domingo, 28 de febrero de 2010

Aplazado

Partido aplazado fronte o Castro como case toda a xornada debido a previsión que había en Galicia de temporal na tarde do Sabado. O certo e que cando non e por unha cousa e por outra non estamos xogando dous partidos en duas semanas consecutivas xa fai tempo asique a partires de aqui agardamos coller o ritmo de competición e encadear mellores resultados.
O sábado o equipo viaxa a Lugo, para enfrontarse o S.I Outeiro de Rei, en principio as 19:00h ainda que non o sei fixo. Este e un encontro fronte a un rival directo que no partido de ida nos gañou con claridade, asique intentaremos resarcirnos.
Un saúdo.

domingo, 21 de febrero de 2010

Derrota no derbi

Derrota clara a sufrida este sabado no derbi fronte o Arzua Fs por 8-3, nun partido no que non fixemos en ningun momento o noso xogo e no que pouco a pouco o Arzua nos levou o seu terreo no cal foi claramente superior.
O partido comezaba coa consigna arbitral de que calque minimo contacto ia ser falta, asi no minuto seis ambos equipos xa tiñan as cinco faltas acumuladas. A parte deste dato, que non infuiu en nada no marcador o primeiro en dar foi o Arzua con un gol de pilleria, xa que un disparo local pega no poste e sae pola banda pero os arzuans apresuranse a sacar e a nos pillanos saindo a contra e quedanse so ante o noso porteiro facendo o primeiro, a partir de ahi, os locais seguiron facendo o seu xogo e chegaron a facer o catro a cero sen que nos tivesemos en ningun momento o mais minimo atisvo de remontada entre outras cousas pola falta de gol. O Melide so marcou un gol na primeira metade e foi por medio de Diego de dobre penalti.
Na segunda parte a tonica foi similar, partido sen ver o xogo habitual do Melide e o Arzua matando o encontro con unhas individualidades moi boas como Yosu, Fran, Jose....etz, ademais Marcos fixo un bo encontro e evitou varios goles que xa parecian estar dentro e por se fora pouco o liston arbitral provocou duas expulsións por dobre cartón de Bareto e Fer as que non hai nada que obxetar como digo vendo o listón e tamén a lesión nun nocello de Carlos co que quedamonos case sen cambios. Os outros dous goles do Melide na segunda metade foron obra de Sergi.
Tonecho xogou con Guti (18) na porteria, Fer (6) de peche, Sergi (8) na dereita, Manito (9) na esquerda e Bareto (12) arriba. Tamen xogaron Tapy (1), Piston (2), Diego (4), Humberto (14), Xurxo (16) e Carlos (17).
O xogador mais destacado para o meu parecer foi Guti, con unha primeira parte similar a de Cedeira pero que nesta ocasión non serviu para lograr os tres puntos.
A vindeira semana o Melide FS volve a xogar de local, será as 19:00h fronte o Castro.
Polo demais, estamos o meu parecer atravesando un dos peores momento da tempada, asique hai que dar un punto mais de TRABALLO e de UNION e asi entre TODOS tentar sacar isto adiante, a situación na que estabamos antes do parón.
Un saúdo e vemonos o sabado en Melide.

miércoles, 17 de febrero de 2010

Sen palabras

Durante os dous anos e medio que levo realizando este blog, asegurovos que hoxe e o momento mais dificil para facer unha entrada xa que como di o titular non teño palabras para explicar o sucedido.
Sei que é moi doado pedir desculpas, pero e o único que podo facer, asique no nome de todos pedir PERDON por todo o ocorrido no pavillón este sabado e so desexar que o porteiro do Ribeira se encontre ben e so quedará nun susto. De todo o que pasou so me quedo con unha cousa positiva que foi o abrazo que presenciei entre os dous protagonistas no centro médico e a cordialidade dos dous clubes pese o sucedido. Como xa digo non me saen moito as palabras pero ai veces que o mellor non darlle mais voltas e simplemente pedir perdon.
No referido o partido que e o menos importante foi un triunfo claro do Ribeira Fs por 4-9.
A proxima semana visitamos Arzua penso que as 20:00h no viso, ainda que non estou seguro.
Un saudo a todos en especial a Javi, porteiro do Ribeira Fs.

domingo, 7 de febrero de 2010

Cedeira, 3 puntos de primeira

Co triunfo volve tamén titulares Humberto a facer presencia, no que foi un partido equilibrado que o Melide rompeu o final do mesmo para obter un 3-7 final.
O encontro comezou con dominio claro do Cedeira e so un grandioso Guti e un pouco de sorte evitaron o gol dos locais, ainda asi pouco a pouco fomonos metendo no partido e primeiro Casal nunha contra e logo Ivan tiveron duas ocasions para adiantarnos. De todos xeitos pouco tardaria Borja Casal en resarcirse e fixo o primeiro gol. O problema e xa nos ocurriu mais veces e que nada mais sacar de medio chegou o empate nun erro no que un xogador local rematou solo no segundo poste. Non nos afectou en exceso este gol e os casal brothers seguian o seu e asi Manuel fixo o 1-2 que nos daba novamente vantaxe. O partido seguia estando parexo e os dous equipos seguian tendo claras ocasións pero foi o Cedeira o que faria o empate nun tiro lonxano a falta de 3 minutos, pero unha vez mais surxiron os Casales e nunha gran xogada de contrataque facía o 2-3 a falta de so 3 decimas de segundo para o descanso.
Na segunda metade seguimos nunha boa liña defensiva e tivemos o igual que na primeira metade un porteiro moi seguro esta vez con Cris e asi, logo dun roubo na nosa area , volveron a sair os Casales a contra e esta vez foi Borja o que fixo o cuarto. Neste intre o partido parecia que estaba controlado pero a falta de 10 minutos volvemos a ter un pequeno atasco e Cedeira aproveitouno para poñer o 3-4 e por sorte non conseguiu empatar. Con este marcador e o partido complicado apareceu Diego para facer o 3-5 no dia no que volvia unha volta despois de unha volta o equipo. Pouco despois foi Sergi o que daba mais tranquilidade o facer o 3-6. Con este marcador os locais sacaron porteiro xogador pero o Melide defendeuno perfecto e incluso puido marcar Cris algun gol dende a porteria pero sería Manuel o que fixera o 3-7 definitivo no último minuto.
Tonecho saiu con Guti (18) na porteria, Piston (2) de peche, Iván (10) na dereita, Manuel (11) na esquerda e Casal (5) arriba. Tamen xogaron Cris (23), Diego (4), Sergi (8), Manito (9), Bareto (12), Xurxo (16) e Carlos (17).
O xogador mais destacado e complexo pero vai a ir repartido para os Casal Brothers, os porteiros, os peches Piston e Manito e o traballo en defensa de Bareto.
A vindeira semana por motivos de que non temos o pavillón dispoñible temos que aplazar o encontro fronte o Ventorrillo, de todos os xeitos esa semana volvera o futbol sala a Melide logo de case dous meses xa que o Martes de carnaval as 18:00h xogase o encontro aplazado fronte o Ribeira FS segundo clasificado e que ven de golear o Arzua na casa. Agardamos a vosa presencia.
Un saudo.

domingo, 31 de enero de 2010

Sen resposta

Resulta dificil escribir esta crónica e tentar explicar que logo dun resultado de 11-3 o encontro tivo duas partes claramente diferenciadas e nunha delas estivo equilibrado.
Os primeiros 17 minutos foron moi parexos. O comezo do partido o Mera levaba o peso pero o Melide nas contras tiña tamen claras oportunidades. De todos xeitos foros os locais os que se adiantaron no marcador, pero este gol non variou o guión, e mais o Melide incluso colleu un pouco mais de peso no partido e de feito conseguiu remontar con goles de Manuel e Manito en sendas contras. Pero unha vez mais e non e a primeira marchamonos do partido dun xeito incrible, foi a falta de tres minutos para o descanso co gol do empate logo dunha xogada de estratexia e con varias decisions arbitrais que nos perxudicaron de xeito clarisimo, ainda asi penso que non e motivo para que ocorra o que ocorreu. De feito fomonos o descanso con 4-2.
Do segundo tempo, non ai nada que dicir, o Mera superior, fisica, tactica e tecnicamente e acabounos goleando por 11-3. O terceiro e definitivo gol do Melide foi de Xurxo.
Pouco mais que contar, agardemos que para a semana en Cedeira volvamos o camiño, non so da victoria, senon e sobretodo mais importante o da imaxe dada. E insisto antes de rematar, son o primeiro que digo que os arbitros pitaron en moitas ocasións cousas que só eles viron e xa sabiamos o que había, pero sigo dicindo que non pode ser escusa.
Un saudo.

domingo, 24 de enero de 2010

Sen gol...., e sen puntos

Arranca a segunda volta de xeito similar a primeira, cunha derrota, esta vez por 4-2 fronte o Burela Turistica nun partido igualado onde decidiu o acerto cara o gol.
Comezamos o encontro bastante mal, non encontrabamos a forma de sair da sua presión e ademais deixabamos moitos ocos en defensa facilitanto a sua creación de ocasions. Asi o pouco de comezar chegou o que apostre foi o unico gol da primeira parte logo dun corner que os de Burela conseguiron rematar a pracer no segundo pao. A partires de ahi o Melide foise asentando pouco a pouco e comenzou a facer as cousas mellor e a ter algunha chegada clara, pero como dixen no titular, onte non era o dia. Tivemos varias ocasións clarisimas nos ultimos minutos pero nin Piston, nin Humberto, nin Sergi, nin Manuel foron quen de bater o seu porteiro que foi o mellor do encontro.
Na segunda metade o guion inicial foi similar e o pouco de comezar e despois dunha xogada moi ben trenzada chegou o segundo e pouco mais tarde logo dun erro defensivo o terceiro do Burela que parecia que o poñia todo imposible. Nada mais lonxe da realidade, Tonecho pediu un tempo e quedando seis minutos ordeou unha presión en toda a pista que nos deu a opción de meternos no encontro, froito da mesma primeiro Piston e despois Manuel puxeron o 3-2 e ainda quedaban tres minutos, parecía que a remontada era posible, pero nada mais sacar de centro e logo dunha xogada con moitos rexeites os locales volvian a ampliar a vantaxe. Ainda asi tivemos algunha outra opcion de volver achegarnos pero nin Ivan de dobre Penalti, nin Sergi en duas ocasións, nin Xurxo puideron acortar diferencias.
O equipo que puxo Tonecho foi Angel (19) na porteria, Fer (6) de peche, Xurxo (16) na dereita, Manuel (11) na esquerda e Carlos (17) arriba. Tamen xogaron Cris (23), Piston (2), Perez (3), Sergi (8), Manito (9), Iván (10) e Humberto (14).
Este e un mal resultado que rompe unha xeira moi boa que levavamos pero como xa dixemos estamos no momento mais dificil da tempada e xogando fronte a todos os de arriba, asi que a seguir pelexando, e traballando nos entrenos para poder facerlles fronte da mellor forma posible.
A vindeira seman o equipo viaxa ata Mera, para enfrontarse o terceiro clasificado o sabado as 18:00h.
Un saudo.

viernes, 22 de enero de 2010

De volta

Despois dunha tempada un pouco desconectado en canto a entradas, fago esta para recordarvos que esta semana o Melide Fs volve a xogar mais de un mes despois do ultimo encontro. Será en Burela, fronte o Burela Turistica, un rival que ten tres puntos mais que nos na clasificación, xusto os que nos gañou no partido de ida por un gol de vantaxe. O encontro será as 17:30h no pavillón de Vista Alegre. O Melide vai acudir o encontro con baixas importantes pero ainda asi agardemos sacar un bo resultado.
Aproveito tamén esta entrada para dar os nomes que me acaba de pasar Tonecho dos rapazes convocados para as primeiras pre-seleccións galegas de futbol sala que son os seguintes.
Benxamin: Noel Gomez Bujan. Martes 26 as 18:00h no polideportivo do Restollal en Santiago
Infantil: Diego Franco Vizcaino. Martes 26 as 16:45h no polideportivo do Restollal en Santiago.
Cadetes: David Varela Perez, Alberto Bujan Vazquez, Javier Mosteiro Varela. Luns 25 as 17:00h no polideportivo municipal de Guitiriz.
Agardemos que esten todos na selección final e desexemos que entre algun outro en vindeiras convocatorias.
Un saudo

Fotos Semana Eypar 2010