domingo, 28 de marzo de 2010

Mexillón, triunfo e para Quini o porrón

Victoria agónica onte no pavillón de Melide fronte o Loterias Mexillón de Ouro que chegou o encontro sen cambios e ainda así complicounos moito o encontro.
Todo o encontro seguiu unha tónica moi similar, encontro dominado polo Melide creando ocasións e sempre tomando vantaxe de un gol que en xogadas aisladas os visitantes conseguian neutralizar. Asi ocorreu tres veces na primeira metade. O Melide Fs adiantabase con goles de Humberto, Fer e Manuel e os visitantes empataban o pouco tempo.
Na segunda metade ocorreu case o mesmo. Pistón en dous autenticos golazos dabanos vantaxe pero o Mexilón igualaba o encontro por faltas de concentración nosas. Asi chegamos a dous minutos para o final cando Manuel fixo o 6-5 e que apostre sería definitivo.
Como digo, e pese a victoria foi un partido malo, xa que lle demos vida durante todo o partido a un equipo con cinco xogadores. Temos que dar un cambio senón o xoves o Ventorrillo pode ser unha apisonadora.
Recordade este xoves as 19:00h no pavillón da Martagona, partido aplazado fronte o lider da categoria, equipo que ainda non coñece a derrota en toda a tempada.
P.D: Onte un tal CM17 era a persoa mais buscada en Melide, pero estaba ilocalizable, nin viños, nin pubs, nin nada jeje, e coña, o tio cumpliu jeje. ¿Durarán para a semana santa? a pregunta queda no aire.

13 comentarios:

Tonecho dijo...

Hola a todos.
Antes de nada, comezar por pedir disculpas. Diferentes temas de tipo persoal non me permitiron participar tanto como teria que facelo no blog.
Para o amigo anonimo, comentarlle que non ten nada que ver con perder ou gañar, de ser eso non teria entrado durante 12 partidos, cousa que non aconteceu.
Sobre o partido da semena, tentar sacar o bo. Gran partido de Quini, que comenza a ser un home e non un neno, grandioso partido de Nacho, sacando a raza nun dia que no que non as tiña todas consigo, demostrando que a garra e basica neste deporte. Recuperamos a Ivan, que voltou a demostrar a sua clase, lastima de fisico (temos que buscarche moza que te poña a liña), e recuperamos a Cristian despois da sancion interna, realizando un bo partido. Xa sei que o traigo frito, pero e que e a unica maneira de conseguir que faga o que eu quero, pero este sabado conseguiuno. Perdemos a Bareto por lesion, e espero que se recupere pronto, pero xogando no Toques non creo que recupere tan axiña como teria. Tamen notamos en falta a Diego, o cal espero que se recupere pronto. Faltounos o mais novo do equipo, Manito, espiritu juvenil e animoso do equipo, pero este xa ven a semana seguinte.
Partido regular, xa que o contrario en ningun momento foi superior a nos, pero si moito mais veterano e marcador de tempos. O noso problema sigue a ser a actitude, estamos de brazos caidos e non conseguimos auto-motivarnos en ningun momento. Este tema xa o temos falado e esperamos entre todos ilo cambiando para conseguir chegar o nivel de activacion que necesitamos.
Primeira final (da nosa liga) solventada, quedan 4 mais.
Este xoves xogamos contra o Ventorrillo, que xa non e a nosa liga e que estaria ben deixar os nervos na casa e sair a divertirnos, na teoria ten que gañarnos o cal nos da a tranquilidade de non xogarnos nada e tentar ir a polo partido.
Marco, preparate que che imos dar guerra ata no vestiario (jejej).
Tamen quero felicitar o colegas de Quini xa que levou 370 eurocos da porra e seguro que non lle queda nada, menudas compañias gastas, co bo rapaz que ti es, non bebes, non fumas, non andas con mulleres de mala vida, etc, a tua perdicion son os que tes o redor. Sigo pensando que terias que deixar como minimo o 50% no clube por dereitos de formacion, ala ti e a tua conciencia.
Un saudo a todos. Dentro dun anaco a quiniela.

Anónimo dijo...

Apenas escribo en este blog, no soy de Melide pero el sabado estuve viendo el partido, y me parece vergonzoso que Tonecho salga aqui de "entrenador" cuando el otro dia se demostro que no lo era. Hasta desde la grada te gritaron que pusieras al equipo a presionar y tu no lo hiciste y casi os cuesta el partido. Doce señores contra cinco y casi os ganan. Bien hecho "entrenador". De todas formas felicito tanto al Melide como al Mexilón.

Tonecho dijo...

Gracias anonimo, a tua sabiduria encheme de luz serveme de guia.
Se me deixara guiar por todolos tontos que creen saber algo estaria jodido.
Se non recordo mal, gañamos, o resto son especulacions tuas.
Sobre o de "entrenador", tes razon, o certificado de nacional deronmo na tombola o dia que ti non o conseguiches.
Se non presionamos e cada vez que chegamos a zona alta facian unha contra e nos marcaban (5 veces) que pasaría se foramos arriba dende o principio??
Falar dende fora e facil, saber como esta a xente do banco, a predisposicion, a actitude, o fisico, etc, son temas que nin sabes nin coñeces, polo tanto o teu criterio e so eso, o teu criterio, que falando dende o Anonimo e tan valido coma nada.
De todos xeitos gracias por vir o partido, sigueo facendo, gustanos ver a gradas con xente, e se e para insultarme ou menospreciarme a min pero animas os rapaces, ben vido.

Anónimo dijo...

Non teño nada que ver co anterior anonimo, é máis eu si que son de Melide e pareceme que a contestacion de Tonecho esta fora de lugar non se poder ir por ai chamando tonta a xente, xa que corres riscos de padecer os teus propios insulto e ainda mais cando o anonimo en ningun momento falta solo considera un erro a túa forma de plantexar o encontro, cousa ca que estou totalmente de acordo xa que un equipo con 12 xogadores debe ganar con clara superioridade a un conxunto formando por tan so cinco compoñentes, si ben é certo que non son adestrador, polo tanto como tonto que son a miña intencion non é guiarte xa que senon estarias jodido,eso dilo ti, estou de acordo co anonimo debe haber máis presion, sobre todo na segunda metade, estamos falando dun equipo que veu en cadro a Melide e por moito que nos coste admitilo saiu vivo, a presion debe ser máis axfisiante,debemos presionar mais arriba sobre todo cando queda pouco tempo e o rival esta cansado,deben ser momentos de non deixalos pensar, rotar moi rapido xogar moi arriba e non darlle opcions o contrario, porque precisamente a eso achaco os goles rivais a darlle opcions,deixarlles xogar,duratne todo o partido tuveron campo para xogar , e dicir non os axfisiamos,non os cansamos, deixamoslle levar o ritmo, e claro isto acabase pagando, se xa e pecaminos isto ainda é mais concederlle un tempo morto o rival cando quedan 2 minutos excasos para a conclusion do encontro,non se lle pode dar descanso a un equipo a falta de dous minutos, pareceme Tonecho que fuches ti o que non supeches marcar os tempos, polo tanto que foran eles os que os marcara e desmerito teu, tamben quero criticar os cambios sempre dende a critica consructiva e non destructiva, xa que como dixen son do pobo e as victorias aledanme como a todos, cando me refire a que erras nos cambios refirome a que parece que os cambios estan xa preparados antes que o partido, incluso os teus xogadores parecen que xa saben cando teñen que entrar, eso non e bon os cambios debense facer dependendo do desenrolo do encontro, isto pareceme un grave erro, xa dixen que é critica constructiva, os erros serven para aprender, Tonecho non entres o trapo tan facilmente porque non fai falla moito para facerte saltar e non creo que sexa ese comportamento o que queres trasmitir os teus, non teño máis que decir, ainda que o que dixen non é pouco, o que teña paciencia que o lea, non quero ferir a nadie so dar a miña vison do equipo e poder disctutila, un saúdo e animo Melide F.S.!!!

Tonecho dijo...

Insisto, que falar dende fora e moi facil. Non estou para nada na tua vision do partido. Nin pretendo polemizar mais, pero si dar a miña vision.
Sobre o tema de tontos e unha expresion coloquial, non pretedin chamar tonto a ninguen, por esto, pido disculpas se alguen o entendeu asi.
Cada un ten a sua forma de entender o futbol sala e o xogo, e todos somos seleccionadores nacionais, pero precisamente por eso, eu teño a miña e morrerei con ela.
Sobre o tema dos cambios, o que para ti e un erro, para min e unha virtude, proba a mirar os cambios do Lobelle e dime se non sabes quen sairá en cada momento? Moitas veces os cambios non estan motivados polo xogo dun determinado xogador, se non que por outros temas como poden ser actitude, nivel fisico, compensacion do equipo, etc.
Todo esto son formas de traballar e cada un usa as suas.
Polo tema da presion, volvoche explicar que se fala sin saber a situacion do banco, non se coñece como estan os xogadores, nin porque estan eses e non outros. Somos un equipo que por diferentes razons estamos a ter problemas ca presion, tanto na que facemos nos como a que nos fan a nos, por eso non usamos esa forma de xogar mais que en momentos puntuais, por eso o tempo a falta de dous minutos.
O de entrar o trapo e problema do animal(eu), non tolero as inxerencias no meu traballo ca unica excusa de eu sei mais. Falo de futbol sala con calquera, opine igual ou non, pero falo con criterios non con argumentos do tipo "la grada te grito". Eso a parte de falso (gritouno un da grada) non e ningun tipo de criterio, e un gusto personal, do cal non fago nin o mais minimo caso. Se fixera caso, teria que xogar a outra cousa, xa que a xente pide os amigos, non os bos xogadores.
Para poder presionar teñen que terse as condiciones necesarias e nos este sabado non as tiñamos.
Tamen estades a olvidar quen somos e o que buscamos. Dende o principio falei ca directiva, que sempre me apoiou e dixenlles que o importante non eran os resultados deste ano, e posiblemente tampouco os do ano seguinte. O importante e facer un equipo con bases tecnicas e tacticas solidas con xente nova e de longo percorrido. Esta xente, estase a formar, e teñen a importantisima axuda dos veteranos, pero cada cousa o seu tempo. Estamos na metade da taboa nun ano onde o nivel medio dos equipos aumentou moito, e estamos a aguantar o tiron (esperemos seguir asi), con xogadores de 17, 18 e 19 xogando tantos ou mais minutos que alguns veteranos. A min persoalmente pareceme que estamos a facer unha gran campaña, e que cada ano que pase iremos a mellor. Que ninguen pretenda polemizar co tema dos novos e os veteranos, non existe tal. So tedes que mirar onde estan equipos do ano pasado, como Jogafan, Boqueixon, Troula (1ªB), etc, so o Mera (filial dun 1ªA) aguanta o tiron dos novos equipos. Penso que o importante e ver eses datos e non preocuparse dun partido concreto que gustou ou non a miña forma de plantexalo.
Un saudo.

Anónimo dijo...

como kedastes onte?

Anónimo dijo...

Parido xogado onte Martes:
Peugeot Vilalba 6- Casás 5
Un saudo dende Vilalba

Tonecho dijo...

Non era onte, e maña as 19:00, xa o comentamos venres.
Un saudo.

Anónimo dijo...

tonecho dimite xd deja de joder a cierta gnte que t apoya y conoce desde hace mucho tiempo.arriva melidefs

Tonecho dijo...

Anonimo, gracias por apoiar o melide futbol sala.
Un saudo.

Anónimo dijo...

tonecho que te parece el Ribeira en este momento.
Luis,Ordenes

Anónimo dijo...

solo tedes que vixilar os nº 7,8,9 e 14 e xa teis solucionado

Tonecho dijo...

Perdona Luis, non puiden contestar antes e xa vin o empate contra vos. Felicidades.
Quen dara saltos de alegria sera o meu amigo Marco (adestrador do Ventorrillo) ata que sexa campeon seguro non cede nada.
Marco, soltate, que xa o tedes feito.
En canto Ivan faga a entrada comentarei o noso partido contra o Ventorrillo, un saudo a todos e descansade, para eso son as vacacions.

Fotos Semana Eypar 2010