domingo, 13 de enero de 2008

Ano novo, erros antigos

Non se conseguiu o obxetivo buscado de encadear a segunda vitoria consecutiva que nos sacara do fondo da taboa pese a facer unha das mellores primeiras partes da tempada.
O comezo do encontro como veño de dicir foi do mellor da tempada, con un equipo moi ben posto no campo e sabendo en todo momento o que facer co balón. Certo e que o Xario tamén tivo as suas ocasión pero un moi bo Tapi desbaratounas o incio, pese a iso, viase que o Melide F.s estaba metido no partido e pouco a pouco foi estirando liñas, pa facerse unha idea do dominio exercido, fago referencia as ocasión que tivemos, dous tiros de cristian rozando o poste, outros dous que se estrelaron na madeira, o igual que dous de chopi, e unha moi clara de Chofri que se foi fora. En definitiva catro paos e tres remates que en calquer outro encontro serian gol, pero o sabado a sorte non estaba do noso lado. Restabas tres minutos po descanso e o equipo seguia dominando, pero nun inocente saque de banda o balón chegou o seu pivote que se revolveu e estableceu o 1-0. Tamén reseñar un amago de tangana que houbo o remate do primeiro tempo que puido ser que nos sacara algo do encontro.
Pero como en todos os encontros quedaban os cinco minutos pa esquecer. No saque de inicio do segundo tempo nunha xogada de estratexia e tras un rexeite eles sacaron unha falta a tapi por sair da area que non fora. Na execución e denovo logo de dous rexeites marcarono 2-0. Pero inda peor se puxeron as cousas cando na seguinte xogada subiron o 3-0. Quedaban 15 minutos e perdiamos por tres cero e con cinco faltas xa acumuladas. A cousa pintaba mal. O Melide Fs seguiuno intentando e nunha xogada individual Sergi acurtaba distancias e facia o 3-1, pero nun dobre penalti o Xario poñía o 4-1. Faltaban sete minutos po final e decidiuse ir presionar todo o campo, algo que logo deu os seus froitos co 4-2 obra de Chofri. E ahi chegou outro dos momentos claves, xa que Chopi quedouse nun man a man co porteiro que claramente saiu da area para evitar o gol, pero o arbitro non o sinalou, e na contra tapi viuse obrigado a sair e no dobre penalti fixeron o 5-2. Xa contra o final estableceron o 6-2 definitivo.
En definitiva un encontro que o revés do que soliamos facer controlamos na primeira metade e perdemos por erros nosos e por decisions arbitrais que eu diria mais que polemicas inxustas no segundo tempo.
A este encontro non puido ir Baby, asique viaxaron co equipo Sergio e Cea que fixeron un bo traballo dende a banda e que puxeron de inicio a Tapi (1) na porteria, Nando (8) de peche, Cristian (7) nun ala, Iván (10) na outra e Sergi (9) de pivote. Tamén xogaron Angel (12), Chofri (4), Chopi (5), Rober (6) e Portos (15).
No apartado de xogador mais destacado eu faria mencion a todo o mundo no primeiro tempo e en especial a Nando que xogou os vinte minutos, e a ninguen en especial no segundo.
A proxima xornada en principio era de descanso pero ai opcions de xogar o encontro aplazado da primeira xornada Melide Fs-Restaurante O Picato que será o sabado no pavillon da martagona de Melide as 17:00 horas. Dase a curiosidade de que para a seguinte semana se celebra o primeiro encontro da segunda volta polo que se repetiria o enfrontamento.
Un saudo e animovos a todos os que poidades a vir o sabado animar o EQUIPO. E poñoo en maisculas porque temos que ter claro que por encima de calquer individualidade temos que ser un EQUIPO.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Si si...equipo y tal y cual...pero en este vestuario huele a alcohol, y no del de curar las heridas. Se rumorea que varios jugadores del melide f.s. (en especial uno q es de una aldea muy muy pequeña) andaban a "cubatas" 1 hora antes de empezar el partido en un conocido "pub" de miño, con una atractiva camarera peliroja, lo cual me parece una falta de respeto hacia el resto de la plantilla (lo de los cubatas, no lo de la camarera).

P.D. Posteo como anónimo por miedo a las posibles represalias.

Melide Fs dijo...

Esa non e a liña anonimo¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Ti sabes que eso e unha calumnia e que non e verdade (polo menos o do cubata), e sabes que eso pode traer represalias grandes pa ese compañeiro o que te refires e que podes rematar coa sua carreira profesional (brillante por certo.

Ademais sabes que este comentario pode convertirte na ovella negra do noso vestiario e que a xente pode empezar a marxinarte sabelo non??

De todos xeitos un saudo¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

Veña deixarse de tonterias e a xogar os cubatas tomaronse de sempre non viñamos agora a decir cousas q facemos todos!!!
Animo Forte!!! seguro que remontades!!! Ivan Crack!!!

Melide Fs dijo...

Anonimo ainda que non sei quen eres, gracias polos animos, e mais que crak, eu diria Catacrak.

Por certo acabo de ver que Picato ganoulle 6-4 a Mexillon asique o partido da proxima semana e fundamental.

Un saudo a todos

Anónimo dijo...

espero que sigamos loitando pola permanencia e suigamos sendo un equipo!ánimo!

chopo dijo...

non Ivan!de catacrack nada ome!ti es un crack digoxo eu!jeje.ánimo.Hai que sair adiante!

Melide Fs dijo...

Boas¡¡¡¡ Reitero unha vez mais a todos as gracias polas visitas e polos comentarios, en especial a chopo xa que por fin alguen postea con nome.

Bueno agardemos que este fin de semana se consigan os tres puntos e algo empeze a mellorar

Un saudo

Fotos Semana Eypar 2010