Malos tempos e malos resultados os que esta a acadar o Melide FS nos últimos encontros.
No que se refire os seniors non puideron pasar dun triste empate a 4 fronte o Congelados Egea, ainda que o final case se perde o encontro. Tardou moito en chegar o primeiro gol xa que non chegou ata pasados os dez primeiros minutos cando Manito conseguiu estrear o seu casilleiro. Durou pouco a alegria xa que pouco despois nunha xogada individual o numero catro visitante facia a igualada. O equipo local resurxiu ben e conseguiu o 2-1 obra de Carril logo dunha boa combinacion con Cordido. Neses últimos minutos previos o descanso foi cando se veu dende o meu punto de vista o mellor futbol sala dos nosos.
Na reanudación A Fonsagarada saiu mais enchufada e non primeiros dez minutos conseguiu dar a volta o marcador, pero unha vez mais conseguimos a igualada por medio de Diego logo dun pase de Cristian. Para daquelas xa estabamos coas cinco faltas e iso aproveitarono os visitantes para forzar dous dobres penaltis, o primeiro do cal entrou por toda a escadra sen que Tapi o puidese evitar. Pese a esto o Melide FS seguiuno intentando ata que faltando dous minutos Carril nunha gran xogada individual facia o 4-4 que o final seria definitivo. Os dous minutos finais foron un correcalles no que o partido puido caer de calquer lado ainda que o final o marcador non se moveu.
Baby empezou con Tapi (1) de porteiro, Rober (6) de peche, Diego (4) e Cristian (7) nas alas e Piston (2) arriba. Tamen xogaron Angelito (12), Garimbas (3), Bareto (5), "J.T"Manito (9), Carril (11), Cordido (13), e Humberto (14).
O apartado de xogador mais destacado eu penso que foi para Carril, tanto polo debut como polo doblete.
A pesares dos ultimos resultados (2 puntos de 9) temos que pensar que NIN ANTES ERAMOS UNS FENOMENOS NIN AHORA SOMOS UNS MANTAS. Ademais os resultados non estan a ser moi en contra, e con todo somos cuartos a so tres puntos do segundo asique a recuperar o espiritu de EQUIPO e a seguir loitando para mellorar.
A vindeira xornada visitamos o terceiro clasificado polo que e un partido fundamental e agardemos que en Sarria se poida sacar algo positivo para recuperar a confianza.
Onte tampouco os xuvenis deron unha alegria os numerosos afeccionados que habia no pavillon da martagona xa que caeron por 4-6. Ainda asi (Agardo a valoracion de Tonecho para contrastalo) eu vin un partido aceptable dos rapazes.
Comezaron dominando e marcando por medio de Casal ainda que pouco a pouco foron cedendo terreo ata chegar o descanso con igualada a uns. Logo na segundo pasoulles un pouco o dos senior pero mais acentuado xa que en cinco minutos puxeronse perdendo 1-6 pero souberon reaccionar e dalo todo no campo ainda que toparon cun porteirazo en fronte que salvou o que seria unha gran remontada.
Para min do mellor o olfato de gol de B.Casal e sobre todo o partidazo de Fernando.
O proximo sabado tamen xogan fora, en Paderne que teoricamente debe ser asequible, pero sen confianzas, porque sabemos o que pasa cando non relaxamos en exceso.
Un saudo e SORTE A TODOS





























