domingo, 13 de diciembre de 2009

Boqueixon, un triunfo para a afición

Por fin chegou o segundo triunfo na casa logo de moito traballo, e o igual que na vez anterior sufrindo ata o último segundo. O final gañamos 4-3 o Boqueixón
Comezou o encontro como e habitual ultimamente cun gran xogo colectivo do Melide, e xusto cando se cumpria o primeiro minuto Manuel Casal adiantounos no marcador logo dunha gran xogada con seu irman. A partir deses cinco primeiros minutos o Boqueixon foise asentando e facendo o futbol sala que a eles lles interesaba e que nos fixo cometer bastantes erros, esa presión visitante viuse reflectida co empate. Pouco pasaba dos dez minutos e co encontro equilibrado surxiu un golazo de Pistón que logo dun escorzo dificilisimo meteu o balón na escadra dandonos de novo vantaxe e un pouco de tranquilidade, ainda que non a suficiente. Seguiamos cometendo bastantes erros e pillabannos fácil nas contras, so un gran Cristian impediu que nos empatasen antes, de todos xeitos a falta de pouco e logo dun saque de esquina os visitantes facian o 2-2 co que fomos o descanso.
Na segunda metade a saída do Melide non foi tan fulgurante e de feito non creabamos apenas ocasións e ainda que o rival tampouco moitas aproveitou unha xogada aillada para porse por diante no marcador. Era unha situación nova para nos remontar para gañar, pero co plus da grada pouco a pouco fomonos arriba e Manito no segundo pao logo dun bo pase de Piston facía a igualada e daba a confianza necesaria para ir a polo encontro. Nese intre eramos superiores e Sergi facia o cuarto e apostre definitivo logo dunha boa contra. Despois dese gol o Melide tivo varias ocasións moi claras e volveunas desaproveitar, feito que nos puido costar moi caro xa que no último minuto Tapi salvou os tres puntos con duas boas intervencións, nunha axudado por Fer. O final, o importante e que gañamos por fin na casa algo que era de vital importancia posto que os proximos encontros na casa nos seran ata o ano próximo e recibiremos consecutivamente o segundo e primeiro clasificado.
Tonecho formou con Cris (23) na porta, Fer (6) de peche, Manuel Casal (11) na esquerda, Cordido (13) na dereita, e B. Casal (5) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Perez (3), Sergi (8), Manito (9), Xurxo (16) e Carlos Quini (17).
O xogador mais destacado esta semana voullo dar a Sergi Monterroso, porque ademais do gol do triunfo leva duas xornadas dandonos o futbol sala que todos sabemos que ten dentro.
A proxima semana o equipo viaxa a Miño para enfrontarse o Alameda Xario, será o sabado as 17:00h.
Mención a parte unha semana mais para a afición que ven o pavillón cada sabado, cada día somos mais e cada vez con mais gaña de animar. O ambiente dos últimos dez minutos para min foi espectacular e iso e algo que temos que agradecer sempre.
Esta semana ademais vou destacar a xente que aqui case nunca fago mención e que penso que son basicos no proxecto. Neira, Conde, Baby (seguide facendo o esforzo de vir os partidos porque se agradece),Maria, Alfonso, Brais, Patri, Rober, Sergio.......,Gracias e a seguir currando. Por certo, antes de rematar, vou pedir un favor a persona coa que vin a primeira parte e que polo que me dixo suele leer este blog, asique gustariame que deixases un comentario de como ves as cousas, xa que a todos os que estamos no "tejedillo" este do Melide nos encanta a tua forma de ver este deporte, e todas as aportacións son sempre benvidas.
Un saudo
............................................................................................................. Resultados Xornada 13
S.I. Outeiro de Rei - Jogafán Ordes F.S. (2-2)
C.F.S. Castro - Troula F.S (6-2)
Concello de Arzua - Loterías Mexillón de Ouro (3-2)
Ventorrillo Caixanova - C.P. Casás (9-3)
F.S. Cedeira - Peugeot Vilalba F.S. (4-3)
Jim Sports Melide F.S. - Boqueixón F.S. (4-3)
Burela Turística - F.S. Alameda Xarío (Aplazado)
Hotel Torques Mera - Club Ribeira F.S (7-3)
............................................................................................................. Partidos Xornada 14 (19/12/09)
Jogafán Ordes F.S. - Hotel Torques Mera
Troula F.S - S.I. Outeiro de Rei
Loterías Mexillón de Ouro - C.F.s. Castro
C.P. Casás Concello de Arzúa
Peugeot Vilalba F.S. - Ventorrillo Caixanova
Boqueixón F.S. - F.S. Cedeira
Alameda Xarío - Jim Sports Melide F.S.
Club Ribeira F.S - Burela Turística

66 comentarios:

fraN dijo...

Noraboa xavales!!!!!

Seguide aSi......
animo!!

Anónimo dijo...

Somos o tercer equipos mais goleador e tamén o máis goleado

Tonecho dijo...

Comezamos a ter unha serie de problemas que si me preocupan.
Non estamos tranquilos co balon.
Temos outra vez moita presion por gañar e menos por xogar ben.
Teño que recordarlle a todo o mundo que este ano e de formacion principalmente, temos que correxir erros e mellorar o que temos bo.
Esta semana foi xusto o contrario, non fumos duros de cara a porteria contraria como soemos ser, e fumos moi blandos de cara a defensa (posicionalmente).
Da a sensacion de que estamos cansados e como e evidente non e algo fisico, e algo psicoloxico, que temos que cambiara de cara a rematar a primeira volta e comezar a segunda.
O Xario esta tendo uns resultados que aparentemente son malos, pero gañoulle o Mera, e algun partido foi con resultados proximos, polo cal confianza ningunha.
Despois do Xario rematamos contra o Ribeira que quitando a sorpresa de esta semana, esta intratable.
Esto quere decir que temos que poñernos as pilas outra vez para sacar esto da mellor forma posible.
Por se algun non se acorda, a segunda volta xogamos contra o Burela, o Mera, o Cedeira na sua casa (seguidos) e despois dese paseo por Galicia, ven o Ventorrillo a darnos unha leccion maxistral a nosa casa.
Señores a poñerse as pilas, todos.
Quero felicitar a Rober pola sua nova tarefa no banquillo, e recordalle que teña paciencia, saberse impoñer a algun dos que esta no banco e complicado.
Cambiando de tema, o partido de esta semana dos pequeniños, son nenos de so 4 anos, e un luxo que teñamos esta cantidade de futuros xogadores. Graciñas os pais por traelos e acompañarnos durante o partido dos seniors.
Dani, que opinas do Ventorrillo agora que xa o pacedeche??
Dantelu, que pasou esta semena? Foi mal partido voso ou bo deles???
Marineda, graciñas por sair todolos sabados na entrada anterior informandonos dos resultados.
Por certo, sorprendeume moito o resultado de Castro-Troula. Vos que opinades??
Un saudo a todos.

dantelu dijo...

Boasss a todos,
O Mera mereceu gañar o partido, nos non xogamos a nada e atopamonos ante un rival moi entrenado e rodado que soupo levar en todo momento a inicitiava do encontro. Se a superioridade local lle sumamos o nefasto arbitraxe, fixo que estiveramos fora do encontro en todo momento. Somos un equipo que ata o dia do Sabado practicamente nunca chegabamos as 5 faltas (lanzaronos 3 dobres penaltis en toda a liga, 2 ventorrillo e 1 boqueixon), xa no minuto 8 do primeiro tempo tiñamos as 5 e no segundo outra vez no minuto 11 cas 5, encima non podias razoar con eles, xa que taban no guion de unha final da champions league. Todo o mundo se queixa dos arbitraxes en Mera, nos sufrimolo nas nosas carnes. ¿Que opinades vos?
Non quero buscar escusas nin provocar polémica, ainda co mellor arbitraxe, houberamos perdido igual. O problema de estar arriba e que todos os rivais saen hipermotivados contra nos, e eso é unha desventaxa pra nos. Entre Diciembre e Enero temos un calendario terrorifico. Agora recibimos o Burela, despois 2 salidas moi complicadas (Melide e Cedeira), recibimos o intratable Ventorrillo e vamos a pista do Arzua. Despois de estes encontros, por fin poderemos facer unha valoración de cales poden ser os nosos obxetivos...

Ahhhh noraboa a familia melidense, estades a ser agora mesmo un dos equipos mais en forma do campeonato!!!!

Tonecho dijo...

Graciñas Dantelu.
A verdade e que agora mesmo estamos tendo sorte cos resultados.
Como xa dixen, esta semana caemos en xogo, pero sacamos adiante o resultado.
Agora, pasanos como a vos, temos un calendario terrorifico.
Sobre o de Mera penso que non sera peor que outros sitios no referente o arbitraxe. Poder ser que algun arbitro sexa malo ou moi malo, pero non penso que sexa sempre.
Os xogadores do Mera xogaron en categorias inferiores moitos partidos e o adestrador tamen e moi coñecido, eso pode facer que algun arbitro tire para a casa, pero en ningun momento creo que sexa algo premeditado nin incitado polo Mera.
Penso que o Mera e un dos equipos mais traballados da categoria y quitando o Ventorrillo que esta noutra galaxia, creo que sera dos poucos que vos poidan complicar a vida no que resta de liga.
Dos partidos que comentas (Ventorrillo a parte) penso que o mais duro, sera o Arzua. Na sua casa e moi competitivo, con algun xogador de moito nivel, e moi traballadores todos, o Cedeira penso que lle teriades que gañar o mesmo que a nos (pero itentaremos que non pase) e o Burela creo que depende en exceso dos seus veteranos.
Por certo, que opinades sobre o Xario, xogamos contra el esta semana e non sabemos nada deles.
Un saudo e sorte.

Tonecho dijo...

Semana de pocos acertos de novo.
Temos o amigo Anonimo(2) con so un acerto.
Estan despois Roberto, CR9, Anonimo (1) e Marineda con tres acertos.
Con catro aparece Dantelu.
Con 6 (e xa me jode) Ivan que so fallou o Outeiro-Ordes (fallou todo o mundo).

Tamen comentar que xa estan colgados os videos de esta semana, falta o dos nenos do descanso, pero foron problemas externos que fixeron que non poideramos grabarlos (pedimos disculpas os pais).
Un saudo a todos.

Anónimo dijo...

El Mera tanto en autonómica como en primera A mete mucha presión a los arbitros en su casa, el banquillo se levanta en pleno, a protestar, los jugadores protestan mucho, el entrenador conoce a todos los arbitros y no para de dirigirse a ellos, etc. Que no se me tome como crítica, es un recurso más como otro. Desde luego lo que no se puede negar es que el Mera es uno de los equipos sino el que más trabajado está tacticamente de la liga. Y los partidos los gana por méritos propios no por los arbitrajes, pero creo que ni ellos mismos pueden negar esa presión que crean.

Tonecho dijo...

E exactamente o mesmo que pasa co Arzua.
Non creo que sexa malo, e como di anonimo un recurso mais.
Nos mesmos foi algo que falamos dende principio de tempada, hacia os arbitros non conseguimos nada montando jaleo e que veñan a Melide a defensiva, este ano intentamos por todolos medios ser respetuosos con eles para poder exigirlles o mesmo trato cara a nos.
Outro recurso e o de meterlles presion como fai moi ben o Arzua, xa que o fai pero ca suficiente veterania como para que non lles metan tarxetas, chegan xusto o limite entre a presion e a falta hacia o colexiado.
E posible que o Mera faga algo parecido pero para nada creo que sexa dirixido, e a forma de ser.
Sobre o adestrador, as veces que o vin, creo que e dos mais respetuosos que temos nesta liga e para nada mete presion. Outra cousa e falar cos arbitros, eso facemolo todos, uns mais finamente e outros mais o bravo (caracteres, nada mais).
Un saudo.

CR9 dijo...

Felicidades Melide, seguides enrachados, o malo vai ser o parón navideño, que creo que podevos perxudicar. Dantelu, os arbitraxes en Mera son como mínimo sospeitosos. Nos os 4 minutos de partido xa levavamos 5 faltas, e pegando so unha patada, foi increible, non nos deixaron sacar porteiro-xogador o final do partido por que a camiseta non lles valía, que e a misma ca que xogamos noutras ocasións e sin problema ningún, nin de coincidencia de colores, en fin, e o que hai.
Bueno, sorte para todos este finde, xa pondrei a quiniel mais adiante. Saudos...

Ivanhimovic dijo...

Don Manue, xa estou esperando esas copas pola quiniela jeje, idesvos arruinar.
Por encima se gañamos en Xario temos unha cena pagada pola directiva. Non vos sae rentable que o equipo vaia ben jeje.

O dos arbitraxes eu penso que non e Mera, nin Casas (ainda que a nos o ano pasado perxudicaronnos nos dous partidos) nin nada, simplemente que e unha lavor moi dificil, e que como en todos sitios, hai quen o fai mellor e quen peor.

Un saudo.

Anónimo dijo...

Abr si opinades o igual cando vaiades ali e como vaiades algo axustados vos voten por terra todo o partido....Si nn vos fastidiando dende o primeiro claro esta

Roberto dijo...

Boas a tod@s, esta xornada en Cedeira os arbitros eran malísimos. O mesa parecía que estaba durmindo e a metade das veces non paraba o tempo, e na segunda metade os de Vilalba protestaron, e ao final subiron dous minutos ao cronómetro.
O nivel dos arbitros deixa moito que desexar, non digo que o fagan para prexudicar a un ou outro equipo, pero tiñan que estar máis controlados.
Un saúdo

Tonecho dijo...

En parte opino como Roberto. Hay algun arbitro moi malo, pero non todos.
Por sorte a gran maioria dos que nos tocaron a nos na casa, son bastante decentes, e fora nalgunha zona son moito peores por norma que no resto de zonas, pero e o nivel desa zona.
Insisto en que non creo que piten con mala intencion.
O ano pasado en xuvenis, en Noia pitounos un rapaz que era evidente que non estaba en condicions para pitar, e o ser de Noia tirou para casa, pero simplemente era malo, nada mais.
A min persoalmente dos arbitros o que non me gusta non e cando se equivocan, o que me cabrea e cando non saben aplicar o reglamento. Se un xogador colle o balon ca man dende o chan porque pensa que pitara, e tarxeta, sexa errado o xogador e sen mala intencion, e non pode pitar outra cousa (pasounos a nos); no banco poden estar dous adestradores, un auxiliar e un delegado, ou un adestrador, un delegado, un auxiliar e un encargado de material, e non so tres como soen decir; os bloqueos son tarxeta sempre; etc, etc.
O problema e cando algun non se sabe o reglamento ou non sabe aplicalo, polo demas pasalle como os nosos xogadores e adestradores, temolos bos, regulares e malos, pero non penso para nada que teñan mala intencion de cabeza.
Gustariame que se algun arbitro lee esto, que entre para opinar (Esteban estaria ben que dixeras o que pensas e poderias vir pitar algun dia a Melide).
Un saudo a todos.

dantelu dijo...

Bueno eu non son dos que penso que un arbitro salga a pista a facer o posible pra que gañe un determinado equipo. Pero como pasa no fútbol profesional cos equipos grandes, penso que non se mira polo mesmo raseiro a unhos equipos que a outros. Probablemente seña eso o que teña de especial a pista de Mera, como comentaron anteriormente, que os arbitros xa salen moi presionados e ala a figura de Pachi e moi respetada por todos. É unha arma como outra calquera, pero xa teria que ser a propia federación a que enviara arbitros competentes e non meterlles o marron a arbitros que non tan capacitados para determinados encontros como pasa moitas veces alí e non solo este ano. O ano pasado, non sei que equipo foi agora mesmo (Boqueixon o u Muebles Jogafan), enterrou as suas aspiracions na liga despois dun arbitraxe pésimo no que o equipo de Mera lanzara 6 ou 7 dobles penaltis no segundo tempo. Pasa ano tras ano e os equipos sentimonos impotentes.
Polo resto chapeau polo xogo do Mera, empezaron a entrenar unha semana antes de empezar a liga, pero tacticamente é o equipo mais completo con diferencia de toda a liga.

Tonecho do Miño non saberia que decirche, contra nos non realizaron un bon encontro despois de haberlle gañado ao Mera. Puido pesar neles a renta de 3 goles ca que nos escapamos rapidamente ou ao mellor algunha baixa si tiñan, pero non deberias ter problemas en principio. Son toda xente con unha media de 25 para arriba. Gustoume moito deles o porteiro do segundo tempo.

Un saudo,

Manito dijo...

Boas a todos!!!

Antes de nada quero comentar algo con respecto ó partido do sábado. É certo que non foi o noso mellor partido pero gañouse ben, incluso demasiado apretado polo visto na pista xa que o Boqueixón tampouco fixo moitos méritos para levarse os puntos. Por outro lado en varios (demasiados) partidos fomos nós os que puxemos o xogo e o final os puntos acababan escapando, por unha vez foi ó revés.
Con respecto ós árbitros penso que no básico estamos todos de acordo en que ningún, ou case ningún, vai a unha pista determinada coa intención de que gañe este ou aquel equipo. Está claro que, por moi imparciales que pretendan ser, sempre hai un elemento subxetivo que os pode influenciar nun ou noutro sentido como pode ser que sexan da mesma zona, que conozan o entrenador ou os xogadores dun equipo, etc. O caso máis claro puidose ver o ano pasado en Sarria, equipo con algún xogador máis marrullero do normal e co público sempre disposto a saltar a pista a mínima que non estiveran de acordo con algunha das decisións (o que nos pasou a nós foi para grabar e polo que sei non fomos os únicos). Se eu fora árbitro tamén estaría receloso de ir arbitrar alí. Certo é que en Mera me parece que tódolos equipos temos algo que dicir ó respecto, nos anos que levo eu xogando nesta liga sempre houbo algún "elemento extrano" (nesto CR9 darame a razón pois sufriunos coma min). Que a xente de Mera entenda que non é un ataque contra eles, se eu estivera no seu caso e os árbitros foran caseiros en Melide tamén me aproveitaría.
Outra cousa que me parece máis irritante é o que está a pasar este ano co novo reglamento. Eu non sei se é culpa da Federación, por non preparalos axeitadamente, ou dos propios árbitros por non empollarse o mesmo pero, se estaba previsto un cambio de normas o máis normal é que se prepare exhaustivamente a xente que se vai encargar de aplicalas. A nós este ano xa nos pasou varias veces que erros provocados por desconocemento das novas reglas nos influiron negativamente (en algún partido costounos puntos). Viuse claramento no noso partido do sábado, non distinguir entre balóns divididos e controlados, non saber qué pasa se o balón entra na portería de saque directo do porteiro (coa man), pitar unha man e non amosar tarxeta e o dos bloqueos, que non se pita nunca, xa clama ó ceo. Esto sí é grave, máis que o outro posto que o che dan un día quitancho ó seguinte e o fin tamén son persoas e engananse, se se contaran as cagadas que facemos os xogadores saldríamos mal parados.
En fin, vaia parrafada, vou cortar que logo Pistón e Humberto dinme que non fago nada. Unha aperta a todos e vémonos polos pavillóns.
Abur.

Capitán Brunete dijo...

Hola a tod@s!
En cuanto al partido del sábado estoy un poco de acuerdo con Manito, MELIDE FUTBOL SALA llevó el peso del partido y aunque no desplegó un buen juego nos llevamos los puntos, cosa que en partidos paso lo contrario muy injustamente. Boqueixón no es que sea un equipazo, pero para mi hace las cosas muy serias y desplega un juego que para ellos es muy efectivo y directo, buscando siempre el segundo palo, cosa que nos pudo hacer mucho daño, porque conté hasta en cuatro ocasiones como algún jugador llegaba al segundo palo solo para empujar, pero por cuestiones de suerte para MELIDE no puedieron hacernos gol. Aunque este año están muy limitados de gente, insisto, fue un equipo que me gustó, tiene un estilo de juego y lo lleva al máximo, unido a que tiene un pedazo de jugador, el 10 creo, que nos hizo la vida imposible.
En cuanto al tema de esta semana del nivel de este año, yo en los tres años que llevo, para mi con diferencia es el año que más nivel hay, y no solo lo es si no que hasta lo parece. Como decía alguien por ahí, otros años aparecían 8 chacaritas con pintas de macarras que venían a pasar el tiempo, por lo menos lo parecía, cada uno vestido de cualquier manera, este año todo el mundo va perfectamente uniformado y el ambiente es mucho más serio que años anteriores. A parte de ser serio, siempre al menos hay que parecerlo, y en mi opinión lo es. Otros año daba la sensación que tres o cuatro equipos aspiraban a ascender pero este año da la impresión que diez equipos tuvieran la aspiración de ascender, por lo visto en su forma de jugar. No se si las nuevas reglas han influido algo, pero está claro que para mi este año es diferente. Lo que está claro es que los equipos grandes siempre están arriba, vease el caso de Mera, para mi la referencia de la categoría año tras año, independientemente este año con "Galácticos" Ventorrillo, que por lo visto son "descendientes" de Mera, pues ahí va la muestra o Boqueixón, que para mi es de los grandes y aunque este año no esté tan fino, pues no está descolgado, volverá a tirar para arriba. Lo que me sorprende es lo de Ribeira, por lo visto el año pasado. Todavía no los vi pero tengo muchas ganas de verlo, porque si encima no entrenan puede ser que estemos hablando de otro equipo "Galáctico". En cuanto a Mexillón y Ordenes que el año pasado estaban ahí arriba pues para mi se notan las bajas que han tenido este año que les está haciendo sufrir más de la cuenta.
Con respecto a los árbitros, yo me voy a mojar, quitando un par de partidos y que al igual que como nosotros lo hacen mejor o peor, en mi opinión están muy por debajo del nivel que está exigiendo la categoría. NO comprendo como hay algún dinosaurio que la federación los tiene ahí y que deberían de estar fuera hace un par de temporadas, solo basta con acercarse a alguna cancha y verles pitar. Afortunadamente no es generalizado. Tuve la sensación que empezaron subiditos de tono como queriendo demostrar que la categoría les era pequeña llevando al absurdo el reglamento y exagerando las normas. Ahora llevan unas jornadas más "humanos" y realistas para la categoría en las que estamos, cosa que ellos agradecerán porque nosotros también les ponemos las cosas más fáciles.
En cuanto a nuestra afición el sábado, de nuevo "EGPECTACULAR"! Yo por mi parte vibré con su sonido!

Dani dijo...

Boas a todos!Noraboa de novo pola victoria Melide. O traballo sempre da os seus frutos.
En canto ó noso partido desta fin de semana que dicir...O Ventorillo é o mellor equipo da categoría e punto, aínda que non lles puidemos plantar cara como a min me gustaria xa que contabamos con numerosas e importantes baixas ainda que non quero excursarme neso.
Para a vindeira semana volvemos a ter o mesmo problema ou incluso peor xa que teremos un xogador moi importante sancionado e outro máis lesionado(eu por desgracia)e o partido non se aplaza. Asique moito xuvenis seran protagonistas. Dou gracias a que está ahi o parón...e espero que poidamos recuperar efectivos.
En canto os arbitraxes...é un tema que me toca moito a moral...pero bueno como dixo o meu compañeiro CR9 en Mera ``coseronnos´´ por todos os lados, foi algo fora do normal.
¿Ivanhimovic crees que alguna das arbitraxes da tempada pasada contra nos vos perxudicou?
Un saudo.

Capitán Brunete dijo...

"Jurje" se nota que no estás muy acostumbrado a leer en el instituto! So mameluco, aplícate un poquito y estudia, no seas cafre. Por lo menos en el blog a ver si te haces al hábito de la lectura y la escritura, aunque ya veo que eres como muchos que andan por aquí, que solo entran a mirar!

Tonecho dijo...

Dani, sinto o da lesion, espero que sexa pouca cousa e que poidas recuperar pronto.
Cambiando de tema, algun de vos sabe que pasa co Burela para aprazar os partidos??
Un saudo.

Ivanhimovic dijo...

Dani, para situarte, son xogador do Melide, este ano estou lesionado pero igual me viches por ali facendo de "pancartero, cantautor, cafetero...ou algunha movida asi".
O ano pasado no encontro que nos enfrontou a vos aqui fomos superiores, pero na vosa casa destesnos unha marimba de consideración, nese resultado nada tivo que ver o arbitro, fostes superiores, goleastesnos (6-1 se non recordo mal) e punto, pero si recordo a actitude do arbitro nos ultimos minutos e rematado o partido, totalmente burlesca hacia nos, en plan que protestades se mirade o marcador, de feito expulsou a dous xogadores e o adestrador e puxo cousas na acta que non eran certas asegurocho, e penso que esa non e a actitude que ten que ter un colexiado.
Polo demais, insisto ese encontro gañastelo porque fostes mellores.

Un saudo e agardo verte na volta. Asique recuperate pronto.

"Duelo de 10`s a la vista" jeje

Un saudo e gracias pola tua
colaboracion neste blog.

Capitán Brunete dijo...

Cago en lo cagable! Poneros a temblar que Iván va a joder la convocatoria a partir del sábado!
Crack, me alegro que estés recuperado y que por fin estés a punto para entrar de nuevo en el equipo, y dejes tu puesto de "putillero" (con cariño) lease cafetero, pancartero y cantautor retirado, para coger la camiseta número 10, que llevas con maestría y mucha clase!

marineda dijo...

A Capitán Brunete decirle solo que del equipo del Ventorrillo solo hay dos jugadores que jugaran en el Mera (Dio una temporada y Cristian "Chapu" media), si quereis buscar procedencia, aparte de los de la casa (Chapu, Jacobo, Berto,...), podeis buscarla en el Mare Nostrum de juveniles, que fueron subcampeones de España, cuyos refuerzos ya en la temporada pasada (Edu, Emilio y Adrian Rojo) les llevaron al ascenso, a los que se ha unido este año Bichi (juvenil que ya debutó en el Azkar B).

De todas formas el Mera no es muy querido precisamente por el barrio del Ventorrillo, y desde luego los árbitros no tratan igual a ambos clubes.

Tonecho dijo...

Ivan, que Dani xogue se esta recuperado e o normal, o teu pasa polo cabron do entrenador que ten que decidir se tes o nivel ou non.
Xa sabes o que hai.
Sabes que estamos en Navidades?? a min sempre me gustaron moito as zapatillas Adidas e teño as miñas gastadas.
Todo conta de cara as convocatorias, todo depende de ti.
Monterroso xa me chamou preguntando que numero calzo.
Manito preguntoume se me gustaban os reloxos de esfera grande ou prefiro dixitais.
Cristian dixome se me gustaba o ultimo de Sabina.
Eu pola miña parte xa encarguei una cazadoira de coiro para o presi e un reloxo dos de Nadal para Conde.
A bon entendedor....

Capitán Brunete dijo...

Hola Marineda!
Gracias por la aclaración. Por aquí se decía que muchos jugadores del Ventorrillo procedían del Mera, de ahí mi comentario.
Por lo que decís todos por aquí parece que los árbitros en su cancha son bastante "condescendientes" con ellos. Yo en mi caso solo estuve el año pasado allí y creo que no influyeron nada en el resultado porque nos dieron una soberana paliza, a parte de que nosotros tampoco estuvimos muy acertados, coincidiendo con el bajón que tuvimos a mitad de temporada. Cosa que no pasó cuando vinieron a nuestra cancha, que en los dos últimos años sacamos los tres puntos.
A mi concretamente es un equipo que me gusta, por la manera de jugar, funcionan todos como un reloj y están muy bien entrenados, aunque claro, según me comentó su entrenador el año pasado, entrenar conjuntamente muchos días con el Nacional, y esa motivación extra de querer subir al primer equipo es algo con la que nosotros no podemos competir.
Y este año pues al que tengo muchas ganas de ver es a "Galácticos" Ventorrillo porque nos están barriendo del mapa a los demás, y esto debería ser como cuando en el colegio aparece un superdotado: simplemente hay que subirlos de curso. No pude ver el partido in situ contra nosotros, pero tengo que ver el video, y sobre todo no perdérmelo en Melide.
Marineda, de nuevo gracias por tu aclaración, que así corregimos nuestras opiniones a veces mal fundadas, pues escribimos cosas que no son exactas y con la colaboración de todos los que aquí participan pues corregimos.
Gracias por participar en nuestro blog.

Capitán Brunete dijo...

Tonecho, está claro que Manito te ha tenido que huntar hace tiempo, porque en tus charlas ya no lo tienes de cabeza de turco y se echa de menos! ja ja ja.

Capitán Brunete dijo...

Cago en diez, parezco al ska-keao de Manito, escribiendo en horas de trabajo... ja ja ja

Tonecho dijo...

Marineda, espero coincidir en algun polideportivo contigo y poder hablar un rato.
Eres una enciclopedia de esta categoria, especializada en los equipos de la zona de Coruña, da gusto gente que habla con criterio de las cosas.
A nosotros se nos escapan muchas, pero con tu ayuda, Dantelu, Dani y alguno mas que nos visita, conseguimos hacer una buena composicion de lugar de esta categoria.
Un saludo.

Anónimo dijo...

Diovanni; jugó dos temporadas en
el filial del mera.

Chapu ; jugo el año pasado a partir de la jornada 8, volvió a mera despues de su paso años atrás en categoria juvenil (qe dejó por jugar en el montañeros de div.honor futbol juvenil).
este año ninguno de los dos siguió en mera debido a qe juegan a futbol y no interesan para el entrenador ya que no podrian subir al equipo de nacional(que es para lo que está el filial, para formar jugadores para el primer equipo) si el entrenador lo viera oportuno, osea seria un trabajo perdido.
Emilio; jugó ace tiempo en los juveniles del mera una temporada.

en coruña equipos en categoria nacional solo está el mera y muchos jugadores pasan por el equipo juvenil o filial.

Tonecho dijo...

Gracias por las aclaraciones Anonimo.
Suponía que sería algo por el estilo, relacionado con el futbol.
Es un problema para el Ventorrillo si asciende para el año que viene.
Si puedes pon un nombre, aqui tratamos bien a todo el mundo.
Animate y visitanos mas veces.
Un saludo.

Anónimo dijo...

Hola a todos, Iván son a persoa que vin contigo a primeira parte contra Boqueixón, primeiro graciñas polo comentario e segundo decirvos que son un asiduo ós partidos da casa e vexo un epuipo que está indo a máis como bloque con moita facilidade no xogo de ataque, creamos moitas ocasións (despois meteranse ou non) e vexo algunhas lagoas defensivas, sempre as mesmas, na miña opinión, por defecto de sistema, porque con tódolos meus respetos hacia Tonecho, paréceme unha forma moi complicada de defender.
Ánimo e a seguir na progresión na que eu vos vexo.

Ivanhimovic dijo...

A este a último anonimo, gracias por entrar e deixar a tua opinion, que, como che dixen e das mais respetadas neste mundillo dentro de Melide.

Con respeto o de Tonecho, PUTO MONTERROSO, deille onte a idea comendo o bocata e vai e adiantaseme, bueno se el che regala as zapatillas ten o sitio asegurado, asique terei que promover un solaina aberto as 24 h para pinchar a xurxo ou senon unha vaga de roubos por zaragoza para que cordido non poida vir jeje.

Outra opción e sacarlle o sitio a Manuel ou a Borja que os vexo os dous moi baixos de forma (e ironia) asique, Casales, empezade a temer.

Un saudo e xa se ve que a neve ten a xente nos ordenadores, porque moita xente entra hoxe. ASI DA GUSTO.

Saudos e meterse o quente a ver a ZLATAN!!!!!!!!!!!!!

Ivanhimovic dijo...

Esqueciame, Brunete, cando te pos a escribir como te mandas ehh¡¡¡

Moito e ben escrito, si señor ahora entendo o das estadisticas. En serio, gracias polos animos

Unha aperta

Manito dijo...

A ver que hostias pasa aquí!!!

Moito cachondeo por aquí conmigo non? Que si escaqueao, que si cabeza de turco que si pollas. Parece ser que me vou ter que poñer serio un día que se me está perdendo o respeto e, aínda que só sexa por veteranía, esto non pode ser.

Por certo míster o venres xa che levo o muestrario para que escollas, teño dudas entre o Rolex e o Tag Heuer, xa escollerás.

Unha aperta a todos, mascachapas!!!

CR9 dijo...

Manito, que fas escribindo en vez de traballar????? As 17.31 ti estar a traballar. Eres un lacazán, jajaja. Ahí vai a miña quiniela:

Mera - Jogafán 1
Troula - Outeiro 1
Mexillon - Castro 1
Casas - Arzua 1
Villalba - Ventorrillo 2
Boqueixon - Cedeira 1
Xario - Melide 2
Ribeira - Burela 1

Sorte a todos e Felices Festas!!!!!

Anónimo dijo...

Las relaciones entre el Mera y el Ventorrilo a nivel directiva son más bien nulas, no así con los jugadores, que juegan conjuntamente muchos maratones. Incluso juegan juntos en la universidad. Con lo cual mejor no entrar en donde jugó cada uno. Pero para que sirva de aclaración Diovani jugaba con el Troula de juveniles tuvo que regresar a brasil por un tema de la mili. Cuando volvió a Betanzos era senior y no podía jugar en primera B, porque no admiten extranjeros, de aquella no tenía la nacionalidad, entonces Peque (ex-jugador del Troula durante muchos años) que entrenaba en el Mera "B" (era su primier año allí), como lo conocía se lo llevó a jugar con él, ese año fueron varios jugadores de Betanzos, como Zapa que ahora esta en el Troula, Peque es de allí (Betanzos). Emilio estuvo en Mera un año porque exisitia un acuerdo entre el Mera y el MareNostrum y ese año no tenia juveniles. Y si alguien quiere que le pregunte a Chapu por la formación recibida en Mera y si se siente jugador del Mera. VOLVIO al Ventorrillo porque Peque no seguia como entrenador, en caso contrario no tengo yo claro que no siguiera en el Mera. Pero que alguien la pida a él su opinión. Sino podeis ver como celebra los goles al mera en alguún video de la página del Vento. Por cierto durante muchos años y supongo que tambien ahora (no lo tengo claro) a los juveniles del Mera se les permitía jugar al fútbol. Chapu fue campeón Gallego en juveniles con el Ventorrillo sino que se lo pregunten al Casas, con lo cual no creo que dejara el Mera por un problema con el fútbol, pero bueno eso lo desconozco. Pero como puede ver el foro entre el Mera y el Vento saltan chispas. No os perdais la vuelta en Canide :). Si alguien le interesa el tema podemos hablar de como llegaron muchos de los jugadores actuales del mera cuando eran cadetes, por Coruña todavia se recuerda la final de copa de Cocheras de la categoría Cadete ganada por el Vento con los infantiles. Pero bueno este es un foro del Melide. Felicidades por las últimas victorias, me teneis que dar la receta para esa implicación que tiene todo el equipo no es nada fácil de conseguir. Permitirme que no ponga el nombre, tengo que salir vivo de Canide a la vuelta jajajajajaj.

Tonecho dijo...

Gracias por las aclaraciones Anonimo, y tranquilo aqui te guardamos el secreto y no le contamos a nadie quien eres, pero tu dinoslo a nosotros cuando coincidamos.
La verdad es que con lo que cuenta esta semana la gente, lo del Ventorrillo, el Mera, el Troula, el Mare, etc parece una telenovela venezonala, con amores, desamores, traiciones y vueltas a casa del hijo prodigo, etc.
Estas cosas tambien animan la liga.
Un saludo y graciñas por entrar.

Tonecho dijo...

Ivan esta semana salimonos nas entradas.
Faltan dous dias e xa van 37 entradas.

Tonecho dijo...

Perdon 38.

Tonecho dijo...

Perdon 39.

Tonecho dijo...

Joder, 40, cada vez que miro hay unha entrada mais.
Esta pasando algo extraño ou sera que xa e moi tarde e non rixo ben??
Un saudo a todos.

Ivanhimovic dijo...

O anonimo de Ventorrillo dicirlle que esta e a paxina do Melide, pero que nos encanta que entredes xente de outros lados a contar cousas dos vosos equipos. Xente como Roberto se vilalba, marineda, dantelu, dani ou cr9, e a nosa cronica permitenos saber como foi case media xornada, asique por nos encantados....

Ah e Tonecho, vai o medico tio, ti crees realmente que estas ben, eu penso que tratar coas altas esferas como don manue che esta afectando moito.

un saudo

marineda dijo...

Mera - Jogafán 1
Troula - Outeiro 1
Mexillon - Castro 1
Casas - Arzua 1
Villalba - Ventorrillo 2
Boqueixon - Cedeira 2
Xario - Melide 2
Ribeira - Burela 2

Está claro que hace falta una página de futbol sala de A Coruña ciudad y alrededores y como se llegó del Chaston a lo de hoy. Mientras tanto agradecemos a nuestros amigos de Melide que nos toleren las intromisiones.
Tambien e independientemente de la rivalidad, se agradece al Mera su tesón, pues es el único club con el Troula que le está dando una continuidad al futbol sala de cierto nivel en toda la zona de As Mariñas y por supuesto al Vento, que aunque sea por un año ha juntado un grupo de excelentes y jóvenes peloteros.

Y a todos los que pelean por el futbol sala por esos pabellones de A Coruña y Lugo, Felices Fiestas.

Capitán Brunete dijo...

Joder, esto es un lujo!
Tener a tanta gente hablando en torno al fútbol-sala sea del equipo que sea y contanto sus historias y rivalidades, y sobre todo no dar ni chapa en su puesto de trabajo! ja ja ja.
Ostis por lo que contais un Mera-Ventorrillo (o viceversa) no tiene nada que envidiar a un MELIDE FS-arzúa, no? Habrá que estar atentos a los dos derbis, y luego dar la crónica de ambos!
Cuando yo jugaba (que tiempos tan lejanos) un buen derbi siempre era Brunete FS-Villanueva de la Cañada, pero éstos luego compraron plaza en Nacional y ya se jodió, pero lo cambiamos por el Rima de Villaviciosa de Odón, que también saltaban chispas! Bueno, pero quien coño conoce a esos? ja ja ja

prosy dijo...

Boas xente:
Como se soe dicir: mais vale tarde q nunca, e aquí estou esta semana( q vaia semanita).
En fin, tampouco teño demasiado tempo hoxe pero si quería darlle as gracias a Tonecho. Xa sabes o q penso da miña labor, so espero q co tempo aporte mais o grupo!
Bueno, deixovos xa, ainda que non quería facelo sin darlle as gracias a Borja Casal polo detalle que tivo antes do partido do sábado!
Vémonos!

prosy dijo...

Capitan Brunete, ¿pero aún sigues de vacaciones? jaja, que tio, esta semana casi igualas al gran Tonecho!!!

Tonecho dijo...

Eso es imposible, como yo solo la Pantoja y Paquirrin, y se nos esta acercando por la derecha Belen Esteban.
Un saudo, e a poñer quinielas que e a ultima antes de Navidad e algun seguro que en fin de ano quere a primeira copa gratis.
Un saudo.

dantelu dijo...

Tonecho, que rumores oiches do Burela Turistica polos partidos aplazados. Vin os teus comentarios no seu foro, pero non sei a que te refires exactamente...
un saudo

Roberto dijo...

Mera - Jogafán 1
Troula - Outeiro 1
Mexillon - Castro X
Casas - Arzua 1
Vilalba - Ventorrillo 1
Boqueixon - Cedeira 1
Xario - Melide 1
Ribeira - Burela 2

Un saúdo, e a gañar ao Ventorrillo, que xa vai sendo hora de que perda.

Tonecho dijo...

Eso digo eu Roberto, xa e hora de que gañe outro, animo e sorte.
Pero sendo realista penso que necesitaredes moita, vos e calquera que xogue contra eles.
Dantelu, non e nada concreto, so que anda o rumor (seguramente non fundado) de que teñen problemas de xente, lesions e demais.
Pero xa digo que son so rumores e moi posiblemente infundados, por eso entrei no seu foro esperando algunha resposta. Non mirei pero supoño que non tardaran en comentar algo.
Espero polo ben da liga que non sexan mais que comentarios infundados e que poidan voltar a xogar canto antes.
Un saudo a todos.
Pd: Maña se podo mais.

Capitán Brunete dijo...

Prosy, no estoy de vacaciones, digamos que estoy haciendo "trampas"... je je je. Bienvenido al "coso"!

Mera - Jogafán 1
Troula - Outeiro 1
Mexillon - Castro 1
Casas - Arzua 1
Vilalba - Ventorrillo 1 (arriesgando...)
Boqueixon - Cedeira 2
Xario - Melide 2
Ribeira - Burela X

Tonecho dijo...

Xa teño a explicacion do que pasou co Burela estas duas semanas.
Despois de preguntarlles no seu blog, explicaron o ocurrido.
No primeiro partido, foron eles os que tiñan problemas de xente e o Boqueixon accedeu (felicidades pola actitude deportiva) a aprazar o partido. O segundo foi o Xario o que tiña problemas de xente e o Burela (felicidades tamen pola actitude) tamen accedeu a aprazar o partido.
Se fora noutra epoca e outros equipos, estas situacions serian inviables.
Felicidades os tres equipos polo espiritu deportivo e esperamos que se solucionen eses problemillas de lesions e demais.
Un saudo a todos e sorte a fin de semana, menos o Xario, que esta semana necesitamos seguir ca rachiña que estamos a pasar. Despois de Navidad so xugamos seguido contra Ribeira, Burela, Mera, Cedeira e Ventorrilo(na, un paseo).

Javi dijo...

Mera - Jogafán 1
Troula - Outeiro X
Mexillon - Castro 1
Casas - Arzua 2
Vilalba - Ventorrillo 2
Boqueixon - Cedeira 1
Xario - Melide 2
Ribeira - Burela 1

dantelu dijo...

Ahi vai a miña porra, sorte a todos!!!


Mera - Jogafán 1
Troula - Outeiro 1
Mexillon - Castro 1
Casas - Arzua x
Vilalba - Ventorrillo 2
Boqueixon - Cedeira x
Xario - Melide 2
Ribeira - Burela 1

Tonecho dijo...

Ivan, esta semana si que superamos as 50 entradas sen trampas, ou trampillas.
Felicidades e fai algunha para contestar e compensar as da chorrada miña das 40.
Non quero que nos digan que esta semana foi con amaños.
Por certo, informar a todos (que seguro que non sabiades nada) que estamos a punto do paron de vacacions.
Feliz Nadal a todos e que entredes ben no ano, especialmente Jurje.
Espera a entrar, non teñas prisa.
Quini quedas encargado da sua saude ata o dia 1 as 13:00 horas.
Se ves que non podes ca labor, que che vote unha mao o teu hirman que seguro que lle jode sair, pero que faga un esforzo.
Un saudo a todos e Feliz Nadal.

QUINI... dijo...

jaja TONECHO creo que te tes que ir mirar urgentemente,xa cho dixo Ivan..vas e depaso xa pides vez pa JURGE aver se o amañan,asi xa non teño que andalo controlando eu..jaja!!

Bueno, semana record nos comentarios(sen contar eses dous ou tres de Tonecho)..jaja asique felicitar a IVANHIMOVIC polo traballo no blog,porqe esto cada vez medra mais,e aparte pediume q comentara,mais vale tarde que nunca..
un SAUDO a todos e FELIZ NAVIDAD!

prosy dijo...

O que fai ter tempo, eres un crack mister! e por certo ainda quedan uns dias pa navidade, non hai q agobiarse!
Volvo ca quiniela, a ver que pasa:
Mera - Jogafán x
Troula - Outeiro x
Mexillon - Castro x
Casas - Arzua x
Vilalba - Ventorrillo x
Boqueixon - Cedeira x
Xario - Melide x
Ribeira - Burela x

Vémonos nun rato!

Ivanhimovic dijo...

En primeiro lugar agradecervos de novo a todos os que soledes entrar a comentar porque, por terceira semana consecutiva hai record de comentarios, e a este ritmo vai a haber que adiantar o proxecto da web no sitio do blog, insisto GRACIAS¡¡¡¡¡¡¡

Vou facer a quiniela pero con pouco animo porque o martes reclameille a Conde as copas da semana pasada e non recibin nada, e mais, case lle teño que pagar as del, asique haber se nos poñemos as pilas e as cobro este ano.

Mera - Jogafán 1
Troula - Outeiro 2
Mexillon - Castro 1
Casas - Arzua 2
Vilalba - Ventorrillo 2
Boqueixon - Cedeira x
Xario - Melide 2
Ribeira - Burela 1

Un saudo e ata agora

Tonecho dijo...

Que entre algun mais, estamos a puntiño das 60.
Animadevos, e importante chegar a estes niveis.
Un saudo.

Anonimo dijo...

Hola a todos, non suelo entrar a comentar neste tipo de foros, pero visto que estades a punto de chegar as 60 entradas creo que e un bo momento para entrar e animarvos e o mesmo tempo empurrar un pouquiño o blog.

Fd: Entrenador do Melide

Anonimo que quere que Tonecho dimita dijo...

Felicidades Melide Futbol Sala, esto si que e un blog.
Pero sigo pensando que: Tonecho Dimision xa.

Entrenador Escolas Melide Futbol Sala dijo...

Animo Melide Futbol Sala, estades na boa liña.
Anonimo que quere que Tonecho dimita, deixao xa, xa dimitiu pero non tiñamos outro.

Don Manue dijo...

Todos tranquilos xa teño recambio para o adestrador.
Atopeino nun mercadillo de feira, ta casi sen uso e nun estado semi-bo.

Er Don Manue dijo...

O ultimo comentario firmado por Don Manue, e falso, xa que eu son Don Manue e eu non escribin esa entrada.
Vou ter que poñer un candado o foro, para que non entre a xente a decir tonerias.
Por certo a festa de Nadal faremola en casa de Benxamin, pero antes tomaremos algo na de Juaquin, e rematamos na de Denilson (coño, estoume facendo maior, estes xa non estan no Betis).

Tonecho dijo...

Agora en serio, señores, se gañades maña a directiva paga a cena, vos veredes.
Eu non quero meter presion, pero ter unha escusa para sair un dia mais, cena paga e algunha copichuela que seguro que cae, nin che conto.
Tamen vos recordo que o que acerte co resultado do partido de esta semana sacara mais de 200 €, e xa pode pagar el unha ronda, co cal a apostar todo fillo de boa familia.
Eu xa sei o resultado, pero como non participo non vou decir nada para non fastidiar a porra.
Un saudo e Bo Nadal.

dantelu dijo...

O encontro Ribeira-Burela foi suspendido polas condicions meteoroloxicas.

Dani dijo...

Boas a todos de novo!!Finalmente o meu non era tanta cousa como parecía e poido participar esta tarde(dentro dun ratiño), tamén recuperamos a CR9(como acojona dito asi jaja) pero as baixas seguen sendo protagonistas, 2 xuvenis completan unha curta convocatoria. Moitas gracias polos ánimos.
Por outra banda comparto todo o dito por Ivanhimovic, lembro que os árbitros non tuveran unha actitude correcta con vos. Espero que te recuperes o máis pronto posible e poidamos vernos na volta.
Un saudo e sorte a todos esta tarde.

A miña quiniela:
Mera - Jogafán 1
Troula - Outeiro 1
Mexillon - Castro 1
Casas - Arzua 1
Vilalba - Ventorrillo 2
Boqueixon - Cedeira 1
Xario - Melide 2
Ribeira - Burela 1

Fotos Semana Eypar 2010