lunes, 28 de septiembre de 2009

Segundo partido, segunda derrota

Segunda derrota do Melide fs neste inicio de tempada por 7-9 fronte o Hotel Torques Mera "B", nun novo encontro tolo e que dende o principio se sabía que ía ser complicado. O partido empezou ben para os de casa cun gol de Nando nos primeiros minutos. Sen embargo, a raiz do gol o control foi do Mera que cunha defensa que cerraba moi ben a posibilidade de pase roubaba con moita facilidade o balón saindo rápido a contra e logrando dous goles casi seguidos.
Pasaron os minutos e a pesar de varias ocasións finalizadas por Borja Casal e por Manuel o Melide fs non foi capaz de lograr o gol do empate, mentres que o Mera poñia o 1-4 no marcador con duas xogadas moi ben fabricadas e rematadas.
Con este resultado chegouse o descanso, tras unha primeira parte donde o equipo local non se encontraba na pista con varios erros individuales e desaxustes defensivos, e cos visitantes cas ideas moi claras de como xogar levando o peso do partido.
No comezo da segunda metade o partido seguiu igual ata alcanzar o equipo visitante unha ventaxa de seis goles co 1-7 no marcador. Foi neste momento (quedando aproximadamente 15 minutos) cando Tonecho apostou por presionar a toda pista complicando a saida de balón do Mera e donde se viu unha espectacular reacción do equipo logrando poñer o marcador cunha diferencia de dous goles (5-7), reacción que se viu acompañada pola boa entrada que se rexistrou na grada e que se facia notar.
No medio desta reacción local, o Mera foi capaz de chegar a porteria defendida neses momentos por Tapi (que tivo grandes paradas) e nunha destas chegadas logrou meter o octavo gol. A pesar disto o Melide seguiu apretando un pouco a desesperada buscando a porteria contraria con impetu, e as veces incluso con certa precipitación, o cal lle permitiu poñerse a un gol no marcador (7-8).
Xa no último minuto, co Melide presionando o límite e xa con cinco faltas en contra, foi cando o Mera foi capaz de provocar o seu terceiro dobre penalti a favor e que, despois de fallar os dous primeiros, puido transformar logrando o 7-9 definitivo, e deixando os locais sen posibilidade de remontada.
Tonecho empezou o partido co seguinte quinteto: Guti, Nando, Manuel, Xurxo e Borja Casal. Tamén xogaron Tapi, Cordi, Kike, Carlos 500, Cristian, Humberto e Manito.
Destacar a capacidade de reacción mostrada polos xogadores donde a pesar de chegar a verse con 6 goles de diferencia encontra souperon ser un equipo e intentaron buscar unha remontada complicada. No apartado individual penso que hai que nomear a dous xogadores: Borja Casal (coa sua habitual garra) e Cordi (sendo o mellor dos locais e traballando e levando sempre perigo).
Como conclusion, polo visto tanto neste partido como no anterior, o equipo ten moita pegada arriba (14 goles a favor), pero non está ben na defensa con constantes erros individuais e colectivos (17 en contra). Pero esto non fai mais que comezar e o importante é que hai que seguir traballando e acoplando a xente porque o equipo ten moitas posibilidades. As ilusións seguen intactas!
.....................................................................................
Resultados Xornada 2:
Jim Sports Melide F.S. - Hotel Torques Mera "B" (7-9)
F.S. Cedeira - Burela Turística (1-2)
Ventorrillo Caixanova - Club Ribeira F.S. (5-4)
Concello de Arzua - F.S. Alameda Xarío
C.F.S. Castro - Boqueixón F.S. (1-4)
S.I. Outeiro de Rei - Peugeot Vilalba F.S. (4-0)
Jogafán Ordes F.S. - C.P. Casás (4-3)
Troula F.S. - Loterías Mexillón de Ouro (8-3)
.....................................................................................
Xornada 3 (03/10/2009):
Jim Sports Melide F.S. - F.S. Cedeira (18:00 h)
Burela Turística - Ventorrillo Caixanova (16:30 h)
Club Ribeira F.S. - Concello de Arzua (20:00 h)
F.S. Alameda Xarío - C.F.S. Castro
Boqueixón F.S. - S.I. Outeiro de Rei
Peugeot Vilalba F.S. - Jogafán Ordes F.S. (18:30 h)
C.P. Casás - Troula F.S.
Hotel Torques Mera "B" - Loterías Mexillón de Ouro

12 comentarios:

Tonecho dijo...

Outra mala semana.
Estou totalmente convencido do potencial de este plantel, pero penso que os propios xogadores non estan tan convencidos.
Faltanos confianza e tranquilidade.
Cada vez que empuxamos con forza, gañamoslle a calquera, pero o resto non somos quen de manter o nivel defensivo.
Necesitamos unha vitoria urxente que nos de confianza e sobre todo tranquilidade.
Esta semana non podo comentar moito mais, unicamente darlle as gracias as gradas que seguimos a ter moita xente nelas y axudando en todo momento.
Animo a todos e como digo no campo "Cabeza arriba" falta moito, so e cuestion de tempo e confianza.
Un saudo a todos.

Anónimo dijo...

veña chavales, arriba.....PODEMOS.

Vilalba F.S. dijo...

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado as 18:30 ao Jogafán Ordes F.S., no Pavillón Municipal de Vilalba.

prosy dijo...

Estoy con Tonecho, al equipo le falta confianza. De todas formas me quedo con el ambiente del banquillo, donde si se vio unidad, cosa q se reprocho q no hubo en el anterior partido. Hay q tener paciencia, e ir progresando poco a poco. Yo, personalmente, confio al 100% en lo q se está haciendo, solo falta q nos vaya saliendo, y seguro q esto cambia!
Pero paciencia, queda mucho!

prosy dijo...

Por cierto, con dos jornadas disputadas ya se va viendo a los equipos que se esperaba por la parte alta, con alguna sorpresa como en el inicio del Cedeira, el Jogafan o Mexillon, pero bueno, como dije antes esto solo acaba de empezar! un saludo a todos!

Melide Fs dijo...

Gracias por indicar horarios y pabellones de los partidos. Se irá indicando en la entrada según se nos vaya comunicando!Gracias por colaborar, da gusto este ambiente!

dantelu dijo...

Sabado 3 Octubre as 20 horas no pavellon de Fonsagrada

Ribeira F.S-Concello de Arzua

dantelu dijo...

Tonecho, podesnos comentar que tal equipo teñen o troula e o concello de arzua... vaise tendo referencias pouco a pouco de todos os equipos, pero estes 2 son un misterio. Sabes si manteñen o bloque de nacional B? Un saudo

Tonecho dijo...

Ivan e Prosi, estan a traballar coma tolos polo blog, e a directiva xa esta negociando os premios pola quiniela de cada semana.
A ultima novidade e a colocacion dun enlace cun canal propio de youtube donde colgaremos todolos partidos que grabemos en video para quen os queira ver.
Agora mesmo o primeiro que poremos (esta a subirse) e o Vilalba-Castro, despois colgaremos o Troula-Mera B, o Ribeira-Cedeira (estes so un ratiño) e por ultimo o Melide-Burela e o Melide-Mera B, estes ultimos completos.
Esperamos que sexa do voso interes e que vos pasedes a velos.
Un saudo e en canto teña un minuto miro quen gañou a quiniela da semana pasada.
Pd: Melide-Cedeira en Melide, no municipal as 18:00 do sabado.

Tonecho dijo...

Hola Dantelu, sobre o Troula, en canto poida colgaremos a primeira parte do Troula-Mera B para que podades velo.
Creo que marchou algun xogador do bloque de outros anos no Troula, pero basicamente segue o mesmo.
Sobre o Arzua e veciño noso pero non che podo dar referencias, unicamente o vin nun torneo nas vacacions, e non lle vin moita cousa, pero supoño que serian as vacacions e faltarian xogadores.
Sabedes que pasou co Arzua-Xario, suspendeuse, aplazouse???
Un saudo Dantelu

Anónimo dijo...

Burela Turística - Ventorrillo Caixanova o sábado as 16:30 h en Burela

marineda dijo...

Burela Turística 6 -
Ventorrillo Caixanova 9.

Buen partido de ambos conjuntos a pesar de la calamitosa actuación de los árbitros.

Agradecer desde A Coruña el excelente recibimiento y posterior "detalle" (acceso al partido del Burela FS) del club anfitrión.

Fotos Semana Eypar 2010