domingo, 19 de abril de 2009

Derrota fronte o lider

Duas partes totalmente diferentes as que disputou o Melide Fs este sabado fronte o Mexillon de Ouro de Rianxo, lider da categoria que con este triunfo garantiza practicamente o ascenso.
A primeira metade foi do peor do equipo esta tempada, falta de ganas, erros absurdos, etz... e ainda asi tivemos varias ocasions claras. De todos xeitos neses primeiros vinte minutos o Melide foi totalmente inferior proba diso o 1-5 co que nos fomos o descanso, este gol foi obra de Cristian.
Na reanudación o equipo pareceu outro, co apoio do publico pouco a pouco fomonos arriba, e primeiro Bareto nun tiro lonxano, logo Iván nunha xogada de estratexia e posteriormente Manito nunha fenomenal xogada individual lograron recurtar distancias ata o 4-5. Parecia que unha semana mais a remontada era posible, pero por cansancio e tamen polas contras rivais loxicas debido a presion local os de Rianxo volveron a marcar dous goles e a abrir brecha. O 5-7 definitivo volveu a ser obra de Cristian.
Baby comezou con Angel (12) na porteria, Portos (15) de peche, Diego (4) e Manito (9) nas alas e Iván (10) de pivote. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Bareto (5), Rober (6), Cristian (7), e Humberto (14).
O xogador mais destacado sen dubida para Manito que fixo o mellor encontro o meu parecer dende que esta no equipo. Tamen destacar o apoio da xente dende as bancadas.
Falando xa dos xuvenis tampouco foi unha boa xornada. Xogaron o Domingo pola maña fronte o C.P Casas en Lugo e caeron derrotados por 6-3. Non vin o encontro, pero polo que teño entendido non puideron contar con ningun dos porteiros, nin Cristian nin Guti, polo que imaxino que esto seria clave no resultado.
O proximo fin de semana hai paron en ambas competicions, pero o Sabado dia 2 de Maio reanudaranse no que sera a última xornada de liga para os seniors, recibindo o Ribeira as 17:30h, e que posteriormente seguira co encontro dos xuvenis fronte o Carballiño as 20:00h.
Un saudo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

O ALUMINIOS ALUCAR DE SARRIA RETIROUSE DA COMPETICION¡¡¡¡¡¡¡¡

Tonecho dijo...

Penoso partido dos xuvenis en Lugo.
Esta vez non teñen eles a culpa, teño que asumila eu toda. Non foi un bo dia, nin unha boa hora para xogar. Algun incluso xugou lesionado.
O importante e que xa pasou e perdemos a oportunidade de pegarnos o Lobelle que perdeu esta semana.
Queixarse non serve para nada, unicamente, pedirlles perdon os xogadores e os afeccionados (especialmente a Patricia que sempre que pode nos acompaña) e seguir pelexando os partidos que quedan.
Como coñezo os meus xogadores e entre lesions e falta de motivacion, algunha vez e mellor un paron (xa o comprobamos este ano) que insistir no traballo, este venres doulles descanso a todos e o fin de semana non xogamos, polo cal espero que disfruten o descanso (sobretodo Krintian para que recupere de todo) e que os espero puntuais o venres seguinte 1 de Maio para preparar o partido contra O Carballiño (agora xa non podemos fallar mais, e menos na casa).
Sobre os grandes, animarvos para o ultimo partido e que poidamos quedar con mellor sabor do que xa temos este ano, donde quitando unha epoca concreta foi unha boa tempada, que ten que seguir igual o ano que ven.
Un saudo a todos.

Tonecho dijo...

Se algun xuvenil non entra para darme as gracias polo paron, darei por entendido que prefiren non parar e poñerei entreno outra vez para este venres.
O que avisa non e traidor (decia miña aboa).
Un saudo.

cArL0s.500 dijo...

Menos mal que entro eu aqui pa agredecercho senn..!!jeje ah,o paron este creo k vai sentar ben(jeje),xa que,cristian e borja estan lesionados!!venga saudos!!

Ivan-10 dijo...

Tremenda decepcion a que me acabo de levar. E decir 500, ten que pedirche Tonecho que entres que senon nada, con todo o tempo que eu levo implorando a tua maxestuosa presencia nesta humilde bitacora....e pa que????, Pa que me traiciones por Tonecho...Asi esto vai mal jeje.

Por certo vou ter que colgar algunha foto tua haber se se anima mais a xente a entrar jeje.

Saudos

cArL0s.500 dijo...

jaja ti si que tas loco!! Non teño tempo de entrar,que eu estudio, non coma ti que non fas nada!!jejee mellor que poñas fotos tuas xa veras como entra mais xente(eu teño unha tua mais de tapy)jaja veña talogo!! e ben sabes que eu a ti non te traiciono eh!!jejeje..

Anónimo dijo...

Gran temporada rapaces, pena de baixón que tivechedes!

Fotos Semana Eypar 2010