir entreando como sempre, vémonos hoxe!
Por certo, non coñezo o Arzua, pero o partido do sabado foi moi normal, ca tensión propia dun derbi, pero nada mais!
Un saudo a todos!

Anónimo dijo...

esta semana solo voy a poner un resultado para la quiniela ya que todos lo vais a fallar.. jajaja

ventorrillo - mera 2

Vilalba F.S. dijo...

A ver si temos sorte e damos a sorpresa en Lugo, gañando o primeiro partido coma visitante.
Un saúdo

Ventorrillo - Mera 1
Arzúa - Cedeira 1
Castro - Melide X
Outeiro de Rei - Burela 1
Jogafan - Ribeira X
Troula - Xarío 1
Mexillon de Ouro - Boqueixón 2
Casas - Vilalba 2

14-Guti Selección dijo...

Jaja a es Mark!!!! Jaja TOMA TOMA Y TOMA!!!!!

Jaja a verdade é que non deixas de sorprenderme meu jaja!!!
Unhya aperta grande desde aki!!!

Non teño moito tempo, a ver se maña me conecto con mais tempo e me explayo un pouco máis!!!

En canto ó amónimo...jaja como diría un que eu me sei..."el típico comentario del tío que no tiene ni puta idea!!!" Ahí queda eso!!!

Portos...grande senpre!!! Foi unha pena estar lkesionado para non poder "charlar" no campo jeje!!! Espero que vos vaia ben o resto de temporada!!!

Unha aperta a todos e Mani, gracias polos recordo jeje!!!

P.D.: PIÑEIRO, FILLO DE PUTAAAAAAAAA!!! Jeje vótsache de menos Portigol!!!!!

Tonecho dijo...

Anonimo, seria moi bo para a liga, pero teño que poñelo moito en duda, de todos xeitos, sorte para o partido.
Un saudo.

Tonecho dijo...

Agradeceria que algun que xogara co Castro, fixera algunha aportacion de como xogan. Eu unicamente vin a primeira parte contra o Vilalba e pareceme pouca referencia.
Se podedes comentar algo agradecemolo.
Un saudo a todos.

dantelu dijo...

Do Castro contra nos, tampouco vos podo comentar moitas referencias, porque a nos saliunos un partido moi bon y eles foronse moi rapido abaixo. Eles guianse moito na pista por Walter que xogara no Azkar Lugo, el é o que move todo o equipo. Teñen un par de xogadores que a nivel individual tiñan moi boa pinta, un rapaz que deber ser brasileño e outro chaval novo que xoga adiante moi rapido, non foi un equipo que me gustara colectivamente. Abusaban moito do tiro lonxano. Por referencia deles, comentaronme que contra o boqueixon perderan 1 a 4 e k mereceran eles gañar... e k contra o alamedo xario foron sin ningun porteiro, e gañaron o partido. Son moi poucas referencias pra sacar unha conclusión.
Por certo, nos estamos un pouco perdidos co Muebles Jogafan, contoronnos que cambiaron o equipo casi por total do ano pasado, sabedes algo?

tonecho, entrenar non entrenamos porque non temos pavellon pra poder facelo, o que mais ou o que menos xoga en ligas pola semana, de feito temos un equipo filial na liga local de lugo e moitos de nos levamos 5 ou 6 anos xogando xuntos, entendemonos moi ben, e a xente nova k entrou este ano a xogar e xente k coñecemos d haber xogado ligas locais e como grupo fainos ter unha autentica piña no vestuario.

P.D.: As cenas no noso equipo son obrigatorias e pra eso hai ansia jejeje

Tonecho dijo...

Hola Dantelu.
Graciñas polo comentario sobre o Castro, tomaremos nota.
Sobre o Jogafan, podeche decir algunhas cousas xa que algo coñezoo, pero non moito.
Son un equipo veterano no que entrou algunha xente nova.
Estan acoplandose xa que teñen adestrador novo o cal si considero que e moi bo, fixo conmigo o Nivel I,II e III, xogou en honra e adestrou fai anos en honra e prata.
Ficharon a Deivi do Cesuras e outros equipos, pero non esta o nivel que tiña antes, pero non e coxo nin moito menos.
Creo que será un dos equipos duros para gañarlles e deses que sempre poden gañar un partido a calquera opoñente.
Un saudo e sorte o fin de semana.

Tonecho dijo...

Hola a todos.
Entro hoxe para avisar de que comencei a colgalos videos do Ventorrillo-Melide.
Tedes que perdoar a tardanza pero os temas de traballo son complicados.
Por este mesmo motivo colgueinos para non perder mais tempo sen editar, son mais videos para a mesma duracion.
En canto poda remato de colgalos ordenoos e comezo cos do Melide-Arzua.
Espero que vos sirvan para coñecer os equipos.
Non somos tan malos como parece, son eles moi bos.
Un saudo a todos.

Vilalba F.S. dijo...

O Peugeot Vilalba F.S. visita ao C.P. Casás o vindeiro sábado día 24 as 17:00.

Capitán Brunete dijo...

Hola a todos los blogueros de Melide FS.
Como le dije a Iván, antes de leer a nadie voy a hacer mi crónica de los hechos. Mi titular de esta semana es:
EL EFECTO PISTÓN!.
PUes sí, por fin llegó la primera victoria de la temporada. Muy necesitada para calmar las ansias de todos. Llevábamos unas semanas intentando analizar dónde habíamos fallado. Nos reunimos y hablamos, pero yo la única conclusión que saqué es que no entró la dichosa pelotita. En fin...
Del partido pues muchas conclusiones, fue un partido muy luchado en donde solo nos valía la victoria. Creo que con este partido para mi se acabó el eterno debate de juveniles y veteranos. De ahí mi titular "efecto Pistón". El efecto Pistón quiere decir: bregue, bregue y bregue (ya me entendeis), amén de sistema, defensa y tácticas, la única forma de ganar es luchar y correr más que nadie, unido a ansias de ganar y crear un ambiente en torno al grupo. Pues bien, creo que todo eso se consiguió con el trabajo de la semana. El equipo se conjuró para crear una piña inexpugnable en torno al EQUIPO. Creo que ahí está la senda del triunfo de este equipo, que aunque sigamos ahí abajo, insisto, lo está haciendo muy bien. Solo hace falta conocernos todos un poco y coger ritmo común y todo llegará.
Nuestro principal problema radica en la cantidad de balones que perdemos en los contraataques, ahí es donde nosotros mismos nos hacemos daños, dando muchas facilidades al contrario, y sobre todo en faltas absurdas como nos pasó contra Arzúa que nos podía haber costado caro. Pero insisto, me quedo más que con el juego, que en ataque a veces se vio muy buenos movimientos, el ambiente de EQUIPO creado, y que lo había, pero con las ansias (hambre) de ganar se acentuaron. Mención especial para el público que de nuevo fue a la Martagona. Creedme que os necesitamos dando vuestro aliento al equipo y es un tema fundamental hablado en el vestuario, que nos llevó en volandas a la victoria.
Para este partido querría destacar a tres personas, aunque todo el mundo estuvo a muy buen nivel:
-Pistón, por su lucha incansable y saberlo transmitir al resto del EQUIPO.
-Manito, porque después de una primera parte gris que él supo ver dónde se había equivocado, jugó para mi, a la perfección en el segundo tiempo.
-Bareto, por su ansia de ganar, querer aprender, empuje y sobre todo por su actitud en el banquillo animando a la gente, cosa que hizo el resto del EQUIPO, lo que nos dio mucha fuerza a los que lo estábamos pasando muy mal abajo.
Destacar nuevamente la actitud de los no convocados que animaron durante todo el encuentro al resto de sus compañeros. Y aunque suene a frase hecha, seguid trabajando duro para entrar en las siguientes convocatorias.
Me extendería mucho más, pero creo que a estas alturas habreis dejado de leer, no me extraña, me lío me lío y no digo nada.
Bueno voy a leer a los demás, que todavía no se lo que se cuece por aquí...
Nos vemos

Capitán Brunete dijo...

Mi quiniela:

Ventorrillo - Mera 2
Arzúa - Cedeira 2
Castro - Melide 2
Outeiro de Rei - Burela 2
Jogafan - Ribeira 2
Troula - Xarío 1
Mexillon de Ouro - Boqueixón 2
Casas - Vilalba 1

Yo como siempre arriesgando. je je

p.d.: Un saludo para PortiGol. Me gusta saber que en tu paso por nuestro EQUIPO dejaste tu sello.

Tonecho dijo...

Esta semana o foro esta moi ben e moi animado pero...
NINGUEN LLE DA IMPORTANCIA AS VISITAS OS COLEXIOS E O TRABALLO CA CANTEIRA?????
Señores, que ese e o futuro, que nin Bareto, nin Fer, nin Manito, nin Piston, nin etc, etc, etc va durar toda a vida.
Eses son os importantes os que dentro dunhos anos estaran abaixo na pista e nos con sorte (se chegamos) arriba.

Eles tamen leen o foro (os de 8 anos en diante) e teñen que saber que estamos a gardarlles un sitio para cando querian vir.
Joer xa me saiu a vena de Pai, deixovos vou ver os meus nenos.
Un saudo a todos.

sergio dijo...

es un gran trabajo el de promover el deporte en los colegios. muy destacable para un club de autonomica. aunque, como ya he escrito en otra ocasion, es fundamental tener equipos de cantera. no necesariamente deben ser en categorias donde implique muchos cartos. (filial en provincial, juvenil en provincial, etc)

Fotos Semana Eypar 2010