domingo, 10 de febrero de 2008

Segunda derrota consecutiva

Fai uns dias falaba nun post de que se aveciñaba a costa de febreiro, e en resultados asi esta a ser, xa que onte en Arzúa ainda que o equipo volveu a dar a cara, os tres puntos volveronse a escapar nos ultimos minutos.
O equipo local comezou impoñendo un ritmo forte, que o Melide solo podia contrarrestar con disparos lonxanos de Cristian, pero sen claridade en ataque, e asi no minuto cinco e logo dunha xogada individual conseguian marcar o 1-0, que pouco mais tarde de dobre penalti se convertia no 2-0, e cun Arzua claramente dominador do encontro e ademais cun Melide con cinco faltas dende o minuto oito. Pero pouco a pouco o Melide Fs empezou a meterse no encontro e a chegar con un pouco mais de claridade e asi logo dunha boa xogada de equipo Chopi chegou o segundo pao e marcou o 2-1 que facia coller esperanzas, o problema foi que na seguinte xogada un despiste en defensa a saida dun corner facia que nos volveran a abrir as diferenzas e poñian o 3-1. Pese a este gol seguimos metidos no encontro e tivemos ocasións para irnos o descanso cun mellor resultado, ocasións para roca e sobre todo un dobre penalti de Cristian.
No segundo tempo a tonica foi mais ou menos similar un encontro igualado e no que ningun dos dous equipos marcaba. Cando se levaban aproximadamente dez minutos e de novo logo dunha moi boa xogada de equipo Roca recolle o rexeite dun lanzamento de Chopi e subia o 2-3 e poñia o medo no corpo do Arzua FS. Pero como non, faltaba a típica tangana destes encontros e que nesta ocasión acabou con Sergio do Arzua e Cristian do Melide o noso pichichi expulsado, e notouse bastante xa que de hai o final o Melide fixo un dos partidos con mais intensidade da tempada con moita garra e con moita presion e ademais con bon xogo e creando ocasións para o empate, pero nin Chopi nun man a man, nin Iván cun lanzamento o pao nin un claro remate de Roca nun corner conseguiron a igualada, e como e tipico se perdonas acabalo pagando e nunha contra Tapi tivo que sair do area e como xa tiñamos as cinco faltas, os Arzuans tiveron un lanzamento sen barreira que case era un penalti e que transformaron quedando dous minutos no 4-2 definitivo. Pese a esto e de destacar a actitude deses ultimos minutos do Melide que seguiu loitando e que inda creou moitas ocasións peron que non foi quen de transformar incluido un dobre penalti de Iván por unha saida de Gogo o campo a coller o balón cando este estaba en xogo.
En resumo, tendo en conta a baixa dun home da importancia de Nando e a ausencia en mais de media parte de Cristian penso que o equipo fixo un bo traballo ainda que nos viñesemos de baleiro quizais por un pouco de falta de oficio e sobretodo por falta de gol, pero hai que seguir loitando.
O equipo inicial de Baby foi Tapi (1) de porteiro, Humberto (13) de peche, Cristian (7) e Portos (15) de alas e Sergi (9) de pivote. Tamén xogaron Angel (12), Chopi (5), Rober (6), Iván (10) e Roca (14).
O mellor xogador do partido en primeiro lugar seria para o traballo de todo o equipo e en segundo lugar para Chopi que ademais de marcar o gol tivo que soportar os apucos do publico arzuan durante todo o encontro cada vez que recibia o balón. Tamén Portos recibiu desta menciña ainda que en menor medida.
Tamén me gustaria unha semana mais dar as gracias a xente de brigadas azuis que se desprazaron ata arzúa a ver o partido e animar o equipo do pobo.
Un saudo

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Si jugraamos siempre contra el melide estariamos por lo menos en plata jajaja. Seis puntos de seis posibles en poco mas de quince dias y ademas por goleadas. De todas formas ojala os salveis para que se repitan los derbis el año que viene

Anónimo dijo...

Arzuano!! tu quedate en tu division de plata, que yo me quedo con el equipazo del Melide, no solo se gana en la cancha!! Tuve la suerte de ser compañero el año pasado del Melide futbol sala y no me quedo con el ascenso sino con los pedazos de compañeros que tenia!!! Los partidos ya se ganaban en el autobus!!!
Animo melide, seguid unidos i os salvareis seguro!!!
Ivan eres un crack!! a ver si t veo este finde i t robo un cubata, por fin ire a casa!!
Rub

Melide Fs dijo...

Boas fenomeno, canto tempo fai que non se che ve o pelo meu, o do sabado esta feito, teño examenen o lunes pero habera que facer unha excepción jeje, por certo gracias polo comentario e pola visita.

En canto o comentario de "un arzuano" decirlle que me parece que non veu o partido do sabado, porque goleada eu non vin, de feito quedando un minuto so gañaban de un e faltaban Nando e Cristian que e como se a vos vos quitan os dous mellores e inda asi puidose empatar, de todos xeitos agardo que para o ano volva a haber mais derbis.

Un saufo a todos

Anónimo dijo...

a que hora es el partido contra friol?!

Anónimo dijo...

ai k lograr a permanencia e m.f.s.? vos podedes..animo..e o arzuano k kale ou abrimoslle a cabeza..jeje sorte..

Melide Fs dijo...

O partido o igual que todos os que se xogan como local imaxino que sera as cinco, pero se non fose asi xa o advertiria aqui.

O outro anonimo dicirlle que a permanencia depende de nos xa que todos os rivais directos teñen que vir a partir de marzo a xogar a melide e ai e onde nos xogaremos todo.

Un saudo

Anónimo dijo...

Pos decir que se ira apoiar o equipo sempre que se poida xa que no cire tamen xogamos os sabados a tarde e non podemos asistsr pero aver se logrades a permanencia!!!
un saudo de Rover

BRIGADAS AZUIS dijo...

Bueno,esperemos que vos salvedes,eu penso que si xa que estades xogando moi ben e so vos falta matar os partidos,intentaremos acercanos este sabado.
FORZA CIRE!!!!!!!!
FORZA MELIDE F.S.!!!!!!!

Fotos Semana Eypar 2010