domingo, 15 de noviembre de 2009

Sabado sin Troula

Solo o resultado de 3-4 empañou unha boa tarde de xogo e ambiente no pavillón da Martagona no encontro que enfrontou o Melide co Troula, terceiro clasificado.
Comezamos facendo o mellor xogo de toda a tempada, sendo totalmente dominadores do encontro e do seu tempo e tendo multitude de ocasións, froito das cales chegou o primeiro tanto de Borja Casal. Seguimos na mesma liña de xogo todo o primeiro tempo e pese a que o Troula nos igualou nun erro defensivo pouco tardou Manuel Casal en volvernos poñer en vantaxe coa colaboración dun rival. En todo este primeiro periodo os visitantes a parte do gol tiveros dous tiros os paos con lanzamentos lonxanos, pero seriame imposible enumerar as ocasións dos xogadores do Melide, Bareto, Cris, Fer, Xurxo, Borja... que as tiveron de todos os colores pero que non conseguiron aumentar a vantaxe.
O inicio do segundo tempo facianos ir no mesmo camiño, e de feito denovo o pichichi Borja Casal ampliaba vantaxe ata o 3-1 que nos parecia que podia dar un respiro. Foi un espellismo xa que ainda que seguiamos dominando o Troula fixo tres goles consecutivos en moi pouco tempo e deulle a volta o marcador poñendo o 3-4 que a postre seria definitivo. Ainda faltaban 15 minutos de encontro e o Melide seguiu tentandoo de todolos xeitos pero non era a tarde cara o gol e cando non era o porteiro eran os paos, e cando non que tirabamos fora, pero ainda asi destacar a loita ata o último minuto.
Tonecho comezou con Angel (12) na porta, Fer (6) de peche, Manuel (11) e Xurxo (16) nas alas e Borja Casal (5) arriba. Tamen xogaron Cristian (23), Piston (2), Cris (7), Sergi (8), Manito (9), Bareto (12) e Carlos Quini (17).
O xogador mais destacado a parte de Borja que xa leva 17 goles hai que darllo unha vez mais a afición, e nesta ocasión mais do que habitualmente o facemos porque acudiu en masa a visitarnos e apoiarnos ata o último intre. Que bonito e ver a grada como estaba o sabado (en pouco tempo vai haber mais ainda) e mais se pensas como fai un par de anos non solia haber mais de cinco persoas animando. Agardemos compensarvos o antes posible con resultados.
Como digo e deixando aparte a grada a miña conclusión volve a ser positiva. Si, perdemos outra vez pero semana a semana vese mellor xogo, mais implicación en todo o mundo e a nada que empecemos a marcar algunha mais os resultados seguro que chegan. Ademais este sabado ai que ter en conta que o rival era o terceiro clasificado e estiveron a piques de perder.
Agora toca pensar no encontro do vindeiro sabado, as cinco da tarde en Rianxo frontre o Mexillon de Ouro que e dos poucos que esta por detras na taboa, pero que o parecer estan a recuperar efectivos, asique habera que ir a dalo todo.
Non quero rematar sen facer unha mención especial para os rapaces das escolas deportivas que viñeron a xogar o seu partido no descanso, e ademais de entreternos e demostrar que o clube esta a traballar no futuro non pararon de animar en todo o partido, e creedeme que os xogadores volo agradecemos, asique dentro de 15 dias a repetir.
Un saudo.
....................................................................................... Resultados Xornada 9
Concello de Arzúa - C.F.S Castro (5-1)
Ventorrillo Caixanova - S.I Outeiro de Rei (7-4)
FS Cedeira - Jogafan Ordes FS (2-1)
Jim Sports Melide FS - Troula FS (3-4)
Burela Turística - Loterias Mexillon de Ouro (7-3)
Club Ribeira FS - CP Casas (8-2)
FS Alameda Xario - Peugeot Vilalba FS (1-3)
Hotel Torques Mera - Boqueixón FS (3-2)
.......................................................................................
Partidos Xornada 10 (21/11/09)
C.F.S. Castro - Hotel Torques Mera
S.I. Outeiro de Rei - Concello de Arzua
Jogafán Ordes F.S. - Ventorrillo Caixanova
Troula F.S. - F.S. Cedeira
Loterías Mexillón de Ouro - Jim Sports Melide F.S.
C.P. Casás - Burela Turística
Peugeot Vilalba F.S. - Club Ribeira F.S.
Boqueixón F.S. - F.S. Alameda Xarío

32 comentarios:

Tonecho dijo...

Hola a todos.
Hoxe a miña vision e un pouquiño distinta da tua.
Xogamos un gran partido na primeira parte. Complicamoslle moito a vida o Troula. Fumos rapidos, donos do balon, serios en defensa (un pouquiño tolos os de diante, por culpa de non axustar eu ben os movementos, pero xa o correxiremos), nalgun momento superamos absolutamente o Troula que non sabia como pararnos, e a pesar de ter moita capacidade goleadora, non conseguimos rematar o partido.
Na segunda parte xa non foi o mesmo, o Troula con uns movimientos moi pensados sacandonos da nosa zona e sacando o noso central, foron practicamente donos do balon en toda a segunda parte, o unico que non conseguian entrar polo gran esforzo fisico de todolos nosos.
Conseguiron remontar en xogadas aisladas de pequenos erros que cada un recoñeceu e asumiu.
Estamos nunha moi boa liña, non temos prisa e estamos a facer as cousas ben.
Teño que facer mencion especial coma sempre a nosa aficcion, estaba o poli outra vez, PETAO.
O que estan facendo este ano e un luxo e un pracer.
Teño que dar as gracias os rapaces dos xuvenis do Cire que viñeron a acompañarnos demostrando que entre nos e os xogadores dos Cire non existe ningun problema. Tentarei para a semana que ven (esta non podemos que xogamos fora) facer nos o mesmo e ir ver o voso partido.
Tamen decirlle a miña directiva que resulta moi emocionante para os xogadores sair o campo e ver os nosos pequenos e o resto da grada postos en pe, cos brazos en alto abertos e cas buzandas co nos nome.
O deste ano esta sendo un luxo, e penso que moitos terian que aprender do que estades a facer este ano, con rapaces que so gañaron 2 partidos. O dia que gañemos 7 de 7 ou 8 de 10, non entramos no poli.
Tamen quero felicitar o Troula, cun comportamento espectacular e con moitos recursos ofensivos, sabendo cambiar o ritmo do partido segun os seus intereses.
Un saudo a todos.

Anónimo dijo...

Buenas noches:

Ayer volví a jugar a Melide después de muchos años.
Me llevé una grata sorpresa. Muchas gracias por el trato recibido, fue un placer jugar en un pabellón tan bonito y con ese ambiente.
Os felicito por ser capaces de mover tanta gente con lo difícil que es eso en estos tiempos donde la gente se involucra tan poco con su pueblo.
Por lo demás animaros para que sigais trabajando con la misma disposiciónm ganas y actitud que tuvisteis a lo largo de todo el partido. Mucha suerte.
Un saludo... y hasta la vuelta.

PATRICIA SUEVIA dijo...

Foi unha tarde xenial.
Xa nos tocará a nós noutra ocasión... hai que seguir fozando!!!
Ánimo outra semana a vós os que entrenades. Así, eh?! ASÍ!! Con actitude positiva.

E ó anómimo, gracias a ti por darnos a túa tamén grata opinión. Até cando ti queiras... SAUDOS!!

PD: Mañana es el día :D

Tonecho dijo...

Anonimo, gracias por entrar y por tus animos.
Es muy gratificante encontrarte con gente que reconoce y valora el trabajo de esta directiva.
Un saludo y nos vemos en la vuelta.

Patri (Nuestra niña), felicidades por lo de hoy, espero que disfrutes el dia y que lo de estar lejos lo disfrutes y no lo padezcas, es bueno conocer otras cosas.
Hace un rato que vi a tu abuela, aun te fuiste ayer y ya te queire ir a ver (es la leche).
Ahora que estas mas lejos, estas en la obligacion de entrar mas amenudo.
Un beso y suerte.

Estoy subiendo los videos, en un rato estaran colgados.
Un saludo a todos.

Piston dijo...

Hola a todos:
Bueno o partido desta semana é o típico partido que quedas cariacontecido por non decir encabronado polo visto no campo. Troula equipo mediano no meu punto de vista nin gran defensa nin gran ataque pero efectivos arriba, tiraron da sorte que ons leva faltando a nós toda a tempada. Por certo con esto non quero que se mosquee ninguén do troula por exemplo porque escribo pouco no blog e tampouco quero enfadar a ninguén, pero é así, ou non Iván y punto. Gustoume moito o partido houbo moito espíritu por gañar non nos desesperamos, xogouse bastante ben, defendeuse mellor e perdeuse coma sempre, pero bueno notas positivas, cada vez xogammos mellor defendemos e atacamos mellor, só nos falta o puto gol que cando estás ahí abaixo non quere entrar pero bueno pouco a pouco vamos collendo o bo ritmo. Só decir que sde mellora o ambiente pouco a pouco e todos estamos confiados de poder lavar a imaxe do equipo deste inicio de tempada. Sin máis que dicir vemonos no entreno.

Iván tes que volver deixalas trobas de VAn Bomel outra vez.

Ivanhimovic dijo...

Bregue, bregue y mas bregue, y punto.

Zinedine, sabes que as trobas tiveron a sua epoca, pero ahora igual mellor pasar, non che parece, e como diria un que eu sei... y punto!.

Bks o can e vemonos a noite, que moncho xa nos esta esperando.

P.D. E vendeme os bois, e vendeme....................

Ruben dijo...

Ivan estas como unha moto.

En primeiro lugar felicitar o equipo pois fixo un partido moi serio con moita intensidade, pero volvemos a fallar no control dos tempos do partido, neste partido repetiuse o de sempre, dominamos, temos a posesión do balón...pero catro fallos e outra derrota.
Penso que temos un bon físico, técnica, pero falta un pouco de cabeza, solo falta pulir certas cousiñas tácticas como a defensa no segundo pau (nunca se fai), contragolpes mai sinxelos, ectr, pero sobre todo dominar os tempos do partido. Os ultimos minutos dun partido aproveitamolos moi pouco con posesions moi cortas que propicián contragolpes e chegadas ailladas do contrario pero moi perigosas, e que nos matan.
Pero resumindo esta parrafada, o nivel mostrado contra un equipo coma este foi moi bon, asique soamente seguir igual e pulir estas cousiñas, q pouco a pouco se van mellorando, polo menos o tema das faltas xa non é tan grave.
Bicos!!

Tonecho dijo...

Isto esta moi parada, bou ter que falar mal dalgun para que salga a contestar.
Quini, onde andas?, Fer e ti?, Rober?, Sergio?, Presi?, Conde?, Mecajona, temos que darlle vida a isto xaaaaaa.
Un saudo a todos, e maña que teño tempo, mais.

Tonecho dijo...

Quiniela da semana:
Semana onde se marcan cousas, por exemplo, ninguen cree que se lle poda gañar o Ventorrillo, todo o mundo pon un 1 no seu resultado.
Esta semana o que menos acertou foi Yago con so 2 acertos.
Con 4 estan Anonimo(2), Prosy e Cap Brunete.
Con 5 acertos estan Anonimo(1) e Ivan.
Con 6 acertos, Dani e Marineda (son dos que mais acertos sacan de media).
Con 6+1 (faltouche un resultado e o ser a primeira semana damoscho por acertado) o noso directivo o Sr. Conde.
Con 7 esta semana estan Vilalba e Dantelu, dos dos fixos todalas semanas.
Sigo informado que todos os que gañaran algunha semana, cando veñades por Melide, avisade que tedes as copas pagadas.
Un saudo a todos e animadevos a meter a desta semana para ver movemento, esta semana esta todo moi parado.

Quini.. dijo...

Olaaa a todooos!! Menoos mal q aparezcoo eu x aquii xqee sinoon estoo parasee algoo,(ainda que teñoo o tecladoo algoo escaralladoo por culpa do msn,como di Tonecho)jajaja. Buenoo deciir qe o partido do outro diaa para min fooi o mellor da temporadaa peroo faltanos un pouco de sortee de caraa o gool,xa iraan chegandoo mellorees rsultadoos!!Asique Ánimo a todoos e seqguiir traballando!!


pd:IVÁÁN,qe te mellorees rapidoo,q se che vee con ganas de volveer!!jaja UN SAUDOO!!

Vilalba F.S. dijo...

Castro - Mera 2
Outeiro de Rei - Arzua 2
Jogafán - Ventorrillo 2
Troula - Cedeira 1
Mexillón - Melide 1
Casás - Burela 2
Vilalba - Ribeira 1
Boqueixón - Xarío 1

A ver si damos a sorpresa contra a revelación da categoría.Temos moitas gañas de ver a este Ribeira, que está a sorprender neste arranque de tempada, pero parece que non lle tembla o pulso, e mantense cunha soa derrota. E nós a intentar seguir invictos na casa, e intentar darlle unha alegría aos nosos seareiros.
Un saúdo e sorte a todos.

Anónimo dijo...

Tonecho, no tienes ni puta idea. Cuando piensas dimitir ?. Fantasma que eres un Fantasma. Vamos a por ti...

Manito dijo...

Boas a todos!!!

É verdade que esta semana está o tema algo parado. Bótase en falta a algún dos asiduos (Brunete, Dantelu, etc).
Vou facer eu a miña aportación. Con respecto ó partido coincido bastante co míster en que houbo bastante diferencia entre as dúas partes. Na primeira fomos donos do balón e do xogo e por tanto das ocasións, lástima non poder materializar máis. Outro cantar foi a segunda metade. O Troula soupo sacarnos da nosa zona de defensa e, ademáis, perdemos fluidez en ataque co que fomos moito máis romos e as ocasións foron menos e menos claras. Tamén debo dicir que lles sorriu a sorte de cara a gol pero non é excusa. Só queda felicitalos pola victoria e esperar ó partido de volta a ver se lles podemos devolver o "favor". En todo caso partido disputado, bonito de xogar e con unha deportividade exquisita.
Mención especial merecen os nosos afeccionados, a verdade é que é alucinante a cantidade de xente que se achega o pavillón para animar todo o partido, parece mentira que catro mantas sexan capaces de traer a tanto persoal, so espero que algún día se lles poida devolver tanto cariño en forma de victorias e, sobre todo, de bon futbol sala. O dito, non hai palabras.
Por hoxe xa está ben, felicitar á directiva pola iniciativa das escolas deportivas e por levar os rapaces a xogar diante da xente no descanso, paréceme moi boa idea. Sorte a todos, menos a Rianxo claro, polo menos para esta xornada e vémonos polos pavillóns. Unha aperta.

P.D. Presi, dáme unha bufanda ou dimite xa!!!

Anónimo dijo...

Castro - Mera 2
Outeiro de Rei - Arzua:1
Jogafán - Ventorrillo:1
Troula - Cedeira 1
Mexillón - Melide:2
Casás - Burela:1
Vilalba - Ribeira:1
Boqueixón - Xarío:1


MOITA SORTE A TODOS,joder aa ver se arranco ke non acerto mais de dous en cada xornada..vaia pufooo!!!

YAGO

Tonecho dijo...

Gracias anonimo, es bueno que ya seais varios, alguien que se esconde con anonimo es normal que busque ayuda en los amigotes, uno solo es demasiado varonil. Tranquilo aqui aceptamos a todo el mundo.

petos productions-BRAIS- dijo...

Eu máis tarde que cedo vou facer a miña breve crónica partido.Eu o sábado vin a un equipo que fixo todo para ganar pero que a sorte como moitas veces nesta tempada foinos esquiva de novo.Para min foi o mellor partido que lle vin o equipo nesta tempada,fíxemolo case todo ben pero a falta de acerto cara o gol e erros individuais costáronos a derrota.A pesares de todo se seguimos con ese nivel penso que non teremos problemas para saír adiante,polo que ánimo a todos e a luitar por ganar en rianxo este sábado.Cuidarse

petos productions-BRAIS- dijo...

Eu máis tarde que cedo vou facer a miña breve crónica partido.Eu o sábado vin a un equipo que fixo todo para ganar pero que a sorte como moitas veces nesta tempada foinos esquiva de novo.Para min foi o mellor partido que lle vin o equipo nesta tempada,fíxemolo case todo ben pero a falta de acerto cara o gol e erros individuais costáronos a derrota.A pesares de todo se seguimos con ese nivel penso que non teremos problemas para saír adiante,polo que ánimo a todos e a luitar por ganar en rianxo este sábado.Cuidarse

Tonecho dijo...

Señores, so temos 2 quinielas. Animo e arriesgade.
Un saudo.

Tonecho dijo...

Quiniela, señores, a quiniela.
Menuda semana, notase que non hay enfrontamentos estrela.
A mollarse e arriesgar esta semana.
Un saudo.

Ivanhimovic dijo...

Pois si que tes gañas de pagar unha copa, pois veña, esta semana tocame levala a min asique:

Castro - Mera 2
Outeiro de Rei - Arzua 2
Jogafán - Ventorrillo 2
Troula - Cedeira 1
Mexillón - Melide 2
Casás - Burela 1
Vilalba - Ribeira 2
Boqueixón - Xarío 1


Por certo mister, vaille dicindo a monterroso (lee o blog pero non comenta) que ten unha semana mais das duas que lle dei o martes para ser ala dereito, pero nin un dia mais eh.....

vemonos a noite

Anónimo dijo...

Castro - Mera 2
Outeiro de Rei - Arzua X
Jogafán - Ventorrillo 1
Troula - Cedeira 1
Mexillón - Melide 2
Casás - Burela 2
Vilalba - Ribeira 2
Boqueixón - Xarío 1
Gañador seguro, vou firmar como LOCO

Sergio dijo...

Castro - Mera 2
Outeiro de Rei - Arzua 2
Jogafán - Ventorrillo 2
Troula - Cedeira 1
Mexillón - Melide 1
Casás - Burela 2
Vilalba - Ribeira X
Boqueixón - Xarío 1

Dani dijo...

C.F.S. Castro - Hotel Torques Mera 2
S.I. Outeiro de Rei - Concello de Arzua 1
Jogafán Ordes F.S. - Ventorrillo Caixanova 2
Troula F.S. - F.S. Cedeira 1
Loterías Mexillón de Ouro - Jim Sports Melide F.S. 2
C.P. Casás - Burela Turística 1
Peugeot Vilalba F.S. - Club Ribeira F.S. 2
Boqueixón F.S. - F.S. Alameda Xarío 1

Sorte a todos!

Javi dijo...

C.F.S. Castro - Hotel Torques Mera 2
S.I. Outeiro de Rei - Concello de Arzua X
Jogafán Ordes F.S. - Ventorrillo Caixanova 2
Troula F.S. - F.S. Cedeira 1
Loterías Mexillón de Ouro - Jim Sports Melide F.S. 1
C.P. Casás - Burela Turística X
Peugeot Vilalba F.S. - Club Ribeira F.S. 2
Boqueixón F.S. - F.S. Alameda Xarío 1

Javi dijo...

C.F.S. Castro - Hotel Torques Mera 2
S.I. Outeiro de Rei - Concello de Arzua X
Jogafán Ordes F.S. - Ventorrillo Caixanova 2
Troula F.S. - F.S. Cedeira 1
Loterías Mexillón de Ouro - Jim Sports Melide F.S. 1
C.P. Casás - Burela Turística X
Peugeot Vilalba F.S. - Club Ribeira F.S. 2
Boqueixón F.S. - F.S. Alameda Xarío 1

marineda dijo...

Castro - Mera 2
Outeiro de Rei - Arzua 1
Jogafán - Ventorrillo 2
Troula - Cedeira 2
Mexillón - Melide 2
Casás - Burela 1
Vilalba - Ribeira 2
Boqueixón - Xarío 2

Bueno espero que los de Melide (tambien los de Miño) no me falléis esta semana; aunque esta semana arriego un poco más.

dantelu dijo...

Castro - Mera 2
Outeiro de Rei - Arzua 1
Jogafán - Ventorrillo 2
Troula - Cedeira 1
Mexillón - Melide 2
Casás - Burela 2
Vilalba - Ribeira 2
Boqueixón - Xarío 1

A ultima hora de todo pero cheguei. Moita sorte e haber k depara esta xornada en resultados.

marineda dijo...

Ordes 1 - Ventorrillo 8.

A pesar de las bajas, el Vento volvió a ganar claramente (1-5 en el descanso).

Anónimo dijo...

mexilón de ouro 4 - 7 melide fs

marineda dijo...

Enhorabuena al Melide por su nueva victoria. Esta semana no me habéis fallado en la quiniela, aunque ya fallé el Outeiro de Rei - Arzúa, que empataron a tres.

Tonecho dijo...

Gracias Marineda.
Un saudo.

Anónimo dijo...

melide f. s., k asco me dades !

Fotos Semana Eypar 2010