domingo, 2 de mayo de 2010

Remando contra as adversidades

Esta semana non puiden acudir o encontro do Melide Futbol Sala pero polo pouco que me contaron foi dos mais completos da tempada, conseguindo o triunfo na cancha do quinto clasificado por 3-5. Os goles do Melide foron obra de Sergi, Xurxo, Manuel Casal e Manito en duas ocasións, por certo teño que restañar un erro na crónica da semana pasada na que anotei un dos goles a Fer, cando fora o propio Manito o autor do mesmo.
Como reza o titulo era unha xornada chea de adversidades, na que o clube acudia sen adestrador, por motivos persoais e na que por primeira vez na tempada so dez xogadores estaban en condicións para o encontro. Motivo polo que se cabe ten ainda mais merito o triunfo. NORABOA A TODOS OS ARTIFICES DO TRIUNFO.
Se podedes algún dos que fostes e andades por aqui habitualmente deixade nos comentarios unha pequena crónica para saber como foi a cousa. Manito, non e por meterche presión pero levas moito tempo sen escribir e polo que me dixeches siguelo lendo asique esta vaiche tocar a ti.
O vindeiro sábado o Melide recibe o Alameda Xario as 19:00h no pavillón da Martagona. Agardamos contar coa presencia de toda esa afección que nos apoiou toda a tempada para despedir a tempada na casa con un bo sabor de boca.
Antes de rematar e ainda que el igual non o lee enviar tamén dende aqui un saúdo a Noel e decirlle que se recupere o antes posible que o viernes os benxamins votarono moito de menos.
Un saúdo.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Si e merito ir 10 nos que non vamos mais de 7 nunca merecemos un monumento e sin mister todo a tempada

Manito dijo...

Boas a todos!

Xa que Iván o pide educadamente e tendo en conta que é él o que se ocupa de facelo tódalas semanas para que o resto teñamos un punto onde poñernos en contacto e falar de futbol que menos que facelo non?

Cómo ben dixo Iván foi un partido raro, fomos menos dos que normalmente, sen míster (por certo, unha aperta) e a unha pista que, a priori, podía resultar bastante complicada. Empezamos o partido con Cris, Fer, Xurxo, Manu e Sergi, centrados e ben plantados no campo, agardando no medio e tapando ben os intentos de dous contra en banda do Boqueixón e saíndo rápido á contra, tras varias ocasións Manu culminou unha contra levada por Sergi. O partido seguiu polo mesmo camiño cunha boa defensa e boas intervencións de Cris e incluso un balón o poste do Boqueixón pero nun ataque en estático e pase de Nacho recibín só na área e xirándome fixen o 0-2. O dominio visitante parecía claro pero nunha fase de perda de concentración o final da primeira parte recibimos o primeiro gol local nunha xogada un pouco embarullada. Así con 1-2 empezou a segunda metade, decidimos empezar distinto (xa se sabe, cando marcha o gato fan festa os ratos) e saimos tras o descanso Tapi, Humber, Quini, Nacho e maís eu e saiu ben xa que en menos dun minuto e tras un saque de banda que era medio gol conseguín facer o segundo. O partido cambiou un pouco e o Boqueixón empezou a dominar e a levar o peso do partido aínda que estabamos a defender bastante ben e saíndo á contra rápido. Froito dese dominio os locais recurtaron no marcador pero Xurxo nunha contra fixo, ó pouco, o 2-4 o que nos volvía a dar tranquilidade e nos permitía afrontar o último treito de partido máis cómodos co noso xeito de xogar, defender fuerte e saír rápido á contra. Os locais seguían dominando e nun despiste defensivo meu o Boqueixón de novo se puxo un no marcador con máis de 5 minutos por xogar. Ó final os locais decidiron adiantar ó porteiro e probar o cinco para catro. A verdade é que non lles saiu demasiado ben, a defensa estaba a funcionar ben e Tapi impecable baixo paos, e tras un roubo Sergi facía, dende medio campo, o 3-5 definitivo e aínda dispuxo dun doble penalti que marrou.
Ó final houbo algo de polémica por parte dos locais cos árbitros pero, para ser sincero, non sei moi ben por qué, pois o partido foi limpo e non advertín ningunha xogada polémica.
Ésta é a historia do partido, polo menos a miña, partido raro pero que, gracias as circunstancias que o rodearon, nos fixo ser máis fortes como equipo. Só me queda darllela noraboa ós rapaces que se deixaron a pel en Boqueixón e as gracias a Bloquín, excepcional en tarefas administrativas e de intendencia. Un saúdo a todos e vémonos polos pavillóns.

Ivanhimovic dijo...

Grande Palas, (cando marcha o gato fan festa os ratos jeje) voume ter que plantexar a dimisión, ou polo menos abrir un apartado no blog para "O diario do de Palas".

Gracias e vemonos o martes, a non ser que oubera algún cambio.

Por certo anonimo, eu non digo que sexa merito o de ir dez, simplemente que nun plantel tan amplo e no que aparte de viaxar sempre doce xogadores e duas ou tres persoas a maiores do corpo tecnico ou directiva..., para min ten merito o de esta semana, pero é unha opinión persoal.

Un saúdo craks

Tonecho dijo...

Hola señores, so salgo un minuto para felicitar o equipo polo resultado e para os xogadores que tiraron do equipo.
Sobre Noel, xa esta todo ben, nun par de dias na casa e en 15 dias dandolle patadas o balon.
Un saudo a todos.

Capitán Brunete dijo...

Primero quería mandar un saludo a Noel, para una pronto recuperación!
Increíble este Palas! No sabía ese dicho de gatos y ratones! Para enmarcar! Y si encima hizo dos goles, apaga y vámonos!
Enhorabuena a la victoria chicos, en un campo, para mi, muy difícil y con un Boqueixón que siempre está bien plantado en el campo.
Es una victoria que a falta de dos jornadas creo que matemáticamente nos asegura la permanencia en la categoría.
Desearos a todos en estos dos partidos que faltan que sobre todo disfruteis en el campo.
Manito, leyéndote era como si te escuchara. Chico, tanto quillo, pisha y ozú, me hacía echar en falta ese pedazo de acento gallego!
Salu2 a todos desde la distancia y animar a nuestra afición a despedir al equipo este sábado a las 19:00 en la martagona!

Un zevillano... dijo...

Enhorabuena a uztede, por la victoria contra Boqueizón!
Ozú mi arma, que jarte teneis loz de Melide!
Zí zeñó!

Anónimo dijo...

vamos tonecho dejalo ya.novs q estan mjor sin t?xdios hombre.arriva melide fs

Anónimo dijo...

Oye unas clases no te vienen mal! "arriba" siempre fue con "b" so burro!

Anónimo dijo...

muchas gracias tonecho.peo ponte como tonecho no te eskondas.arriva fs perdom arriba fs asi no?

Tonecho dijo...

Tonecho sempre escribe como Tonecho, para anonimo estas ti.
Por se non leiche, teño un neno enfermo e non pasei practicamente por aqui.
Cada vez que che dixen algo fixeno co meu nome, non vou cambiar agora, non tes entidade suficiente para facerme cambiar de costumes.
Coidate e descansa, eu ando liado coidando de Noel e non perdo mais tempo contigo.
Para o resto, señores vemonos maña no entreno.
Un saudo.

Fotos Semana Eypar 2010