martes, 4 de agosto de 2009

Datas confirmadas

Pouco a pouco comeza a coller forma a próxima tempada do Jim Sports Melide FS e sobre todo a pretempada. Xa hai tres datas confirmadas para tres encontros fronte equipos de liga nacional e outros tres encontros fronte a rivais da nosa categoria ainda que sen datas.
Un dos pratos fortes sen dubida sera o encontro de presentación do clube que terá lugar o primeiro dia das festas de San Roque, o Sabado dia 15 de Agosto as 20:00h fronte o Azkar Lugo B. Un encontro que nos chega un pouco cedo no que se refire a composición do plantel pero no que agardamos contar co voso apoio e no que agardamos que todos os que veñades marchedes convencidos do gran proxecto para o vindeiro ano e de todo o traballo que hai detrás.
Ademais do Azkar, tamén o Lobelle visitará Melide esta pretempada e será o dia 6 de setembro pero sobre iso xa daremos mais información o igual que do encontro fronte o Trabada do dia 23 de Agosto.
Un saúdo.
P.D. Acordadevos os xogadores do tema de facer as fotos esta semana e sobre todo de que este martes non se adestra pero o venres as 21:30h si, e agardemos estar todos.

7 comentarios:

prosy dijo...

Moi boa pretemporada, con partidos de nivel para disfrutar, e con rivais de igual embergadura para ver como se está!

Melide Fs dijo...

Novidade de ultima hora, sobre todo para os misters, o viernes volve Cordigol, falei hoxe con el e a partir do viernes reincorporase. Ala a traballar para ver como organizades todo.

Un saudo

Anónimo dijo...

Moi boa noticia a de Juan Alberto. Un gran acerto q continue.

Tonecho dijo...

Hola a todos. Perdon polo problema do venres.
Falamos este martes as 21:30. Vide todos.
Un saudo.

PATRICIA SUEVIA dijo...

NOTA: Recordo o chamamento de Iván para sacaren as fotos. Precísoas. Vémonos o venres (se me podo achegar) e se non o sábado SEGURO!!

MUAS

Tonecho dijo...

IVAN, UNHA ENTRADA XA.
Vou ter que tomar medidas disciplinarias contigo.
Sobre os entrenos, seguir decindo que e un luxo.
Onte 19 tios entrenado y todos dando o peito, 2 do corpo tecnico e 2 directivos.
So falta que veña publico os adestramentos coma os profesionais.
Como nota preocupante a lesion de Angelito, que esperamos que se recupere pronto para poder estar na presentacion en situacion de poder participar.
Nada mais polo momento, unicamente repetir:
INVAN, UNHA ENTRADA XA.

Tonecho dijo...

Gran pretemporada do Melide Futbol Sala.
Xogamos co Azkar B (1ªA o 15-08), co Lobelle B (1ªA o 8-09), con Trabada (1ªB o 23-08 a ida, a volta sen concretar), o Arzua (recen descendido de 1ªB sen concretar), o Ordes (Autonomica renunciando a praza en 1ªB sen concretar) e algun partido mais que aparecerá. Non creo que moitos clubs podan falar dunha pretemporada contra este tipo de equipos.
Isto sumando os entrenos e o bo grupo que temos, dame que pensar que sera un ano bo.
Non digo con esto que gañemos nada, pero si que disfrutaremos moito do futbol sala.
Aviso a navegantes, se non me cambian as ideas 2 xuvenis serán titulares ou incluso 3.
Señores a poñerse a pilas todos, incluidos tecnicos, directivos e xogadores, e tamen afeccionados, a dala cara polos rapaces que se parten o peito no campo.
Vemonos viernes os xogadores, vemonos sabado os afeccionados, temos que encher as gradas.
Un saudo.

Fotos Semana Eypar 2010