domingo, 8 de marzo de 2009

Boqueixon...Empate, Churrasco e Garrafón

Empate a dous goles na visita do terceiro clasificado a Melide nun partido moi igualado na primeira metade e con dominio local na segunda ainda que sen reflexo no marcador.
O partido comezou mal xa que os 16 segundos o Boqueixon nunha xogada de estratexia adiantabase e complicaba o partido un pouco. Pouco se tardou en dar contestación e Humberto cun remate no segundo pao facia a igualada. Como dicia antes o encontro estivo moi igualado o principio e mediada a primeira metade os visitantes volvian a coller vantaxe logo dun gol de chilena, esto tendo en fronte a un recen descendido e un dos equipos de arriba poñia o encontro costa arriba. De todos xeitos o equipo seguiu na mesma dinamica e a piques de chegar o descanso Carril poñia unha bola denovo o segundo pao e un defensa facia o empate en propia meta.
No segundo tempo o dominio foi total co Boqueixon moi cerrado e agardando pillar unha contra, a pena e que tanto dominio non foi suficiente para a victoria, e non seria por ocasións porque tanto Humberto, Carril e Bareto tiveronas moi claras pero toparon co porteiro e cos postes e non foron capaces de enchufala. Quizais por por algunha pega e que eles con poucos cambios e nos con moitos non fomos capaces de aproveitar o seu baixon fisico o final. Ainda asi un punto e xa son cinco partidos seguidos sen coñezer a derrota.
Baby empezou con Tapi (1) na porteria, Humberto (14) de peche, Manito (9) e Diego (4) nas alas e Bareto (5) arriba. Tamen xogaron Angel (12), Piston (2), Rober (6), Cristian (7), Iván (10), Carril (11), e Portos (15).
Destacar tamén o numero importante de xente que veu a apoiarnos o pavillón. Agardemos que pouco a pouco a xente se Enganche o Melide Futbol Sala.
A proxima xornada o Melide xoga fora nunha das duas saidas que quedan ata o final da liga. Será as 19h en A Fonsagrada.
Os xuvenis non teñen partido de liga pero o venres xogaran as 18h en Melide fronte a selección Galega Cadete coa que xogara Fran.
Un saúdo

5 comentarios:

Tonecho dijo...

Felicidades, xa estades no camiño. Agora a seguir o que queda de tempada.
Un saudo

Anónimo dijo...

falta garra foi un partido que puidestes haber gañado, na segunda parte sobretodo e cando mais habia que apretar pero estivo ven igualmente.........

Anónimo dijo...

necesitase mais movilidade de cambios, e cando esteades no campo dalo todo e pedir o cambio, ainda asi alegrome de que a cousa mellore. Suerte en Fonsagrada

Anónimo dijo...

sabe alguen cando xogan os nosos seniors o partido aplazado polo temporal contra o muebles jogafan... teño moitas gañas de ver ese partido.

Iván dijo...

Non se sabe,porque eles non queren pola semana. Hai varias opcions pero as mais claras, son o dia de San José ou Semana Santa. De todos xeitos xa vos informarei.

Un saúdo

Fotos Semana Eypar 2010