lunes, 15 de diciembre de 2008

Xeiras opostas

Unha vez mais este fin de semana houbo boas e malas novas para o Melide FS.
Comezamos polas malas, xa que o equipo senior non consigue sair da dinamica na que entrou xa fai uns partidos e volveu a caer derrotado, esta vez en Mera por 9-3. Non ai que atopar excusas pero o Melide presentouse moi mermado, xa que so 8 xogadores de campo viaxaron e entre eles estaban Chino e Ivan que volvian despois de lesions e non estaban precisamente ben e tamen Cris e Garimbas que apenas xogaron debido a molestias.
O resultado deixa ben as claras que os locais foron superiores, e sobretodo que desenrrolaron un mellor futbol sala, pero pese a iso o Melide tivo as suas ocasións. Con empate a cero tivemos tres mans a mans co porteiro e fomos incapaces de batelo e logo por erros nosos case sempre por malos pases colleron unha vantaxe de catro goles que so se recortou cun gol de Iván que facia o 4-1 co que se ia o descanso.
Na segunda metade nada mais sair Manito facia o 4-2 e a remontada parecia estar ahi pero novamente erros cometidos polo equipo de Melide facia que o encontro se volvera a ir. So fulmos capazes de subir un gol mais o marcador por medio de Humberto. Ainda co encontro case dado por perdido tivemos bastantes ocasions para recortar o marcador.
O equipo inicial de Baby foi Tapi (1) de porteiro, Humberto (14) de peche, Manito (9) e Bareto (5) nas alas e Piston (2) arriba. Tamen xogaron Angel (12), Garimbas (3), Cristian (7), Chino (8) e Ivan (10).
Outra nota negativa do encontro foron as expulsions de Cristian e Bloquin. A espera de confirmar se ai sancion para Cristian o panorama debido as numerosas baixas non se presenta moi alentador para ir a visitar o lider, o Mexillon de Ouro de Rianxo.
O contrapunto positiivo unha xornada mais chegou da man dos xuvenis de Tonecho que lograron un triunfo importantisimo no Carballiño por 4-8 e que os deixa na terceira posición da taboa.
A vindeira semana hai dous compromisos importantisimos xa que os dous equipos visitan os lideres das suas respetivas categorias. Os senior se queren pensar en seguir estando nos postos altos teran que loitar moi duro e sacar algo de Rianxo e os xuvenis xogan un partido que lle pode dar aire a sua liga ou desinflala en favor do Azkar xa que visitan os de Lugo coa intencion de poñerse a seis puntos. O horario non o sei pero pidolle a Tonecho que cando o saiba o poña por aqui para que todo o que poida vai a animar os rapazes.
Un saudo.

23 comentarios:

Tonecho dijo...

Bo partido dos rapaces este fin de semana. O Carballiño foi un equipo que sabe xogar o futbol sala se non lle fan presion, e que ten unha carencia de cara o gol. Os rapaces deronse conta e combinando a defensa en zona ca individual conseguiron volvelos tolos.
Tamen destacar que a pesar de non marcar nas xogadas a balon parado sairon todas as que fixeron e o equipo contrario estaba desquiciado.
Destacar a xornada de Carlitos o Cadete que xa e xogador completo, gran actitude de equipo de todos. E por fin xogou Rafita que comenzou algo despistado pero foi collendo sitio pouco a pouco.
Tamen mencionar a Manuel Casal que a pesar de ter molestias veu xogar e realizou un gran encontro.
Maña saberemos a hora do partido e poñereina.
Xa empezo hoxe a pedir axuda para o fin de semana. Xogamos contra o Azkar e seria bo que a xente acompañara os rapaces para poder sacar un bo resultado.
Un saudo a todos.

Tonecho dijo...

Antes olvideime.
Quero dar animos o equipo senior. Esto ten que ser pasaxeiro, tedes nivel para sacar estes partidos adiante.
Estamos caendo na desconfianza de anos anteriores, pero xa vimos que o dades feito de outro xeito.
Animo a todos e pelexade por poñervos donde merecedes.
Estades 6º a 9 puntos, igual cos xuvenis. So necesitades un par de resultados favorables e estaredes de novo onde merecedes.
Animo e a gañar.

Anónimo dijo...

Boas a tod@s!
Cheganme comentarios do partido en Mera que para nada se corresponden coa realidade. Dito isto non dou máis bola, aínda que son eu mesma a que saca o tema.
O Melide senior está nun punto no que hai que tomar unha decisión que supoña un punto de inflexión de cara á segunda volta: hai que xogar en equipo.
Non vale de nada que cada un vaia co seu individualismo. É un erro. Ó principio da tempada se xogaba en favor de todos, e hai que voltar a esa línea. Queda claro que as baixas son importantes en cantidade e calidade, pero hai que loitar.
Animadevos, como di Tonecho non pode ser algo máis que unha situación pasaxeira, e de seguro que é asi.
Mantede o ánimo do principio e as ganas. As ganas de xogar ben e facer bos partidos non se poden perder. Iso é o último.
Este sábado non poderei ir a ningún partido, porque teño que estudiar (iso tamén é o primeiro, e mándome ánimos tamén a mim mesma que boa falta me fan, jejeje) pero estarei en pensamento!!!
Felicito ós xunevis, cariñosamente "os pequenos", e mándolles forza para que sigan cos bos resultados.
Apertas a tod@s.

Anónimo dijo...

Os xuvenis deberian ir de concentracion xa pola maña..para estar metidos no partido desde o minuto 1..animo os seniors que estamos floxos e hai que empezar a acadar bos resultados.

Tonecho dijo...

Patricia, animo cos estudos. Seguro que te votan en falta pero o 1º e o 1º.
Estudaremos o da concentracion. Se non dende a maña, buscaremos un metodo de concentrarnos dende moito antes do partido.
Por certo espero que os xuvenis, empecen a participar no foro, quedaron de facelo.
Un saudo a todos.
Pd: Manito fai moito que non te vexo por este blog.

Anónimo dijo...

Boas a todos!!

Vou facer un post pero por aclamación popular, jaja. Non, é coña. A verdade e que ando bastante liado, dame tempo a leer o blog pero non teño demasiado para dar a miña opinión por que lle teño que roubar tempo o choio xa que o sair do despacho o último que quero é ver un ordenador. Despois de xustificarme quero felicitar os rapaces polo traballo ben feito e tamén o seu mister claro, que aínda que non corre (está maior xa) supoño que algo de culpa terá. Pouco os vin xogar pero pódese observar que teñen un grupo bó, con calidade individual e, o que é máis importante, con calidade colectiva, tan necesario nun deporte de movementos precisos como é o futbol sala.
Outro cantar somos os seniors. Os resultados non acompañan e así a cousa faise costa arriba. Hai veces que non xogas a nada e gañas igual pero neste momento nin xogamos nin ganamos e así é difícil dixerir o que nos ven encima e máis despois do correctivo que nos meteron en Mera (sí, sí, correctivo, con tódalas letras). Está claro que calidade haina, abonda con ver a plantilla pero falta o xogo colectivo, a solidaridade no esforzo e a confianza no compañeiro. É complicado facer un diagnóstico dende dentro por que non é como ver o partido dende unha grada pero pódese intuir. Faltan movementos, cortes largos e cortos, amagos, aparicións polo medio (que é donde de verdade se fai dano neste deporte) acompañamentos de xogadas e sobre todo rapidez de circulación (non confundir con ter presa que non é o mesmo). En fin... o que está claro e que temos marxe de mellora e penso que con esforzo se pode acadar, como todo.
Con esto que digo non quero que ninguén se sinta aludido pois eu me considero o primeiro que non fago nada do que digo, simplemente tento facer un diagnóstico do enfermo según os síntomas esperando que o Dr. Baby atope a menciña que o cure.
Nada máis, espero vervos a todos no entreno con ganas de traballar.

Un saúdo a todos.

Manito.

Anónimo dijo...

Este sábado todos a Lugo para animar os xuvenís que nos xogamos o manter a esperanza de ganar esta liga.Felicitar os chabales pola gran tempada que están a facer e polo grupo que forman.Animar tamen os seniors que seguro que cunha victoria xa se ve tdo de outra maneira asique a por ela este fin de semana e FORZA MELIDE FS!!

Anónimo dijo...

Penso que unha imcorporación dun xogador con toque de balón pode ser bo pos seniors, para contaxiarse un pouco da motivación dun novo q entra e deña confianza e sobre todo toque de balón. Pensade en alguen q sepa xogar e entender o futbol sala, a plantilla q tedes e boa pero falta moitos minutos de futbol sala na maioria de xogadores q tedes!! Por iso sede pacientes q se non é este ano po ano sera un bon ano este ano ai q formarse como equipo, xa q como xogadores estades de sobra formados!!

Foraza e ánimos!!

Tonecho dijo...

Gran Putada.
O Azkar lugo de xuvenis, nun alarde de bon facer, estudou os nosos resultados e deuse conta de que o unico partido que fixemos o ridiculo foi co Lobelle un domingo pola maña.
Usando as opcions que ten, colocou o partido o domingo 21 as 12:30 da maña.
Non estou queixandome, estou decindo que creo que o Azkar fai ben e se ten unha posibilidade de usar algo contra nos, ten que facelo. Este e un deporte que consiste en gañar, non en xogar ben ou mal, e usan todo o posible para conseguilo.
Ole polo Azkar, pero teña claro que lles vai sair mal, agora e algo persoal. Temos que gañar ou gañar. A xente non pode darse conta que somos un equipo que non pode competir os domingos, de non facelo asi, o resto de xornadas poñeranas os domingos todolos equipos.
Todo o mundo a madrugar e vir a ver os xuvenis.

ivan dijo...

Joder si que e putada si, pero como di Tonecho xa sabedes os xuvenis o que vos queda perder un sabado non e tanto e mais que este sabado non vai haber ninguen. Ademais se vos sae ben o viernes proximo podedes resarcirvos nos pinchos de todo o equipo.

Como xogades o domingo case fixo que teñades mais xente que vos vaia a apoiar asique facede un esforzo. Sorte e a demostrar que da igual que sea sabado que domingo e que lles ides gañar.

No que a nos se refire gran analisis o de J.T. Manito, pero ademais eu salientaria como xa fixen o tema das baixas xa que nun plantel de 17 a dia de hoxe creo que pa sabado Baby non vai contar con mais de oito ou nove xogadores, ainda asi ai que seguir loitando e volvendo a ADESTRAR.

Un saudo e sorte a todos

Anónimo dijo...

VOU A AFUNDIR MAIS A MORAL DOS SENIORS.A FALTA DO CHEGADA DE ALGUN QUE OUTRO TRANSFER,ESTE E O EQUIPO A BATIR O PROXIMO VENRES DIA 26:
-PATRI KLUIVERT
-NIKOPOLIDIS CONDE
-PEDRO MUNITIS
-BRAIS VASTEN
-MARCOS SENA
-PATRIK VINEIRA
-BABY BECKAN
-BENCEAMA
-TONECHINHO

XA VEDES OS.SENIORS.TRANQUILOS,PERDER CONTRA ESTE EQUIPO ESTA DENTRO DO LOXICO.
DOS PEQUENOS NON FALO, PORQUE OS VAMOS A MACHACAR.

cArL0s juvenil dijo...

A k ides machacar?? nn sabedes ken son os juveniles..e inda x riba habendo uns pinchos en xogo jeje,contra os seniors xa imos sobraos, e ahora mais xa k estan kn algunha baixa, e contra o equipo k mencionou este anonimo..xa vai ser de escandalo a k lle imos meter..ome xogando con tonecho nn ides pa ningun lado xa k fai aproximadamente 40 anos k nn xoga o futbol sala jjeejee..pos eso k os pinchos son nosos. Ah tamen poño este comentario para que nn se enfade tonecho xa k di k os juveniles nn participamos no blog jeje saudos a San Cosme que ahora k abriu a lata vai ser o revuulsivo. Un dato malo e o de xogar o domingo pola maña pero habera k facer un esforzo xke temos mtas opcions de gañarlle o azkar..UN SAUDO.

IVAN "O10" dijo...

Grandisimo NEIRIOPOLIS¡¡¡¡¡¡¡ Que conste que todos son boisimos,pero o de BenCEAma non o pillei a primeira jeje.

A 500 teño que decirlle que mais que revulsivo son o pupas porque o proximo vereino desde a grada e non polo tobillo senon para reservarme para a semana. Ah e por certo eu non vos podo ir ver por motivos de axenda pero MOITO ANIMO para o domingo.

Veña un saudo.

P.D: Os senior temos sorte se non chega a tempo o transfer de Rober Prosineski e sobre todo Mikail Bloquinesku porque senon van voar pernas.

Tonecho dijo...

¡¡¡ FESTA !!!
Un xuvenil entrou na blog parar decir algo.
Temos que facerlle un homenaxe.
Inda que total para o que dixo, mellor que calara.
"Chavaaaal" o dos 40 anos xa cho explicarei o dia do partido, agora concentrate no do domingo.
Vale mais 1 perna dun veterano, que o corpo enteiro dun xuvenil.

Anónimo dijo...

no seas flipado entrenador del melide,llevo jugando tres años en esta liga y el azkar siempre puso los partidos los domingos por la mañana

Tonecho dijo...

No soy flipado, solo busco meter en el partido a los mios y que tengan ganas de ir a ganar y no a esperar que nos haceis.
Te veo el domingo.

Anónimo dijo...

la verdad es q nuestro eqipo no es ninguna maravilla,si jugaramos en la liga del año pasado posiblemente no qedariamos ni de quintos,ste año el nivel es mui bajo no crees

Anónimo dijo...

Domingo a qué hora? Eu o sábado non vou sair asi que haberá que ir a Lugo!

ANIMO XAVALES... dijo...

AZKAR LUGO 3-7 MELIDE.FS Ainda k os nosos vaian perxudicados x ser o domingo a maña teñen moito equipo para poder sacar unha victoria fronte o equpo lucense. ANIMO XAVALES.

Anónimo dijo...

Tonecho, comprate un amigo, ou comprate unha leira.

Tonecho dijo...

Prefiro a leira, polo menos da patacas.

Anónimo dijo...

adios a la liga adios adios a la liga adios,con el fenomeno d entrenador q teneis como pudisteis ganar jajaja

Anónimo dijo...

azkar 5 melide 4

Fotos Semana Eypar 2010