domingo, 11 de noviembre de 2007

Segunda derrota consecutiva

Nada facia presaxiar tralo comezo do encontro o desenlace final. O Melide Fs comezou exercendo un claro dominio sobre o Narón, ainda que foi incapaz de materializalo. Boa proba deste dominio e que no minuto seis da primeira parte o Melide Fs levaba catro balons estrelados na madeira, tres por parte de Nando e un Cristian. Pese o dominio que exercia o noso equipo o Narón conseguia sair a contra creando certo perigo, nunha destas forzaron unha falta nas cercanias da area e mediante unha xogada ensaiada conseguiron o 1-0. Pese a esto o guión do partido non cambiou ata o descanso e as ocasións seguian sendo po Melide Fs.
Na media parte Baby tomou a decisión de presionar todo o campo pero non xurdiu o efecto desexado xa que ainda que o dominio se intensificaba (chegamos a sacar cinco saques de esquina consecutivos) e tiñamos moitas ocasións non conseguiamos o empate. Mediada a segunda parte chegou un momento clave cando o Naron se cargou coa 5ª falta e o pouco tempo xa provocamos o primeiro dobre penalti que Cristian non puido transformar. Tiñamos que seguir igual e asi se fixo, de feito minuto e medio mais tarde cometian a sua septima falta, que provocou o tiro sen barreira case na liña da area, e agora si Nando conseguía o 1-1.
Todo se poñia outra vez de cara e as posibilidades de victoria medraban. pero ocorreu todo o contrario xa que o Naron nunha xogada sen aparente perigo conseguia o 2-1 que foi un golpe duro, pero ainda mais o foi dous minutos mais tarde o 3-1 nunha nova contra.
Chegado este intre o encontro rematou xa que o colexiado fixose protagonista, e tomou a decisión de expulsar a Nando por dobre amarela e amosarlle outra a Cristian por protestas, todo esto levounos a nosa 5 falta, e mais tarde o seu dobre penalti que fixo o 4-1. Con todo xa perdido e quedando segundos o Naron puxo o 5-1 definitivo.
Neste partido Baby sacou de inicio a Tapi (1) de porteiro, de peche Nando (8) nas alas Rambito (2) e Cristian (7) e como pivote Iván (9). Tamen xogaron Portos (15) , Chofri (4), Rober (6) e Rafa (11). A convocatoria completarona Chopo p.s e Angél.
Como xogador destacado deste encontro ainda que non ai ningún claro vamos a darllo a Nando xa que foi o protagonista o marcar e ademais ser expulsado.
Pese a esta derrota temos que seguir traballando, que os resultados antes ou despois teñen que chegar e non podemos irnos abaixo.
O proximo encontro e en principio o Sabado as 17:00h en Toques, animo dende aqui a xente de melide a desprazarse ata ali xa que e un encontro importante xa que o rival e disco coto, da fonsagrada que en principio debe ser un rival da nosa liga.
Un saudo a todos o visitante deste espacio e moitas gracias pola acoñida tan boa que esta a ter

2 comentarios:

Anónimo dijo...

cantos partidos levades na liga e komo ides?

Melide Fs dijo...

boas anonimo¡¡¡¡¡¡

Fora un fallo meu, desculpa, acabo de poñer un link a paxina da federación e ali podes ver resultados e clasificación.

Un saudo

Fotos Semana Eypar 2010